Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública
Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018
Amosando publicacións coa etiqueta plataforma ciudadanos por la salud b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta plataforma ciudadanos por la salud b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 23 de xullo de 2015
xoves, 16 de xullo de 2015
sábado, 11 de xullo de 2015
Manifestación en Arteixo. Pedindo a vacina da meninxite B
SOS Sanidade Pública apoiou e participou a manifestación convocada o 11 de xullo pola Plataforma de ciudadanos por la salud.
A manifestación baixou pola rúa peatonal do Balneario, facendo parada e un minuto de silencio diante da casa da muller morta pola meninxite B.
Finalmente falaron plataformas convidadas (afectados pola hepatite C, SOS sanidade pública e coordinadora antiprivatización), leuse un manifesto da convocante Plataforma de ciudadanos por la salud e houbo unha solta de globos cos nomes de ANXO, CHUS e VACUNA XA.
Moncho Veras, en calidade de portavoz de SOS Sanidade Pública, dixo as seguintes palabras:
"SOS SANIDADE PÚBLICA apoia e agradece á Plataforma de ciudadanos por la salud por manter esta loita en defensa da sanidade pública, para conseguir para todos que a vacina da meninxite B estea no calendario e sexa accesible e gratuíta para todos. A estas mobilizacións nos obrigan tanto Rajoy como Feijoo.
Por
que Que fixo o goberno de Rajoy estes anos? Él di que nos está
SALVANDO, que grazas a él e ao seu goberno XA estamos mellor que
antes, di que as súas políticas son as mellores
RAJOY
nada máis chegar ao goberno:
-
perdeuse a universalización da sanidade. Xa non é un sistema para
todos. Cerca de nós é fácil encontrar xente que non ten seguro.
Grazas Rajoy por salvarnos.
-
puxo o copago polos medicamentos. Non lle importa que haxa xente que
deixa de usalos por non poder pagalos. Grazas Rajoy por salvarnos.
-
aumentou o copago polas próteses. Quería poñer copago por
ambulancias aínda que conseguimos paralo. Grazas Rajoy por
salvarnos.
-
liquidou o sistema de dependencia. Grazas Rajoy por salvarnos.
-
ao mesmo tempo o seu partido non parou de privatizar o que puido da
sanidade pública en todas as CCAA nas que gobernou.
E
FEIJOO, alumno aplicado destoutro elemento, que fixo?
Pois
-
Entre o ano 2009 e o 2014 baixou o presuposto de sanidade 465 millóns
de euros. No Estado baixou un 10%. Aquí baixou un 12,30%
-
No mesmo período de 2009 a 2014 perdemos 2100 traballadores no
SERGAS, o 6% do persoal.
-
Privatizou o que puido: o novo hospital de Vigo, mantemento,
tecnoloxía, historia clínica, e todo o que vedes nun hospital que
non teña bata blanca. Aquí tamén quería privatizar o centro de
saúde de Vilarrodrís.
E
así unha cousa tras outra.
Grazas
a estes maravillosos xestores agora temos máis listas de espera, un
sistema sanitario con menos recursos e persoas enfermas como os
afectados pola hepatite C tiveron que saír á rúa para conseguir un
medicamento que lles salvase a vida, nada máis e nada menos. Estamos
falando da súa vida.
E
grazas a estes maravillosos xestores as familias tiveron que recorrer
moitos kilómetros para conseguir unha vacina da meninxite B,
alarmados ante as mortes dos seus veciños ou amigos.
Antes
das eleccións municipais tanto Feijoo como Calvelo, o Alcalde de
Arteixo, puxéronse detrás da pancarta par pedirlle ao Ministerio
que permitise a dispensación en oficinas de farmacia, que fose
accesible, pero despois das eleccións DESAPARECERON. ONDE ESTÁS
CALVELO QUE NON SE TE VE? ONDE ESTÁS? XA NON PRECISAS POÑERTE
DETRÁS DA PANCARTA COA XENTE DO TEU POBO?
Ademais
son uns incompetentes: a última foi que pechan camas no hospital,
máis de 200, mentras se colapsa urxencias.
Non,
Grazas pero non nos salvedes máis.
