Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018
Amosando publicacións coa etiqueta cof. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cof. Amosar todas as publicacións

luns, 28 de xaneiro de 2019

O COF volve estar en perigo

O Sergas parece que ten decidido eliminar os Centros de Orientación Familiar desta área sanitaria. É un problema de como se pensa debe ser a atención á saúde sexual e reprodutiva das mulleres, se se pensa que basta cunha exploración xinecolóxica ou se se pensa que a atención debe ser integral, incluíndo atención psicolóxica e da traballadora social, como estaba ata agora o COF de Orillamar.
Queda 1 xinecóloga pero o sergas ameaza con non cubrir a xubilación dun xinecólogo o próximo marzo.

Ver ligazón á páxina do Concello:



O goberno municipal da Coruña demanda á Xunta de Galicia que dote ao Centro de Planeamento Familiar de Orillamar (COF) dos medios persoais necesarios que garantan un servizo de calidade para a veciñanza no espazo de referencia na atención á saúde afectiva e sexual da cidade. Segundo a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, o centro da rúa Tui, que desenvolve a súa actividade xestionado pola administración local a través dun convenio que esta mantén co Servizo Galego de Saúde, atópase nunha situación que define como "problemática" debido á xestión de persoal realizada polo SERGAS, "que non dota ao espazo dos medios e recursos que precisa para poder ofrecer un servizo tan específico como é o do COF".
"A situación é alarmante. O vindeiro mes de marzo xubilarase a persoa que ocupa a praza de xinecoloxía do COF e a información que nos chega desde o Servizo de Xinecoloxía é que a Xunta carece de persoal para poder cubrir esta praza, polo que intentará que o servizo sexa cuberto por varias profesionais, sen garantías de que sexa sempre a mesma persoa, nin todos os días da semana. A cidade non pode permitirse que o SERGAS non teña perspectivas de substitución para un servizo público", explica Fraga.
A responsable municipal lembra, ademais, que o servizo de xinecoloxía do COF de Orillamar leva seis anos suplindo ao do Ventorrillo, "que se atopa nunha situación moito máis limitada" pola xubilación, no ano 2013, do seu xinecólogo. "O Concello, como administración máis próxima a cidadanía, debe ter a posibilidade de achegar solucións reais e de calidade ás necesidades da veciñanza. Ese é o compromiso do goberno local e por iso, temos a obriga de demandar e reclamar, unha vez máis, á Xunta de Galicia, que aposte pola sanidade pública e que dote ao COF, como é a súa responsabilidade por convenio, dos medios persoais necesarios para poder garantir que se ofrece unha atención básica á veciñanza, particularmente durante as baixas de persoal", subliña Fraga.
"Hai persoal que tamén está próximo a rematar o contrato, como as prazas da matrona e a enfermeira, e é necesario garantir non só una cobertura adecuada, senón un mínimo de estabilidade no cadro de persoal, que precisa dunha formación específica. Isto é algo que tamén acontece cando se producen períodos vacacionais ou baixas temporais. Nestes casos o SERGAS nin tan sequera prevé a necesidade que poidan ter as traballadoras e traballadores de contar cun período formativo previo á súa incorporación, unha cuestión moi necesaria para desenvolver un traballo tan específico como é o do COF, o que supón moitas veces que cando o persoal xa dispón da formación suficiente ten que marchar do centro", explica a concelleira. A este respecto, Fraga sinala que a falta de previsión, de persoal especializado e de tempo de formación para poder acompañar e formar ás novas incorporacións, poder derivar en bloqueos de axendas, "en detrimento dun servizo esencial e de referencia para a veciñanza".
 

venres, 26 de outubro de 2018

Parabéns ao Centro de Orientación Familiar de A Coruña! Preocupación polo seu futuro

FALADOIRO “Pasado, presente e futuro dos centros de planificación familiar en Galicia. Un modelo de intervención integral”
Con Marián Ferreiro Vidarte (Traballadora social xubilada do COF), Guillermo González Antón (Presidente da Federación de Planificación Familiar en España), Luis Verde Remeseiro (Xerente da Área Integrada da Coruña), Belén López Viñas (Xefa do servizo de xinecoloxía e obstetricia do CHUAC), moderado por Xosé Anxo Vidal Pan (Director do COF

 Preocupación polo seu futuro, as palabras do xerente da EOXI de A Coruña, Luis Verde, fixeron ver que non está garantida a continuidade do COF e o ritmo da súa desaparición depende máis das xubilacións dos profesionais actuais.

Hai que agradecer o traballo de todo o persoal do COF da Coruña. Tantas vivencias, tantos problemas resoltos, con respecto e liberdade. O COF celebra o seu 35 aniversario e faise preciso continuar loitando pola continuidade dunha institución coruñesa e un xeito de facer valer os dereitos sexuais e reprodutivos da muller.




mércores, 26 de setembro de 2018

35 aniversario do Centro de Orientación Familiar (COF) de A Coruña


A Concellaría de Igualdade e Diversidade xunto co equipo do Centro Municipal de Planificación Familiar organizan unha serie de actividades para conmemorar estes 35 anos de servizo á A Coruña.
Comunicado:
A concelleira de Igualdade e Diversidade, dona Rocío Fraga Sáenz, e o equipo do Centro Municipal de Planificación Familiar, con motivo da celebración do 35 aniversario deste centro, temos programadas unha serie de actividades científicas, socieducativas e lúdicas. O fin das ditas actividades é salientarmos os piares do noso traballo: a educación afectivo-sexual e a promoción e defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos, no marco dun servizo público e democrático, para garantir a liberdade de elección e a defensa da diversidade como un valor.




martes, 10 de maio de 2016

O Pleno do Concello de A Coruña esixe recursos suficientes para os centros de saúde

As denuncias de falta de pediatría en Novo Mesoiro e outras deficiencias noutros centros fixo que o Pleno de A Coruña se movese para pedir á Xunta unha dotación adecuada de recursos nos centros de saúde. Tamén se pide que se cubra a praza de xinecoloxía no Centro de Orientación Familiar (COF) do Ventorrillo.