Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

sábado, 20 de decembro de 2014

You have no mandate to destroy OUR NHS

This has appeared on Clifton Suspension bridge near Bristol

Teremos que facer como os ingleses. Lembrar o Sistema Público de Saúde desde as pontes.

domingo, 14 de decembro de 2014

Lei Mordaza. Para que non esquezamos a ditadura franquista

O Partido Popular queren facernos recordar antiguos regímenes e usan a súa maioría absoluta para impoñer unha lei de seguridade cidadá propia dunha ditadura.

Recibimos a LEI MORDAZA do PP lembrándolles

Grándola, Vila Morena
http://youtu.be/gaLWqy4e7ls

mércores, 10 de decembro de 2014

A Xunta de Persoal sanitaria convoca concentracións en todos os centros

A Xunta de Persoal da Área de A Coruña convoca concentracións en todos os centros de saúde e hospitalarios de A Coruña ás 11 horas.
En protesta e solidariedade pola privatización de Vigo e a oferta que realizan ao persoal non sanitario a aceptar a integrarción nas empresas que xestionarán o novo hospital, sen garantías e coas novas condicións da empresa concesionaria.


martes, 9 de decembro de 2014

Feijoo e a súa privatización sanitaria, liquidadora da sanidade pública

CONCRÉTASE A PRIVATIZACIÓN XA EN TRABALLADORES DO ACTUAL HOSPITAL PÚBLICO

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2014, da Xerencia da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo, pola que se oferta aos empregados públicos de determinadas categorías de servizos non clínicos da dita estrutura organizativa a opción de pasaren a prestar servizos, de forma voluntaria, como persoal laboral na entidade concesionaria da explotación dos ditos servizos.

Ver DOG do 4 de decembro:

 http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141204/AnuncioG0003-281114-0003_gl.html



martes, 2 de decembro de 2014

Que fixemos para merecer isto?

Agora toca Mr Gravatas. O problema, sen dúbida, non é quen poñan de responsable no ministerio senón as políticas deste goberno pero............non poderían escoller un pouco millor?


mércores, 26 de novembro de 2014

Unha boa nova, a dimisión da incompetente ministra Ana Mato


Comunicado de prensa en relación coa dimisión de Ana Mato, ministra de sanidade e política social

A dimisión de Ana Mato é unha boa nova. Debeuse producir hai moito tempo, por rexeneración democrática, porque non hai quen poida crer que alguén ten un coche de marca Jaguar no garaxe e non se entere, pero por outra banda tamén debería ter dimitido pola política sanitaria e social que desenvolveu este goberno.
A responsabilidade non é dela soa, é do goberno, con Rajoy á cabeza, pero podemos lembrar que con esta ministra:

- producíu un cambio de modelo sanitario ao perder a universalidade. Co decreto lei 16/2012 só teñen acceso á sanidade pública aqueles que cumpren os criterios de asegurados cando antes podía acceder toda aquela persoa residente en territorio español.
- admitíu e houbo un recorte orzamentario importante en sanidade.
- iniciouse o copagamento farmacéutico a pensionistas e elevouse a porcentaxe a pagar ao resto de persoas.
- regulouse o copagamento por transporte sanitario, ortopróteses e produtos dietéticos.
- regulouse o copagamento farmacéutico hospitalario a pacienes crónicos.
- eliminou na práctica o servizo de dependencia ao deixalo case sen orzamentos.

Unha ministra, dun goberno, que puxo en práctica unha política sanitaria e social miserable e insolidaria. Unha ministra, dun goberno, que cos seus recortes puxo en risco e de seguro empeorou a saúde de moitas persoas.

Unha ministra que está ben dimitida ou cesada. Un goberno que debería cesar tamén.

Plataforma en defensa da sanidade pública de A Coruña SOS Sanidade Pública A Coruña.

Asina en representación: Ramón Veras Castro (696394788)

luns, 24 de novembro de 2014

Convite á presentación en A Coruña do libro 'La salud como negocio'

O próximo mércores día 26 preséntase no Sporting Club Casino, na rúa Real, o libro 'La salud como negocio', un libro onde se describe e revisan claves da privatización sanitaria.


sábado, 22 de novembro de 2014

Presentación de 'a sanidade galega en risco' en Monforte

O venres 21 presentouse o informe 'a sanidade galega en risco' en Monforte no Foro Saúde organizado pola Plataforma de defensa da sanidade pública de Monforte.



