Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

venres, 23 de decembro de 2016

"Triste", escribe unha médica de familia na Opinión de A Coruña


Ante a Impotencia, Decepción, Tristeza, Desesperanza


Temos que invertir esta xestión miserenta do sergas


Triste

23.12.2016 | 01:19
 
Hoy me he levantado triste. Triste y decepcionada. Soy médico de familia y me apena ver cómo se está gestionando la sanidad pública, concretamente la atención primaria del área de Coruña.
Estoy triste porque compruebo a diario como compañeros y compañeras dan lo máximo para ofrecer una atención de calidad y personalizada a más de 50 pacientes al día... porque no, no somos superhéroes, cuando la lista de pacientes pasa de 40 hay que redoblar esfuerzos para que todos sean atendidos como merecen y no se nos pase nada por alto.
Estoy preocupada porque se prefiere dejar una consulta sin sustituto a dar una cobertura con un profesional presente todos los días... ¿realmente es un ahorro no contratar a nadie, o contratar a alguien solo por 3 horas? ¡Pues no, porque muchas de esas personas acudirán a los servicios de urgencias!


Estoy decepcionada porque se hace caso omiso a la reclamación firmada hace más de un año por 200 profesionales de la salud pidiendo mejoras en la gestión de la atención primaria del Servizo Galego de Saúde.
Estoy enfadada porque veo cómo una generación entera de médicos de familia muy bien preparados se plantea emigrar antes que seguir siendo un parche temporal en una consulta diferente cada día, con escasas posibilidades de ejercer de lo que realmente nos gusta, de médico de cabecera, de familia... ¿Cómo quieren que establezcamos una relación de confianza con nuestros pacientes si al día siguiente ya no estaremos allí?
Pues nada, habrá que superar el desánimo y mirar al futuro con esperanza... ah no, esperen, que aún no sabemos donde iremos a trabajar a partir del 1 de Enero....

martes, 20 de decembro de 2016

Recollida de sinaturas pedindo a derrogación do decreto polo que o PP eliminou a universalidade sanitaria

A Rede Galega polo Dereito á Saúde, da que forman parte SOS Sanidade Pública, Agamfec, Amnistía Internacional, Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, Médicos do Mundo e Foro Galego de Inmigración

Inician unha campaña pola derrogación do RD 16/2012, aquel co que o PP implantou os copagos e eliminou a universalidade sanitaria.
Farase unha recollida de sinaturas entre profesionais sanitarios e pedirase a aprobación dunha moción nos Concellos e Deputacións.

 Manifesto da Rede Galega polo Dereito á Saúde
 
MANIFESTO DAS/OS TRABALLADORAS/ES DA SANIDADE PÚBLICA GALEGA POLA DEROGACION DO REAL DECRETO LEI 16/2102


As/os traballadoras/es da sanidade pública galega, que firmamos este documento queremos expoñer o seguinte:


1.- Rexeitamos o “Real Decreto Lei 16/2012 de 20 de abril, de “medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións”, por que acabou coa Universalidade da Atención de Saúde e puxo barreiras para acceder á asistencia, a unha parte da poboación, especialmente para a que ten máis problemas económicos, que empeza a ser maioritaria como consecuencia da crise.
2.- Non aceptamos que o dereito á asistencia sanitaria se fundamente na cotización laboral por que isto supón:
  • A exclusión de inmigrantes en situación administrativa irregular, mozos e mozas, que nunca accederon ao traballo, parad@s de longa duración ou emigrantes españois retornad@s do estranxeiro.
  • A fragmentación da Carteira de Servizos, para introducir novos copagos.
  • A modificación da prestación farmacéutica, para ampliar o copago e estendelo @s pensionistas.
3.- Este Decreto, vulnera os códigos deontolóxicos das/os profesionais da sanidade, e condiciona a nosa actividade profesional, obrigándonos a rexeitar, por motivos burocráticos, a persoas doentes que acoden en demanda de asistencia, aos centros e servizos onde traballamos.
4.- Consideramos inaceptable a redución de gasto, como fundamento para estes cambios, sobre todo cando o aforro das medidas foi mínimo e xerou un sufrimento importante, especialmente a pensionistas, xente xoven e inmigrantes.
5.- Por todo iso, e ante o temor de que o novo goberno desenvolva todos os contidos pendentes do RD, esiximos a súa retirada e a posta en marcha de medidas de racionalización do Sistema Sanitario Público, baseadas en mellorar a eficiencia, en promocionar a saúde e a prevención da enfermidade con base na evidencia científica, en buscar a redución de gastos innecesarios e irracionais, e a implicación profesional e social na xestión do sistema sanitario.


DATA:
Por todo o exposto e por ser de xustiza,asinamos o presente escrito, para poder ter a forza suficiente para conseguir a Derogación do Real Decreto.

Promoven: Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, Médicos do Mundo Galicia, Foro da Inmigración, Amnistía Internacional, Plataforma SOS Sanidade Pública e Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública