Achegamos a nota de prensa (e os gráficos) de SOS Sanidade Pública A Coruña enviada hoxe en relación coa Lista de Espera de Traumatoloxía de A Coruña.
As listas de espera de traumatoloxía do Hospital de A Coruña son signficativas e sobrepasan os límites tolerables. Persoas con patoloxías crónicas como artrose de cadeira ou artrose de xeonllo, que teñen solucións cirúrxicas, ven como pasan os meses sufrindo dor ata precisar o uso de opiáceos e aumentando a incapacidade para andar, coas complicacións médicas que poden presentar.
SOS Sanidade Pública fai públicos estes datos, pide maior transparencia na xestión e esixe do sergas unha solución a este problema, unha solución dentro da sanidade pública, non enviando pacientes aos hospitais concertados. Unha persoa que é diagnosticada de artrose de cadeira ou de xeonllo non debe esperar máis de 3 meses a ver resolto o seu problema. O resto non é tolerable.

A denuncia pública de
Margarita Santiago Urbano sobre a súa situación en lista de espera
de traumatoloxía no Hospital de A Coruña visibiliza con nome e
apelido e imaxe este sufrimento.
SOS Sanidade Pública A Coruña
presenta e denuncia os datos da lista de espera de traumatoloxía
deste hospital, os que aparecen na web do sergas, onde xa se ve que é
o hospital do sergas (do seu tamaño, incluíndo Ferrol) coa maior
espera media de consulta a xuño de 2017 (57,2 días). A espera media
cirúrxica está na web do sergas en 98 días a xuño de 2017 na
Coruña, 20 días máis que a media do sergas. Datos só superada
polo caos vigués onde sobrepasan os 100 días nos seus dous
hospitais.
Sendo estes datos chamativos
aínda o son máis cando coñecemos os datos observados polo médico
de familia na consulta de atención primaria. Estes son os reais, os
datos que reflicten o sufrimento do paciente.
Cando o paciente vai á
consulta do médico de familia por unha dor de cadeira, este lle pide
unha radiografía, que tarda aproximadamente un mes, e así pode
estar o diagnóstico feito en 1-2 meses aproximadamente. Pídese unha
consulta con traumatoloxía, que tarda un mínimo de 6 meses, sexa
unha petición normal ou preferente, e se este xa considera que se
debe operar, a espera (inclusión en lista de espera nese momento) é
de 6 a 12 meses. É seguro que na Coruña este paciente pasará entre
un total de 12 a 18 meses, ás veces chega aos 2 anos, con tratamento
analséxico, ao final con opiáceos e ás veces tendo que usar
muletas e/ou cadeira de rodas, para ver solucionado un problema
médico que non é complexo e non precisa gran tecnoloxía ou
observación diagnóstica.
No caso da artrose de xeonllo
hai que sumar a isto cando menos 3 meses máis de espera cirúrxica,
alcanzando a mesma entre ano e medio e 2 anos.
As listas de espera, ademais
do sufrimento e impacto socioeconómico que producen na cidadanía,
seguen a ter unha xestión escura e pouco transparente. Antes o
sergas publicaba os datos cada 3 meses pero agora só os ofrece cada
6, o 30 de xuño e o 30 de decembro de cada ano. Ademais non ofrece
información de lista de espera de procesos, cando menos dos
problemas médicos máis prevalentes, nin sabemos canta desta lista
de espera é derivada a centros concertados. A transparencia é
mínima e os datos que publica non permiten unha avaliación da
xestión da mesma.