Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública
Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018
sábado, 28 de febreiro de 2015
xoves, 26 de febreiro de 2015
luns, 23 de febreiro de 2015
Concentración diante da sede do PP pola reforma da lei do aborto
A Plataforma polo dereito ao aborto, na que participa SOS Sanidade Pública, convocou esta tarde ás 20 horas unha concentración diante da sede do PP pola reforma que pretende facer da lei.
Texto lido ao remate da concentración:
Texto lido ao remate da concentración:
Boa
tarde! obrigadas no nome da Plataforma
local da Coruña polo dereito ao aborto
por acudir a este acto. Estamos diante da sede do PP, logo de que o
goberno do Partido Popular materializase o abandono do proxecto de
reforma integral da lei do aborto, poñendo en marcha de xeito
apresurado, a través dunha proposición de lei orgánica o cambio
dun único artigo, o referido ao permiso paterno para as mulleres de
entre 16 e 18 anos, obrigándoas a ter o consentimento d@s
proxenitor@s.
Tras
anunciar o pasado setembro, que aparcaba o proxecto de reforma
integral (lembremos que a lei vixente está pendente de que o
Tribunal Constitucional falle o recurso que presentou o PP hai preto
de 5 anos, cando estaba na oposición), o que pretendía mudar o
modelo de lei de prazos por una lei de supostos restritivos, e que
lle costou a dimisión a Alberto Ruiz-Gallardón como ministro de
Xustiza, o PP optou por non facelo no marco dunha lei ordinaria de
axuda á familia, tal e como tiña anunciado. Deste xeito axiliza os
trámites de informes de distintas institucións, para que poida
estar en vigor en abril.
O
recente anuncio por parte do Goberno do Partido Popular é un ataque
aos dereitos das mulleres máis novas, unha reforma eleitoralista e
ideolóxica, por parte de quen ten a responsabilidade de garantir os
dereitos á cidadanía, tanto os civís, como os culturais, os
sexuais e os reprodutivos, non de restrinxilos. Pode supoñer que as
mozas en situacións de vulnerabilidade teñan que optar pola
clandestinidade, coas consecuencias que isto pode ter para a súa
saúde.
Non
deixa de ser curioso que se lles desposúa da capacidade de decidir
sobre os seus corpos, que se lles suprima a posibilidade de que
poidan prestar o consentimento a que lles practiquen un aborto, cando
non o requiren do seu consentimento para outro tipo de situacións:
-
Poden manter relacións sexuais a partires dos 13 anos
-
Teñen responsabilidade penal desde os 14 anos
-
Poden facer testamento desde os 14 anos
-
Poden contraer matrimonio se están emancipadas desde os 14 anos (con
dispensa do/a xuíz/a)
-
Poden conducir un ciclomotor a partires dos 15
-
Deciden se queren someterse a operacións cirúrxicas e a tratamentos
médicos ou farmacolóxicos agresivos a partires dos 16 anos
-
Poden traballar a partires dos 16 anos
-
Poden mercar fármacos sen receita a partires dos 16 anos (e tamén a
pílula postcoital)
-
Poden traballar
As
feministas organizadas na Plataforma da Coruña polo dereito ao
aborto, consideramos que non se pode permitir outro ataque máis do
Partido Popular, quen segue a facer concesións á ultradereita e á
xerarquía da igrexa, na contra dos dereitos sociais, sexuais e
reprodutivos das mulleres. As mulleres temos dereito a decidir sobre
a nosa sexualidade, sobre os nosos corpos, e sobre a nosa
maternidade, con independencia de cal sexa a nosa idade. Non imos
deixar as rúas. Seguiremos loitando até que retiren a reforma. Por
iso convidámosvos a que participedes activamente na manifestación
unitaria do feminismo galego que percorrerá as rúas de Compostela o
vindeiro 8 de marzo, ás 12 horas na estación do tren.
- OS DO PP, SAÍDE DA COVA, AS VOSAS FILLAS TAMÉN ABORTAN
-ABORTO LEGAL, NUN HOSPITAL
-CONTRA A REGRESIÓN FASCISTA, LOITA FEMINISTA
-PARIR NON É DA VOSA COMPETENCIA
-NON IMOS PERMITIR QUE AS POÑADES A PARIR
- É A NOSA DECISIÓN, NON A VOSA IMPOSICIÓN
- SEXUALIDADE NON É MATERNIDADE, PARIR NON É O DESTINO DA MULLER
- NIN CONSENTIMENTO,NIN SOMETEMENTO
- ILEGALIZAR, ILEGALIZAR AO PARTIDO POPULAR, ILEGALIZAR AO PP, POR FASCISTA E PATRIARCAL
- NÓS DECIDIMOS, AS MOZAS TAMÉN
Podes
contactar con nós na páxina de facebook: Plataforma A Coruña polo
dereito ao aborto ou do gmail: pgdacorunha@gmail.com
domingo, 22 de febreiro de 2015
O acceso aos tratamentos da hepatite C na sanidade pública no debate da SER no Coruñés Opina
No debate do Coruñés Opina, dirixido por Isabel Bravo, participaron representantes da Plataforma de afectados pola hepatite C, Nieves Cabalo e José Miñones, Manuel Delgado, hepatólogo do CHUAC, Moncho Veras en representación de SOS Sanidade Pública e por teléfono Evaristo Baró, da Asociación Batas Blancas e Félix Rubial, director xeral de asistencia sanitaria.
