Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

xoves, 4 de agosto de 2016

A Plataforma de Afectados dás Preferentes en Galicia fan unha doación a SOS Sanidade Pública (e outras organizacións) para parar a privatización sanitaria



Esta mañá dia 4 de agosto a  Plataforma de Afectados dás Preferentes en Galicia farán unha donación de 1.000 euros á Plataforma SOS Sanidade Pública e a outras tres plataformas máis como a Asociación de Amigos do pobo Saharaui, a Plataforma de Afectados pola Hepatite C e a ONG Médicos do Mundo. O acto farase este xoves 4 de agosto ás 11.15 na Praza 8 de marzo (entrada rúa de San Pedro) de Santiago de Compostela .

Esta donación supón, unha mostra de xenerosidade e solidariedade con organizacións que representan a afectados polos recortes da políticas neoliberais do Goberno de Mariano Rajoy e Núñez Feijoo: Afectados por enfermidades graves aos que se regatean tratamentos polo seu elevado custo; organizacións que apoian a refuxiados por políticas xeoestratéxicas (como é o caso do Pobo Saharaui que leva anos esperando no deserto arxelino, en condicións durísimas, o cumprimento das resolucións da ONU para recuperar o seu territorio e a súa dignidade); ou que traballan con grupos de poboación excluída ou marxinada (no Estado Español ou en países en desenvolvemento) como a ONG Médicos do Mundo.

Todas estas organizacións teñen en común:

  1. A vontade de mobilizar a sectores afectados polas políticas de recortes de dereitos, como a saúde, postas en práctica polos gobernos do Partido Popular (fiel seguidor dos dogmas neoliberais)
  2. Poñer en marcha estratexias de loita social, capaces de conseguir avances na consecución dos seus obxectivos.

A mobilización da Plataforma de Afectados pola Hepatite C, obrigou o Ministerio de Sanidade a tratar aos enfermos máis graves, pese a que o Goberno acordou coa multinacional GILEAD que comercializa o medicamento (Sovaldi) un prezo que supera os 30.000 euros por tratamento (cando podería facelo por menos de 200 si seguise as políticas dos gobernos de Egipto ou a India que non recoñecen a patente).

Médicos do Mundo, en colaboración con SOS Sanidade Pública, Foro da Inmigración, Sociedade Galega de Medicina Familiar e Comunitaria e Amnistía internacional de Galicia, obrigaron á Consellería de Sanidade a poñer en marcha un programa para atender aos inmigrantes sen papeis excluídos da atención sanitaria polo Real Decreto 16/2012 (que aínda que parcial e insuficiente aliviou o sufrimentos deste colectivo).

A Asociación de Amigos do Pobo Saharaui leva anos traendo a nenos dese país a pasar unhas semanas de descaso con familias galegas, que ademais de aliviar as penalidades dos nenos do deserto mantén viva na saciedade galega a necesidade de apoiar a este pobo excluído polos gobernos de Marruecos e de España (que ignoran as resolucións das Nacións Unidas de celebrar un Referendo de Autodeterminación).

A Plataforma SOS Sanidade Pública leva anos opoñéndose á privatización e desmantelamento do Sistema Sanitario Público Galego con grandes mobilizacións en todas as áreas sanitarias. Entre o seu logros esta a reintegración dos Hospitais-Fundacións Sanitarias ao sistema público ou a paralización do proxecto de Hospital Montecarrasco de Pontevedra financiamento e xestión privada (substituído pola ampliación do hospital público Montecelo)

A propia Plataforma de Afectados dás Preferentes tras numerosas mobilizacións e iniciativas legais foi capaz de recuperar gran parte do diñeiro estafado polos bancos.

Estes éxitos destas organizacións demostra que a organización e mobilización dos colectivos afectados polas políticas neoliberais dos gobernos do PP (aplicado discípulo na aplicación dos ditados dos fondos de investimento, bancos, multinacionais e burócratas da Unión Europea, Fondo Monetario Internacional e Banco Mundial), poden facer fronte con éxito ás mesmas.

Este acordo debería servir para abrir espazos de alianza e colaboración ás organizacións sociais que loitan polos seus dereitos, que son os dereitos de todos.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública 
3/8/2016