Agora
imos salvarnos nós de vós. Temos que vacinarnos para que non nos
poidades facer máis dano por unha longa temporada. E temos a vacina:
O noso voto.
Así
que, para defender os nosos dereitos, para defender a saúde de todos
temos que largar canto antes a esta tropa moi lonxe de nós.
ADIANTE!
PARA
QUE NOS ESCOITEN!
A
MANTER A LOITA!"
venres, 10 de xullo de 2015
Manifestación en Arteixo o 11 de xullo ás 12 horas, para reclamar a Vacina da Meninxite B
A manifestación é convocada pola Plataforma Ciudadanos por la Salud
Iníciase na avenida do Balneario (peatonal, á altura da parada de taxis).
Sábado 11 de xullo ás 12 horas.
Participarán tamén
- plataforma de afectados pola hepatite C
- SOS Sanidade Pública
- Coordinadora antiprivatización da sanidade pública
Despois lerase un manifesto e soltaranse globos cos nomes de ANXO, CHUS e VACUNA YA
Iníciase na avenida do Balneario (peatonal, á altura da parada de taxis).
Sábado 11 de xullo ás 12 horas.
Participarán tamén
- plataforma de afectados pola hepatite C
- SOS Sanidade Pública
- Coordinadora antiprivatización da sanidade pública
Despois lerase un manifesto e soltaranse globos cos nomes de ANXO, CHUS e VACUNA YA
venres, 19 de xuño de 2015
Arteixo continúa. A Plataforma que reivindica a vacina da meninxite organiza novas mobilizacións
A PLATAFORMA que reivindica a vacina da meninxite B accesible e pública para todos NON VAI ABANDOAR. Mañá venres 19 van facer unha sentada reivindicativa diante do colexio con bonecos e farán unha representación da realidade (bonecos que non poden acceder á vacina e outras que non teñen problema ningún, van por ela, pagan e listo).
E en setembro van organizar unhas Xornadas sobre a vacinación.
Hoxe, 18 de xuño, organizaron un acto no Centro Cívico de Arteixo no que non quixo participar o PP. Si estiveron presentes o Dr Velo, pediatra de Carballo, e María Jesús Vigo, farmacéutica do CIMF, por unha banda e tamén representantes dos grupos políticos BNG (Paco Jorquera), AGE (Eva Solla) e PSOE (Carmen Acuña).
Presentaron o acto os representantes da Plataforma de Arteixo Javier Hermo e Mar Golpe.
Os participantes solicitaron a inclusión da vacina no calendario público para todos.
Os expertos recomendaron que hai que coidar a cadea de frío (entre 2 e 8º) para que a vacina non se inactive na viaxe, advertindo ás persoas que están indo a Portugal a mercala.
Desde a parte política lembráronse as palabras de Feijoo antes das eleccións 'intercedendo' ante o Ministerio para que estea dispoñible na farmacia.
Feijoo non pode incluíla no calendario porque esa é unha competencia do Ministerio pero si pode facer un estudo piloto en Galiza e dese modo facer participar a toda a infancia no mesmo, igual que se fixo coa do neumococo, e que na prácica supuxo a vacinación sistemática a toda a poboación. Pero Feijoo, despois de pasar as eleccións, cala.
luns, 15 de xuño de 2015
A Plataforma de ciudadanos por la salud de Arteixo continúa as mobilizacións pola vacina da meninxite
A Plataforma de ciudadanos por la salud de Arteixo continúa as mobilizacións pola vacina da meninxite:
- Organiza unha mesa redonda o xoves 18 de xuño no centro cívico de Arteixo ás 20 horas, para falar da vacina da meninxite. Participarán expertos neste tema.
- Convoca unha concentración para o día 19 pola mañá, de 9,30 a 13 horas diante do Concello de Arteixo para pedir que inclúan a vacina da meninxite B no calendario vacinal.
- Organiza unha mesa redonda o xoves 18 de xuño no centro cívico de Arteixo ás 20 horas, para falar da vacina da meninxite. Participarán expertos neste tema.
- Convoca unha concentración para o día 19 pola mañá, de 9,30 a 13 horas diante do Concello de Arteixo para pedir que inclúan a vacina da meninxite B no calendario vacinal.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)