De esquerda a dereita: Moncho Veras, Isabel Bravo, Manuel Delgado, Nieves Cabalo e José Mñones
mércores, 18 de febreiro de 2015
martes, 17 de febreiro de 2015
Nieves Cabalo, da plataforma de afectados pola hepatite C, en Radio Coruña
Publicamos a nova de Radio Coruña na que Consuelo Bautista entrevista a Nieves Cabalo, representante da Plataforma de afectados pola hepatite C, o sábado 14 de febreiro
Entrevista de Consuelo Bautista a Nieves Cabalo
Entrevista de Consuelo Bautista a Nieves Cabalo
venres, 13 de febreiro de 2015
Charla na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte organizada pola AAVV de Montealto
Charla sobre a sanidade galega e a situación das persoas con hepatite C na AAVV de Montealto
Participaron Moncho Veras, en representacón de SOS Sanidade Pública de A Coruña e Nieves Cabalo e José Miñones en representación da Plataforma de Hepatite C de A Coruña.
Falouse da sanidade galega, de como chegamos a esta situación na que pacientes en risco de morte non reciben tratamento efectivo, para curar, polos recortes que está realizando o PP e os gobernos galego e español. As reivindicaicóns da plataforma de hepatite C, o impacto da enfermidade como problema social, familiar e individual e as vivencias persoais, sempre íntimas que os pacientes deciden expoñer publicamente.
mércores, 11 de febreiro de 2015
Charla informativa de SOS Sanidade Pública e a Plataforma de Hepatite C na Biblioteca Veciñal de Montealto
O DÍA DESPOIS DA INSENSIBLE, PENOSA E VERGONZOSA EXPULSIÓN POR PARTE DO PP DOS PACIENTES CON HEPATITE C DO PARLAMENTO GALEGO
A Plataforma de afectados pola Hepatite C e SOS Sanidade Pública A Coruña participan nunha charla informativa sobre a hepatite C e a sanidade pública galega o xoves 12 de febreiro ás 19,30 horas.
Organiza o acto a AAVV de Montealto e celebrarase na Biblioteca Veciñal de Montealto, no Campo de Marte.
xoves, 5 de febreiro de 2015
TISA- novo atentado á privacidade e á sanidade pública. Manda o negocio de novo
eldiario.es recolle a negociación da Comisión Europea e USA sobre o documento de TISA (Secret Trade in Services Agreement): A UE negocia en secreto que os sistemas nacionais de saúde paguen tratamentos privados no estranxeiro
martes, 3 de febreiro de 2015
Charla informativa no Fórum sobre a sanidade galega e a hepatite C
Nieves Cabalo e Elena Rivas, pola plataforma de afectados de hepatite C e Ramón Veras, por SOS Sanidade Pública, participaron na charla informativa sobre a sanidade galega organizada pola AAVV A Gaiteira-Os Castros-Oza e celebrada o 2 de febreiro no Fórum metropolitano.
A reivindicacións son o acceso aos novos tratamentos para todos os pacientes de hepatite C, sempre cunha priorización por gravidade, e a necesidade de transparencia na xestión dos casos. A plataforma quere saber cantos pacientes están en tratamento, criterios utilizados para a súa aprobación, cales e por que son rexeitados, cantos están esperando desoís da prescripción do médico. En definitiva: acceso e gestión transparente dos novos medicamentos.
SOS Sanidade Pública pon diante a saúde dos pacientes que o negocio de ninguén. Esixe do goberno unha solución para todos os pacientes, con prazos adecuados para as diferentes situacións dos pacientes, ou sexa, cunha priorización por gravidade e considera que o financiamento é responsabilidade do goberno. Este pode negociar directamente co laboratorio ou negociar cunha unidade de acción europea ou declarar o medicamento sofosbuvir como imprescindible para a sanidade pública e converter este fármaco en xenérico. Sempre a saúde antes que o negocio.
Por outra parte isto contrasta coa política de privatizacións, recortes de orzamentos e de persoal que sofre a sanidade pública co PP, Rajoy en Madrid, Feijoo en Galiza.
domingo, 1 de febreiro de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)