Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

sábado, 11 de marzo de 2017

Moción municipal de creación do Consello Local de Saúde de A Coruña


Reproducimos o debate da moción municipal de creación do Consello Local de Saúde de A Coruña, unha iniciativa de SOS Sanidade Pública de A Coruña que contou co apoio de todo o pleno municipal, coa forma de moción conxunta.

 

Pleno Municipal do Concello de A Coruña do 6 de marzo de 2017


TEXTO da MOCIÓN:

Atendendo a petición da Plataforma pola defensa e mellora da sanidade pública de A Coruña-SOS Sanidade Pública A Coruña, os grupos municipais de Marea Atlántica, Partido Popular, Partido Socialista de Galicia, Bloque Nacionalista Galego, pertencentes á Corporación Municipal do Concello da Coruña, ao abeiro do Regulamento Orgánico Municipal, presentan a seguinte moción sobre a creación do Consello Local de Saúde da Coruña.
                                                   Exposición de motivos
A definición de saúde foi cambiando nos últimos anos. A OMS defínea agora dun modo máis operativo e vinculada á vida cotiá como a capacidade de desenvolver o propio potencial persoal e responder de forma positiva aos retos do ambiente, superando deste modo o concepto inicial de ausencia de enfermidade.
Está comprobado que os determinantes sociais da saúde inflúen na produción da enfermidade e na mortalidade, máis incluso que factores xenéticos ou biolóxicos. Estes determinantes son as condicións nas que as persoas viven, traballan crecen e se relacionan e estas variables, a diferenza das xenéticas, son modificables.
O marco internacional aboga claramente polo traballo intersectorial e na liña de mellora dos determinantes sociais da saúde tal como se pode observar nos seguintes documentos:
- Carta de Ottawa sobre promoción de saúde e acción intersectorial,
- OMS Saúde 2020 na que ten en conta os principais desafíos que afectan actualmente ao territorio europeo, como o aumento das desigualdades na atención sanitaria entre países, redución considerable dos servizos públicos durante a crise económica e o aumento significativo da prevalencia de enfermidades crónicas non contaxiosas como os trastornos de saúde mental, o cancro, a obesidade ou as enfermidades cardiovasculares.
- Declaración de Helsinki sobre Saúde en Todas as Políticas e
- As conclusións do Consello da Unión Europea en equidade e saúde en todas as políticas (2010).
O municipio é o lugar por excelencia de convivencia e de vida e por elo ten un papel esencial na saúde das persoas. É un lugar idóneo para articular unha reorientación das políticas públicas cara a saúde. Existen aspectos no ámbito local que facilitan o desenvolvemento da saúde desde este enfoque: coordinación intersectorial (educación, medio ambiente, sanidade, benestar, urbanismo, deporte, emprego, igualdade, transporte,...), participación da cidadanía e gobernanza en saúde, cooperación en redes e con outros actores sociais, e a cercanía da administración local á cidadanía.
SOS Sanidade Pública considera que o Consello Local de Saúde pode ser o lugar de participaciaón mutisectorial da cidadanía coruñesa e de posta en marcha de iniciativas en común para a mellora da saúde.

Por todo isto, os grupos municipais de Marea Atlántica, Partido Popular, Partido Socialista de Galicia-PSOE e Bloque Nacionalista Galego solicitan do Pleno da Corporación Municipal, recollendo a proposta da Plataforma pola defensa e mellora da sanidade pública de A Coruña-SOS Sanidade Pública A Coruña, que tome os seguintes
                                                              Acordo
1.    A creación do Consello Local de Saúde de A Coruña como instrumento de participación cidadá na elaboración, corresponsabilización e lugar de debate de políticas, programas e actividades destinadas á mellora da saúde da poboación de A Coruña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario