Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública
Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018
venres, 6 de outubro de 2017
Mobilización na Coruña contra o cambio anunciado polo PP da lei galega de saúde
Presenza nos medios da concentración convocada onte 5 de outubro pola Xunta de Persoal da EOXI da Coruña
Convocatoria na Coruña contra a modificación da Lei de Saúde anunciada polo PP
A Xunta de Persoal da EOXI da Coruña convocou unha concentración o día 5 de outubro para pedir a retirada do anteproxecto de modificación da lei galega de saúde.
SOS Sanidade Pública A Coruña apoiou a concentración.
Nota de prensa de SOS Sanidade Pública
SOS
Sanidade Pública A Coruña apoia a concentración convocada pola
Xunta de Persoal da EOXI A Coruña diante da Xerencia do CHUAC o
xoves 5 de outubro ás 11:30 horas.
O
motivo da concentración é pedir a retirada do anteproxecto de
modificación da Lei de saúde de Galicia.
SOS
Sanidade Pública A Coruña apoia a concentración e súmase á
petición da retirada deste cambio lexislativo porque:
1.
Vai debilitar as posibilidades de participación social e as
opcións de fiscalizar a xestión da Consellaría de Sanidade.
No
caso do Consello Galego de Saúde elimina varias das funcións que
recolle a Lei de saúde dificultando a transparencia e a
fiscalización da xestión:
-
Coñecer e emitir informe sobre o anteproxecto do Plan de saúde e
ser informado da súa avaliación.
-
Coñecer e ser informado dos contratos de servizos sanitarios, dos
concertos e dos programas de
subvencións
así como da avaliación do informe do seguimento relativo a eles.
-
Coñecer e emitir informe sobre o anteproxecto de memoria anual do
Sistema Público de Saúde de Galicia.
2.
Elimina varias áreas sanitarias (Monforte, Salnés, Burela e O
Barco) con funcións de planificación e xestión de comarcas
naturais territorialmente para facelas provinciais en Lugo e Ourense,
centralizando recursos, reducindo accesibilidade e impedindo unha
planificación de servizos adecuada ao territorio. É unha burla que
Feijoo fale de buscar a recuperación demográfica para despois
eliminar áreas sanitarias, reducir servizos sanitarios comarcais e
eliminar centros educativos. Como se vai fixar poboación ao
territorio se se reducen os servizos!. Nestes últimos anos xa se
debilitou aos hospitais comarcais por non aumentar os seus servizos e
deste modo a tendencia será a empeorar.
3.
Confirma a liña política privatizadora do sergas na docencia,
investigación e innovación subordinando as estruturas de
formación e investigación a intereses da industria farmacéutica. A
formación dos profesionais debe ser independente da industria
farmacéutica e tecnolóxica se queremos contar con expertos non
mediatizados polos intereses privados da industria. Tampouco en
investigacioń é o mesmo colaborar ou buscar un impacto dos
resultados da investigación que se realice en Galiza que priorizar
financiamento para liñas de investigación de interese da industria,
tal como se teñen queixado os investigadores. A mextura e confusión
de público e privado ben coñecido por todos na asistencia sanitaria
tamén se vai consolidando na formación dos profesionais sanitarios
e na investigación biomédica galega. Esta modificación lexislativa
avanza neste sentido.
Manifestación en Monforte o 8 de outubro, en defensa da área sanitaria
En Monforte teñen claro que a área sanitaria non pode eliminarse. O PP e Feijoo esqueceron todas as súas promesas.
xoves, 5 de outubro de 2017
O Barco tamén responde a Feijoo e Almuiña cunha manifestación histórica
O Barco celebrou unha manifestación histórica o 30 de setembro en defensa da súa área de saúde e para esixir mellores recursos sanitarios.
Feijoo e Almuiña xa saben agora o que pensa O Barco sobre os seus plans liquidacionistas da sanidade pública.
Publicación do Faro de Vigo:
Puidéronse escoitar eslóganes como:
Sanidade para todos en igualdade
A área sanitaria é moi necesaria
No rural páganse impostos de primeira
Gestión integrada, área roubada
A autoridade, afunde a sanidade
Servicio público e de calidade
O Salnés responde aos plans da Consellaría de Sanidade cunha grande manifestación
O Salnés respondeu con forza, claridade e contundencia ao plans de Feijoo e Almuiña de eliminar a área sanitaria do Salnés, cunha manifestación celebrada o 29 de setembro.
Hai que lembrar que a área sanitaria do Salnés tampouco estaba prevista no primeiro mapa sanitario galego pero as mobilizacións daquela época fixeron que o PP terminase aceptando o Salnés como área de saúde.
Agora o PP reincide con Feijoo e Almuiña de protagonistas e avanzan a eliminación da área sanitaria do Salnés, xunto coas de Monforte, O Barco e a Mariña, previsa no anteproxecto de modificación da lei galega de saúde.
Hai que lembrar que a área sanitaria do Salnés tampouco estaba prevista no primeiro mapa sanitario galego pero as mobilizacións daquela época fixeron que o PP terminase aceptando o Salnés como área de saúde.
Agora o PP reincide con Feijoo e Almuiña de protagonistas e avanzan a eliminación da área sanitaria do Salnés, xunto coas de Monforte, O Barco e a Mariña, previsa no anteproxecto de modificación da lei galega de saúde.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)