Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

sábado, 20 de xuño de 2015

Europa ten que resolver o confito entre industria sanitaria e saúde a favor da saúde


Interesante artigo sacado do blog deste experto:

David Hammerstein: La nueva estrategia de las farmacéuticas


Neste artigo de David Hammerstein alerta sobre o conflito enre a industria farmacéutica e os efectos das súas novas estratexias empresariais co dereito á protección da saúde que o goberno europeo debe asegurar.
Sen dúbida, é imprescindible a transparencia nestes tempos escuros, nestes tempos de desconfianza hacia os gobernos. 

A aprobación por parte da Axencia Europea do Medicamento esixe 2 criterios para dar a súa aceptación e se poidan comercializar os novos fármacos:

1. Eficacia frente a placebo: Ou sexa, ten que resolver máis o problema que trate que un fármaco de igual aspecto pero que non leve nada dentro. 

É a esixencia mínima xa que o lóxico sería pedir que fose máis activo que calquera dos fármacos que xa hai no mercado. Unha das estratexias da industria é producir medicamentos iguais que os que xa están no mercado pero como son máis 'novos', teoricamente, tamén son 'bastante máis caros'.

2. Seguridade: a empresa debe demostrar que non nos vai producir efectos secundarios importantes ou graves.

A negociación do TTIP é unha nova ameaza para a seguridade xa que pode aumentar a desregulación dos controis.

venres, 19 de xuño de 2015

Arteixo continúa. A Plataforma que reivindica a vacina da meninxite organiza novas mobilizacións


A PLATAFORMA que reivindica a vacina da meninxite B accesible e pública para todos NON VAI ABANDOAR. Mañá venres 19 van facer unha sentada reivindicativa diante do colexio con bonecos e farán unha representación da realidade (bonecos que non poden acceder á vacina e outras que non teñen problema ningún, van por ela, pagan e listo).
E en setembro van organizar unhas Xornadas sobre a vacinación.



Hoxe, 18 de xuño, organizaron un acto no Centro Cívico de Arteixo no que non quixo participar o PP. Si estiveron presentes o Dr Velo, pediatra de Carballo, e María Jesús Vigo, farmacéutica do CIMF, por unha banda e tamén representantes dos grupos políticos BNG (Paco Jorquera), AGE (Eva Solla) e PSOE (Carmen Acuña).
Presentaron o acto os representantes da Plataforma de Arteixo Javier Hermo e Mar Golpe.
Os participantes solicitaron a inclusión da vacina no calendario público para todos.
Os expertos recomendaron que hai que coidar a cadea de frío (entre 2 e 8º) para que a vacina non se inactive na viaxe, advertindo ás persoas que están indo a Portugal a mercala.
Desde a parte política lembráronse as palabras de Feijoo antes das eleccións 'intercedendo' ante o Ministerio para que estea dispoñible na farmacia.
Feijoo non pode incluíla no calendario porque esa é unha competencia do Ministerio pero si pode facer un estudo piloto en Galiza e dese modo facer participar a toda a infancia no mesmo, igual que se fixo coa do neumococo, e que na prácica supuxo a vacinación sistemática a toda a poboación. Pero Feijoo, despois de pasar as eleccións, cala.

xoves, 18 de xuño de 2015

Xoves 18 de xuño: ás 8 da tarde en Arteixo, no Centro Cívico


Feijoo! "Non queremos esmolas senón recuperar dereitos"

A Xunta disfraza o recoñecemento do seu erro cando apoiou con decisión o RD 16/2012 polo que se impuxo o copagamento a toda a cidadanía.

Agora falan de 'facerse cargo' do gasto en medicamentos das familias con menor ao seu cargo e menos de 600 euros de ingresos.

Derroguen este vergonzoso decreto e empezamos a falar. É preciso a recuperación dos dereitos roubados e o PP parece que non quere entendelo.

Veremos na realidade a cantas familias se aplica a exención anunciada hoxe por Rueda.

Ver información de prensa:

A Opinión de A Coruña: A Xunta anuncia a exención do copago a 36000 familias, falan de 100000 persoas


luns, 15 de xuño de 2015

A Plataforma de ciudadanos por la salud de Arteixo continúa as mobilizacións pola vacina da meninxite

A Plataforma de ciudadanos por la salud de Arteixo continúa as mobilizacións pola vacina da meninxite:

- Organiza unha mesa redonda o xoves 18 de xuño no centro cívico de Arteixo ás 20 horas, para falar da vacina da meninxite. Participarán expertos neste tema.
- Convoca unha concentración para o día 19 pola mañá, de 9,30 a 13 horas diante do Concello de Arteixo para pedir que inclúan a vacina da meninxite B no calendario vacinal.