Pasaxe
segura xa!
Marcha
europea polos dereitos das persoas refuxiadas
Sábado
27 de Febreiro ás 19:30h dende a Praia de Riazor ate o Obelisco
O 27
de febreiro distintas organizacións e colectivos de toda Europa
convocan
unha
“Marcha Europea polos dereitos das persoas refuxiadas” co
obxectivo
de
esixir vías de acceso seguras ao continente para as miles de persoas
que
cada
día vense obrigadas a cruzar o Mar Mediterráneo e outras
fronteiras
xogándose
a vida, mentres os líderes europeos non fan nada máis que
interpor
-
lles
obstáculos.
Queremos
amosar a nosa indignación coas autoridades e gobernos europeos
pola
masacre que a súa política migratoria está a producir: máis de
30.000
mortes
no último ano, máis de 400 no que vai do presente ano, centos de
miles
que
foxen das zonas de conflito, así como a desaparición de 10.000
menores,
acontecemento
especialmente grave e do que esiximos o seu esclarecimento
inmediato.
Nós,
colectivos, partidos, sindicatos e persoas solidarias coas persoas
migran-
tes,
somos conscientes de que os nosos gobernos teñen que ver coas causas
das
migracións
forzosas que as súas políticas imperialistas converteron en crise
humanitaria.
Por iso:
-
Denunciamos as políticas migratorias europeas que atentan contra o
dereito á
vida
e á libre circulación das persoas, violando os DDHH e o dereito de
asilo.
-
Denunciamos a guerra como método incapaz para a resolución de
conflitos.
-
Denunciamos o acoso e criminalización do voluntariado que se apresta
a
salvar
as vidas que os nosos gobernos poñen en perigo.
-
Denunciamos a confiscación de bens das persoas socilitantes de
asilo, que
lembran
as prácticas da Europa nazi respecto das minorias que perseguiron.
Amosamos
a nosa solidariedade con todas eses seres humanos forzados a
abandoar
os seus fogares por mor da guerra e doutras situacións de conflito
(sociais,
económicas e políticas) que sofren nos seus países de orixe. E por
ilo
esiximos
como primeira medida a derrogación do regulamento Dublín III e
implementar
a posibilidade de solicitar visados en embaixadas e consulados de
terceiros
países. Tamén esiximos con carácter urxente, o cumprimento dos
acordos
de acollemento adquiridos, nun prazo non superior a 15 días.
Instamos
á comunidade internacional para que emprenda as accións necesa-
rias
para protexer á poboación civil e previr que se cometan máis
crimes de
dereito
internacional, incluídos crimes de guerra e de lesa humanidade.
Reclamamos
que se poña fin inmediatamente ás transferencias de armas ou
calquera
outro tipo de apoio militar ás zonas en conflito.
Esiximos
ao goberno español en funcións e a calquera outro, incluída a UE:
●
Aumentar o número de persoas en acollida así como proporcionar a
dotación
orzamentaria
que lles garantan unhas condicións de vida dignas.
●
Apoiar ás persoas refuxiadas nos outros países de acollida a través
da inter-
vención
directa para garantir unhas condicións de refuxio seguras e dignas.
●
O despliegue dos medios de salvamento necesarios no Mar Mediterráneo
e
Exeo
que impidan o aumento de vítimas.
●
O estricto respecto dos DDHH na Fronteira Sur, así como a retirada
inmediata
das
concertinas, o peche dos CIE e que se faga xustiza en relación aos
asesina-
tos
acontecidos na Praia do Tarajal.
Instamos
á Xunta de Galicia a:
●
Territorializar os servizos de atención ás persoas demandantes de
asilo e en
paralelo
formar e/ou especializar ás persoas dos municipios en cuestión que
se
terán
que facer cargo do apoio e a atención ás persoas solicitantes, sin
detri-
mento
da atención ao resto da poboación.
●
Apoiar á Rede de Cidades Refuxio e facilitar a súa coordinación.
Urxe
que o goberno español e o resto de gobernos europeos reaccionen de
maneira
inmediata para proporcionar atención a estas persoas e evitar que
se
continúen
vulnerando os artigos 13 e 14 da Declaración Universal dos Dereitos
Humanos,
que recoñecen o dereito a circular libremente e o de asilo
respecti-
vamente.
O
pobo galego non esquecemos o noso pasado emigrante e exiliado, e por
iso
esiximos
o compromiso activo das autoridades, gobernos e medios de comuni-
cación,
para crear unha opinión pública afastada da xenofobia e o racismo,
así
como
apelar a que xornalistas, historiadore/as e colectivos culturais
traballen
na
promoción da diversidade cultural como valor a cultivar e como
motivo de
esperanza
de futuro.
Facemos
un chamamento ao pobo galego a mobilizarse para esixir unha
pasaxe
segura ao continente para todas as persoas migrantes coa máxima
urxencia.
Pasaxe
Segura Xa!