Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

mércores, 27 de xaneiro de 2016

Aumenta a débeda sanitaria galega a pesar dos recortes de PPFeijoo


A explicación é a mala xestión do PP e o desvío de fondos públicos cara a sanidade privada. O último e máis grave é a concesión do novo hospital de Vigo. Un saco sen fondo que afecta e penalizará a toda a sanidade pública galega.
Grazas FEIJOO! por deixarnos esta herdanza ruinosa. E atrévese a presumir de bo xestor! Si. Para os seus amigos




Usos públicos-beneficios privados. Os médicos agrupados en Batas Blancas denuncia a cirurxiáns torácicos de A Coruña




O SERGAS só iniciou a investigación destes casos pero podía facelo facilmente con outros. Agora parou o expediente ao xudicializarse o caso.
A falta de vixilancia do goberno Feijoo no uso dos recursos públicos é un lastre económico e impide o acceso igual aos recursos por parte da cidadanía.
De novo a máxima do PP parece que é "non todos somos iguais e non imos facer nada para cambialo".