De esquerda a dereita Moncho Veras (SOS Sanidade Pública A Coruña), Paco Vizoso (SOS Sanidade Pública de Pontevedra), Maribel García (anterior portavoz da Plataforma de defensa da sanidade de Monforte) e Pablo Vaamonde (coordinador do libro 'La salud como negocio').



xoves, 20 de novembro de 2014

Manifestación da Alianza Social Galega o domingo 23 de novembro. Saída ás 12 da Praza de Pontevedra

SOS SANIDADE PÚBLICA participa e pide o apoio para manifestar a nosa oposición á lei de seguridade cidadá que está pendente de aprobar o Congreso. Un novo atentado á democracia por parte dun PP que busca a represión para soster as súas políticas antisociais.

DOMINGO 23 DE NOVEMBRO
12 HORAS
MANIFESTACIÓN NA CORUÑA
SAÍDA DA PRAZA DE PONTEVEDRA ATA A DELEGACIÓN DO GOBERNO

MANIFESTO ALIANZA SOCIAL GALEGA:
A REFORMA DA LEI DE SEGURIDADE CIDADÁ E DO CÓDIGO PENAL IMPLANTA UN ESTADO POLICIAL
ASOGA_lei_mordazaA nova lei de seguridade cidadá e a reforma do Código penal evidencian o seu obsesivo centralismo, os nulos principios democráticos polos que se rexe o PP e a que clase de intereses serve. Mentres actúa con esta dureza contra os movementos sociais, a clase traballadora e a realidade plurinacional do estado, mantén unha actitude de moita permisividade respecto aos delitos económicos que cometen os seus amigos e o capital financeiro.
Estas reformas normativas teñen como obxectivo reprimir a contestación social.
O PP está provocando, coas reformas laborais e sociais e coas súas políticas económicas, un recorte de dereitos e unha crecente precariedade das condicións de traballo e da calidade de vida das persoas. Ante a contestación social que xeran tales políticas, promove estas reformas para impedir protestas que as poñan en cuestión.
O exercicio democrático e constitucional do dereito á folga e a outros medios de protesta e reivindicación estano poñendo en cuestión as autoridades públicas mediante:
  • Diferentes causas e actuacións penais contra das persoas traballadoras e dos grupos de reivindicación social por supostas actividades delituosas durante o desenvolvemento de manifestacións, concentracións ou calquera outra forma pacífica de contestación, ou mesmo de defensa dos dereitos que nos están arrebatando.
  • Un inusitado protagonismo do ministerio fiscal.
Por estas vías pretenden deslexitimar a resposta da cidadanía fronte ás reformas e actuacións inxustas propostas polo poder político deste Goberno.
Coa reforma do Código penal tipifícanse como delito unha serie de accións sociais que até o de agora non tiñan esa consideración.
  • desorde pública
  • atentado
  • desobediencia
  • resistencia á autoridade, etc.,
o que supón un ataque frontal a dereitos sobre os que asenta a participación democrática: liberdade de reunión, manifestación e de folga.
O PP reforma a lei de seguridade cidadá
  • para actuar de forma inmediata e contundente contra a conflitividade social que eles crean; evitan así depender de xuíces e maxistrados que non estean dispostos a colaborar na súa política represiva e de recorte das liberdades públicas;
  • para substituír a infracción penal pola infracción administrativa, á marxe das garantías xurisdicionais, para desalentar a mobilización social, actuando con total discrecionalidade e arbitrariedade;
  • para aumentar as infraccións (pásase de 30 a 57 e créanse até 36 novos tipos) e as contías das sancións, que se fixarán sen considerar o patrimonio das persoas afectadas (1.000 euros as leves, 30.000 as graves e 600.000 as moi graves);
  • para despenalizar as faltas co fin de evitar o control da xustiza penal, facendo as sancións inmediatamente executivas; elimínanse así as garantías da presunción de inocencia (pagamento de taxas, presunción de veracidade da actuación da policía, etc.).
A tutela xudicial só opera unha vez imposta a sanción e grava a cidadanía coa carga de promover un proceso sometido a custos adicionais á propia sanción; custos incrementados tamén de forma arbitraria coa reforma da lei de taxas xudiciais.
Preténdese a persecución de todo tipo de mobilizacións e mesmo o exercicio de dereitos fundamentais:
  • Castiga as «ofensas» ás institucións, himno e símbolos do Estado español; reprime as manifestacións públicas a través de panfletos ou bandeiras que supostamente inciten á alteración da orde pública. Impídese o dereito á folga e as concentracións diante de calquera espazo común, público ou privado (mesmo fóra das horas de apertura), contra a vontade do seu propietario, arrendatario ou titular.
  • Sanciona duramente os peches, escraches, concentracións contra un desafiuzamento, cortes de tráfico, despregamento de faixas, manifestacións diante das sedes parlamentarias, manifestacións de empregados/as públicas con roupa de servizo, colgar carteis, facer pintadas, acampadas de protesta, recollida de sinaturas ou colocación de mesas nas rúas.
  • Promove os controis, rexistros, identificacións, cacheos e detencións pola vía da inmobilización «polo tempo estritamente necesario», para actuar ante accións que poidan provocar alarma social.
  • Prohibe a participación en protestas con carapucha, casco ou obxecto que cubra o rostro. Castiga como desobediencia e resistencia á autoridade a negativa a identificarse.
  • Implanta unha censura previa de aplicación discrecional contraria á Constitución, ao limitar a captación e difusión de sons, imaxes ou datos de membros das forzas de seguridade do Estado nas súas intervencións públicas, o que socava o dereito da cidadanía a recibir unha información veraz e plural, imposibilita e amedrenta o traballo xornalístico —un dos garantes dese dereito—, promove a impunidade no abuso policial contra os dereitos civís ao impedir a existencia de posíbeis probas gráficas de intervención desproporcionada das forzas de seguridade.
Con esta reforma represiva, o Goberno pretende
  • converter o conflito social nun continuo conflito de orde pública; camiñamos cara a un estado de carácter policial, onde
  • obrigar á colaboración cidadá coa policía baixo imposición de sancións, ao tempo que se amplía a impunidade na actuación policial, que non terá o deber de identificarse nin de exhibir identificación ningunha e terá plenas facultades para o uso inxustificado e desproporcionado da violencia;
  • ampliar as competencias da policía para desaloxos, disolución, mesmo preventiva, de reunións e manifestacións así como as gravacións indiscriminadas de persoas e lugares.
E mentres se aplican estas reformas represivas,
  • desmantélase o sistema público da Administración de xustiza realizando outras reformas que limitan e impiden o acceso aos xulgados, ben establecendo cantidades económicas para acudir á Administración de xustiza, privatizando servizos que antes eran públicos e gratuítos
  • traspásanse aos notarios, rexistradores e profesionais privados, servizos que eran públicos, gratuítos e de fácil acceso; e modifican a actual estrutura xudicial, suprimindo partidos xudiciais en localidades, desprazando xulgados a capitais de provincia.
Todo isto deteriora extremadamente o servizo público da xustiza encarecendo os custos e eliminando a proximidade e a facilidade para o acceso á xustiza.
Por todo o dito, as organizacións e entidades que conformamos a ALIANZA SOCIAL GALEGA denunciamos estas novas reformas do PP, claramente dirixidas a impedir o exercicio de dereitos fundamentais, e chamamos o pobo galego a dar unha resposta colectiva que impida este atentado ás liberdades públicas e este golpe de Estado encuberto.
Non podemos permitir este paso atrás, non podemos calar ante a criminalización da protesta social, ante o retroceso inaceptábel das liberdades públicas e das vías de participación democrática que pretende o Goberno do PP e nos sitúa nun escenario que nos retrotrae, en moitos aspectos, á época do franquismo.

Forman a Alianza Social Galega: A Mesa pola Normalización Lingüística; ADICAE GALICIA; Altermundo; ANPAS GALEGAS; Asemblea de Cooperación pola Paz; Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes; Asociación Fuco Buxán; Asociación Galega de Historiadores; Asociación Galega de Mariscadoras/es (AGAMAR); Asociación Monte Pindo Parque Natural; Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA); Asociación Sociocultural Namentras; Asociación Sociopedagóxica Galega; Autónomos de Galicia, AUGA-UPTA; Boa Vida Inclusión Activa; Confederación Intersindical Galega (CIG); COGAVE; Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia; Colectivo Encontro Benestar Social; Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña; Comités Abertos; CONFAPA Galicia; Confraría Pescadores Poboa do Caramiñal; Coordinadora Galega de ONGDs; Escola Viva; Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura; Federación de Asociacións de Mulleres Rurais; Federación de Profesionais e Autónomos/as de Galicia; Federación Galega do Medio Ambiente; Federación Galega de Bandas de Música Populares; Federación Rural Galega (FRUGA); Fundación 10 de Marzo; Federación de AA. de VV. de Pontevedra “Castelao”; Fundación Defensa dos Consumidores; Fundación Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical na Galiza; Fundación Galiza Sempre; Fundación Luís Tilve; Fundación Paz e Solidariedade; Iniciativa Estudantil Galega; Iniciativa Galega Pola Memoria; Instituto de Cooperación ao Desenvolvemento de Galicia ISCOD; Instituto Galego da Historia; Liga Estudantil Galega; Mesa Galega de Educación no Rural; Movemento polos Dereitos Civís; Nova Escola Galega; Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM); Plataforma en Defensa do Ensino Público; Plataforma en Defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais; Plataforma Galega Defensa do Ensino Público; Plataforma polo Emprego; Plataforma Queremos Galego; S. N. de CCOO de Galicia; Seminario Galego de Educación para a Paz; Sindicato de Estudantes; Sindicato de Xornalistas de Galicia; Sindicato Labrego Galego; Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG); SOS Sanidade Pública; UGT-Galicia; Unión de Traballadores Autónomos do transporte, o mar e as comunicacións de Galicia (UNIATRAMC-Galicia); Unións Agrarias; USTG; Xustiza e Sociedade.

martes, 18 de novembro de 2014

Presentación do Informe: a sanidade galega en risco

O 12 de novembro presentouse no salón de actos da ONCE o informe elaborado por SOS "a sanidade galega en risco" e realizouse a exhibición dun vídeo documental sobre as privatizacións, elaborado tamén por SOS.

Portada da presentación do informe
 De esquerda a dereita, durante o acto, en representación da Plataforma SOS Sanidade Pública:
José Miguel Rodríguez (Fronte Cívica), Xabier Filgueira (CIG), María Seijo (Xunta de Persoal), Demetrio Vázquez (CCOO), Isabel Fouz (Federación AAVV), Pedro Méndez (PSdeG-PSOE), Luís García Gómez (Asociación galega de prevención de glaucoma), Moncho Veras (BNG)



mércores, 5 de novembro de 2014

SOS SANIDADE PÚBLICA A CORUÑA presenta o informe de SOS "A sanidade galega está en risco" en rolda de prensa

SOS Sanidade Pública A Coruña presentará publicamente o mércores 12 de novembro ás 8 da tarde no salón de actos da ONCE, no Obelisco, e fará a exhibición dun documental sobre as privatizacións sanitarias elaborado por SOS.

Anuncia tamén a celebración dunha gran mobilización en toda Galiza no mes de decembro.

Este é o folleto resumo do informe 'A Sanidade Galega en Risco':



Rolda de prensa de SOS. Publicacións

PRAZA PÚBLICA recolle a rolda de prensa de hoxe da Plataforma SOS Sanidade Pública A Coruña

http://praza.gal/movementos-sociais/8160/o-risco-no-que-a-xunta-de-feijoo-coloca-a-sanidade-publica-galega/

A Opinón de A Coruña

A Opinón de A Coruña

SER. Radio Coruña

SER

Sermos. Información previa á rolda de prensa
Sermos Galiza

martes, 4 de novembro de 2014

A SANIDADE PÚBLICA GALEGA ESTÁ EN RISCO



A Xunta de Galicia está a desfacer o sistema sanitario público galego
  O Partido Popular, desde a súa chegada ao poder na Xunta no 2009, está impoñendo medidas que deterioran a sanidade pública reducindo orzamentos, persoal e servizos e privatizando progresivamente o Sistema favorecendo os intereses das empresas privadas a conta das finanzas públicas.
Achegamos un vídeo elaborado desde SOS Sanidade Pública no que se relatan os feitos do goberno de Feijoo: