Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

venres, 3 de marzo de 2017

SOS Sanidade Pública A Coruña promove a creación do Consello Local de Saúde de A Coruña

Durante o mes de febreiro SOS Sanidade Pública presentou a súa iniciativa de creación do Consello Local de Saúde de A Coruña ao goberno municipal e aos grupos municipais.

Participaron nas sucesivas reunións:

Silvia Cameán, concelleira de xustiza social e coidados, e Claudia Delso, de participación cidadá e innovación democrática:

Mar Barcón por parte do grupo municipal do PSOE:

Avia Veira, por parte do BNG: 

Por parte do PP Rosa Lendoiro e Roberto Coira:


A proposta foi moi ben acollida tanto polo goberno municipal como polos outros grupos municipais.
O documento que se lles entregou foi o seguinte:

 Proposta:
Creación dun órgano de participación cidadá no Concello de A Coruña, o Consello Municipal de Saúde de A Coruña, no que o obxectivo fundamental é a participación na elaboración, corresponsabilización e lugar de debate de políticas, programas e actividades destinadas á mellora da saúde da poboación de A Coruña.

Participantes no Consello Municipal de Saúde de A Coruña
 
SOS Sanidade Pública propón unha particpación ampla, con institucións relacionadas coa saúde (goberno municipal, grupos políticos, sindicatos, consellaría de benestar, educación e sanidade) e co tecido asociativo coruñés que desexe participar no mesmo.
 
Xustificación
 
A definición de saúde foi cambiando nos últimos anos. A OMS defínea agora dun modo máis operativo e vinculada á vida cotiá como a capacidade de desenvolver o propio potencial persoal e responder de forma positiva aos retos do ambiente, superando deste modo o concepto inicial de ausencia de enfermidade.
Está comprobado que os determinantes sociais da saúde 1 inflúen na produción da enfermidade e na mortalidade, máis incluso que factores xenéticos ou biolóxicos. Estes determinantes son as condicións nas que as persoas viven, traballan crecen e se relacionan e estas variables, a diferenza das xenéticas, son modificables.
O marco internacional aboga claramente polo traballo intersectorial e na liña de mellora dos determinantes sociais da saúde:
- Carta de Ottawa sobre promoción de saúde e acción intersectorial,
- OMS Saúde 2020 na que ten en conta os principais desafíos que afectan actualmente ao territorio europeo, como o aumento das desigualdades na atención sanitaria entre países, redución considerable dos servizos públicos durante a crise económica e o aumento significativo da prevalencia de enfermidades crónicas non contaxiosas como os trastornos de saúde mental, o
cancro, a obesidade ou as enfermidades cardiovasculares .
- Declaración de Helsinki sobre Saúde en Todas as Políticas  e
- As conclusións do Consello da Unión Europea en equidade e saúde en todas as políticas (2010).
 
O municipio é o lugar por excelencia de convivencia e de vida e por elo ten un papel esencial na saúde das persoas. É un lugar idóneo para articular unha reorientación das políticas públicas cara a saúde. Existen aspectos no ámbito local que facilitan o desenvolvemento da saúde desde este enfoque: coordinación intersectorial (educación, medio ambiente, sanidade, benestar, urbanismo,
deporte, emprego, igualdade, transporte,...), participación da cidadanía e gobernanza en saúde, cooperación en redes e con outros actores sociais, e a cercanía da administración local á cidadanía.
 
SOS Sanidade Pública considera que o Consello Municipal de Saúde pode ser o lugar de participaciaón mutisectorial da cidadanía coruñesa e de posta en marcha de iniciativas en común para a mellora da saúde.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario