Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

domingo, 29 de marzo de 2015

Feijoo pretende xustificar o recorte do cribado neonatal na dubidosa base científica 'que él se atreve a etiquetalo'


Falan de pasar de 40 probas de detección de enfermidades conxénitas a 12 e Feijoo atrévese a dicir que se teñen base científica faranse igualmente.
Pero, que estivemos facendo ata agora? Se as que se facían non tiñan sentido o que haberá que facer é cesar a uns cantos responsables, non si?

Ou será que Feijoo non sabe como disimular o recorte?
Moito descaro.
Ver unha das ligazóns de prensa posibles sobre este asunto:

Programa de cribado de enfermidades conxénitas_El Correo Gallego


Pódese asinar a seguinte petición de CHANGE.ORG sobre as probas de cribado neonatal e a Xunta de Galicia.

Petición en Change.org

sábado, 28 de marzo de 2015

Regalo das CCAA de Madrid e Aragón ás mutuas privadas de Muface

Regalo das CCAA de Madrid e Aragón ás mutuas privadas de Muface

Mentres recortan todo o que poden ao persoal e centros públicos, as CCAA de Madrid e Aragón danlle regalos extra ás mutuas privadas, en concreto ás que teñen o concerto con MUFACE.
Publicouse recientemente no BOE as normas destas CCAA. Pódese ver nas seguintes ligazóns a decisión deste ano e a do ano pasado.



Comentario na lista de distribución de MEDFAM:
 
"El otro día publicaba el BOE resoluciones de prórroga de los conciertos suscritos por Muface-Isfas-Mugeju con 10 Servicios autonómicos de Salud, para que éstos subcontraten y atiendan a los mutualistas adscritos a seguros privados y residentes en zonas rurales, a los efectos de AP y de urgencias en sus localidades de residencia,

pues en dichas localidades los contratistas privados carecen de medios (carencia total de AP ordinaria y urgente en pueblos de menos de 5.000 habitantes y carencia de cobertura de urgencias 24 horas en pueblos de hasta 20.000 habitantes, donde las aseguradoras se suponen cubren la consulta privada)
Los susodichos conciertos rurales son un clásico del modelo, que permite a las CCAA ingresar en torno a 15 €/persona/mes por la AP total y 1,5 € persona/mes por la cobertura urgente, dinero que es detraido por las Mutualidades de la prima abionada a las aseguradoras, e ingresado en las cuentas de las respectivas CCAA
Pues bien, este año pre-electoral no hay novedades en la inmensa mayoría de los nuevos conciertos, salvo en 2 (aragón y Madrid), donde las respectivas CCAA y Mutualidades acuerdan modificar el concierto y eximir a las aseguradoras de pago alguno en concepto de AP rural, que no sea el derivado de la atención urgente (el regalito asciende a unos 2 millones €/año en madrid y otro tanto en aragón), pues dicen que "en este momento no hay necesidad asistencial de asistencia médica ordinaria" en ninguna de dichas localidades.
Cosa que no se lo cree ni el que asó la manteca, pues es evidente que en los centenares de pueblos afectados siguen residiendo mutualistas (18.469 en Madrid y 16.836 en aragón) , y "a las aseguradoras ni están ni se les espera"
En fin, que con contratos y subcontratos así y en vísperas electorales, nuestra colaboración público-privada es todo un "canto a la elegancia social del regalo"

venres, 20 de marzo de 2015

As mobilizacións de SOS Sanidade Pública o 19 de marzo nos xornais

Sermos Galiza

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/milleiros-persoas-saen-ruas-galegas-denunciar-recortes-matan/20150319210538035942.html

Praza Pública

http://praza.gal/movementos-sociais/9049/non-imos-consentir-que-fagan-negocio-coa-nosa-saude/

http://praza.gal/movementos-sociais/9043/sos-sanidade-publica-mobilizase-contra-o-peso-crecente-do-sector-privado-en-galicia/

La Opinión de A Coruña

http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2015/03/19/empleados-chuac-denuncian-colapso-cronico/938680.html

http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2015/03/20/manifestaciones-galicia-defensa-sanidad-publica/938900.html

http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2015/03/20/trabajadores-hospital-coruna-denuncian-colapso/938901.html

http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2015/03/20/feijoo-lamenta-demoras-e-insiste/938899.html

Faro de Vigo

http://www.farodevigo.es/galicia/2015/03/20/sos-sanidade-publica-pide-partidos/1205257.html

En Cangas
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2015/03/20/centenares-personas-recorren-cangas-sanidad/1205474.html

El Progreso

http://elprogreso.galiciae.com/noticia/366676/galicia-alza-la-voz-por-la-defensa-de-la-sanidad-publica

El País

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2015/03/19/galicia/1426803249_272415.html?id_externo_rsoc=whatsapp

Voz de Galicia

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/03/20/centenares-personas-piden-sanidad-publica-gratuita/0003_201503G20P10993.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2015/03/20/urgencias-chuac-limite-visperas-puente/0003_201503H20C19910.htm

No Barco
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2015/03/19/manifestacion-defensa-sanidad-publica-barco/0003_2015031426793334516017.htm

Ourense
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2015/03/20/protestas-contra-recortes-sanidad-servicios-publicos/00031426761951968375369.htm

Pontevedra
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2015/03/20/cientos-personas-salen-calle-favor-sanidad-publica/0003_201503P20C5991.htm

A Mariña
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/burela/2015/03/20/marina-rechaza-calle-haga-negocio-sanidad-publica/0003_201503X20C1995.htm

xoves, 19 de marzo de 2015

Máis de 2000 persoas maniféstanse na Coruña en defensa da sanidade pública

A manifestación convocada por SOS Sanidade Pública na Coruña contou coa participación de máis de 2000 persoas.



No remate da mesma deu lectura José Miñones a un manifesto común para toda Galicia da Plataforma de afectados pola Hepatite C e pechou o acto Nieves Cabalo coa lectura do manifesto de SOS Sanidade Pública.
Os enfermos de hepatite C, o rostro máis visible dos recortes e das políticas suicidas e insensibles do Partido Popular, son un exemplo de como coa mobilización, dando a cara, esixindo os seus dereitos logran en parte os seus obxectivos, o dereito a un tratamento, o dereito en definitiva á esperanza e á vida.
SOS Sanidade Pública esixe o remate dos recortes e das privatizacións e quere que se priorice a saúde das persoas antes que o negocio das empresas amigas. Temos que recuperar os valores fundamentais da sanidade pública: a universalidade, a equidade e a gratuidade na prestación.










mércores, 18 de marzo de 2015

10 PODEROSAS RAZÓNS para participar na manifestación convocada por SOS Sanidade Pública na Coruña



10 PODEROSAS RAZÓNS para participar nas mobilizacións de SOS SANIDADE PÚBLICA O XOVES 19 DE MARZO. Na Coruña a manifestación sae ás 8 da tarde da Casa do Mar. #19M_SOS_Sanidade_Publica

 1. A saúde é o máis importante, dámonos conta cando falta, e as políticas de recortes e privatizacións póñena en perigo
2.     A asistencia sanitaria non é gratuíta. Pagámola entre todos cos nosos impostos. O goberno non nos regala nada, estámola pagando e debemos esixir o noso dereito a unha asistencia de calidade.
3.     A asistencia sanitaria en xeral ten custes altos. Salvo para quen ten moitos cartos a maioría non poderiamos pagar o tratamento dun cancro ou outra enfermidade importante. Precisamos que a sanidade sexa pública, de todos, e forte.
4.     O PP, aos 4 meses de estar gobernando Rajoy, publicou unha norma que restrinxe a asistencia sanitaria só a quen estea ‘asegurado’. Desaparece o dereito á sanidade para todas as persoas. Mañá podes ser ti ou os teus fillos quen quede sen ese dereito.
5.     Os gobernos español e galego negáronlles aos pacientes con hepatite C a posibilidade de curar e frear a súa enfermidade ao non darlles os novos tratamentos. Só cando se moveron na rúa, cando loitaron polos seus dereitos, pola súa vida o goberno reaccionou e aceptou modificar a súa negra política. Mañá podes ser ti tamén con calquera outra enfermidade.
6.     Feijoo está privaitzando silenciosamente o sergas. Mete o negocio na saúde e fai que o primeiro sexan os cartos e o segundo, co que quede, a asistencia sanitaria. É unha perversión.
7.     Desde a chegada de Feijoo ao goberno reducíuse o presuposto sanitario en 460 millóns de euros, que son moitos millóns, e en 2094 traballadores do sergas. Temos que parar esta sangría suicida.
8.     SOS SANIDADE PÚBLICA organiza o xoves 19 en todas as comarcas galegas. É unha oportunidade para que TODA A POBOACIÓN GALEGA UNIDA BERRE MOI FORTE QUE QUERE SANIDADE PÚBLICA, PARA TODOS E DE CALIDADE. A UNIDADE DANOS A FORZA. As actividades programadas son:
Plataforma da Mariña: 20 horas diante do Hospital da Costa
Plataforma de Santiago: Praza do Toural ás 20 horas
Plataforma do Barbanza: Praza do Concello de Ribeira ás 20 horas
Plataforma de Pontevedra: Hospital Provincial ás 20 horas
Plataforma de A Coruña: Saída da Casa do Mar ás 20 horas
Plataforma de Ourense: Ás 11 horas diante da Subdelegación do Goberno (parque de San Lázaro)
Plataforma de Ferrol:  As 19 horas na Praza de Armas
Plataforma de O Barco: Entrada Hospital Comarcal Valdeorras ás 20 horas
Plataforma de Vigo: Praza de España (Os Cabalos) ás 20 horas
Plataforma de Cangas: Concello de Cangas ás 20 horas
Plataforma de Moaña: Ás 18 horas Centro de Saúde de Moaña

9.     SOS SANIDADE PÚBLICA é quen convoca a manifestación da Coruña e o resto de mobilizacións galegas. SOS SANIDADE PÚBLICA é un esforzo de unidade. Non é algo partidario. Todas as persoas e organizaicóns que formamos parte de SOS (asociacións veciñais, de pacientes, culturais, políticas, sindicais) cedemos en algo, aceptamos non ter protagonismo para lograr un obxectivo común: defender e mellorar a sanidade pública. SOS SANIDADE PÚBLICA É DE FIAR. PARTICIPA NAS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS.
10. Non esperes sentado a que os demais nos movamos por ti. MOVÁMONOS TODOS XUNTOS. PARTICIPA O XOVES 19 NA MANIFESTACIÓN DE A CORUÑA CON SAÍDA DA CASA DO MAR ÁS 8 DA TARDE





martes, 17 de marzo de 2015

Información mobilizacións dia 19 de marzo

Plataforma da Mariña: 20 horas diante do Hospital da Costa

Plataforma de Santiago: Praza do Toural ás 20 horas

Plataforma do Barbanza: Praza do Concello de Ribeira ás 20 horas

Plataforma de Pontevedra: Hospital Provincial ás 20 horas

Plataforma de A Coruña: Saída da Casa do Mar ás 20 
horas

Plataforma de Ourense: Ás 11 horas diante da Subdelegación do Goberno (parque de San Lázaro)


Plataforma de Ferrol:  As 19 horas na Praza de Armas

Plataforma de O Barco: Entrada Hospital Comarcal Valdeorras ás 20 horas

Plataforma de Vigo: Praza de España (Os Cabalos) ás 20 horas

Plataforma de Cangas: Concello de Cangas ás 20 horas


Plataforma de Moaña: Ás 18 horas Centro de Saúde de Moaña



O Muro en defensa da sanidade pública na prensa escrita

Voz de Galicia

Nova na Voz de Galicia

A Opinión de A Coruña


Praza Pública


Praza Pública



luns, 16 de marzo de 2015

Máis de cen persoas fixeron un MURO de defensa da sanidade pública diante do ambulatorio do Ventorrillo

A plataforma de defensa e mellora da sanidade pública de A Coruña SOS Sanidade Pública organizaou hoxe un MURO simbólico de defensa da sanidade pública diante do ambulatorio do Ventorrillo.

Escenifocou unha alianza entre pacientes, profesionais e cidadanía en xeral para a creación do MURO de defensa da nosa sanidade pública.
Para que paren os recortes.
Para que paren as privatizacións.
Para que a sanidade sexa universal, para todo o mundo independentemente da clase social ou dos ingresos económicos.
Para que todo o mundo teña dereito ao acceso a tratamentos e probas diagnósticas. Compartiron o muro  persoas da plataforma de afectados pola hepatite C, rostro máis visible dos recortes, que ben saben o que fai falta loitar polo acceso a medicamentos, polo dereito á saúde e, en definitiva, polo dereito á vida.
Lembrámoslle a Feijoo que estamos de garda e que non deixaremos que destrocen máis a sanidade pública.



Fixemos o muro para defender o dereito á saúde. Un MURO imposible de romper a Feijoo e á conselleira de sanidade.

Anunciamos tamén neste acto a celebración duna manifestación o próximo XOVES 19 de marzo en todas as cidades galegas cos lemas
"Os recortes matan"
"Non ao negocio coa saúde"

Na Coruña sairá ás 8 da tarde da Casa do Mar


sábado, 14 de marzo de 2015

O Informe polémico sobre desigualdad e na asistencia sanitaria.

Demitiron 7 membros do consello galego de bioética porque o sergas negábase a publicar un informe sobre desigualdade na asistencia santiaria elaborado por este comité. Esperábamos descrición de situacións conflictivas éticamente, cuantificación do problema, enfermedades ou incluso mortes provocadas. Pero non, ou só enviaron mutilado un breve resumo ou sito e nada é o meso. Aquí está a ligazón ao informe publicado na web do sergas finalmente:


Lese rápido, das 16 follas que parecen ser ao principio o documento queda en 4-5 e este en apenas dous parágrafos.
Neste di que si, que pode haber desigualdade, que hai máis desde a publicación do decreto de Rajoy 16/2012 pero que xa existía antes.
Que espera Feijoo para cesar a unha conselleira que leva tan mal as críticas que non tolera e censura un documento tan suave como este. 
Por outra banda, como é posible que haxa membros do comité que non dimitiran ante a negativa do sergas a publicar este informe. Resulta inaceptable a nula calidade democrática dos nodos directivos sanitarios. A demisión é o mínimo que poden facer.

O PP de Madrid non se oculta como Feijoo. Cifuentes non descarta privatizar a sanidade

Venres 13 de marzo: Debate sobre a hepatite C e política sanitaria na Fábrica, en Oleiros

Participan o Concelleiro de servizos sociais, José Miñones e Nieves Cabalo, da Plataforma de afectados pola Hepatite C e Moncho Veras, da Plataforma SOS Sanidade Pública de A Coruña

xoves, 12 de marzo de 2015

Venres 13, ás 19:30 horas na Fábrica en Oleiros, próxima charla da Plataforma de afectados pola Hepatite C e SOS Sanidade Pública


Solidariedade e indignación durante a charla de SOS e Afectados pola Hepatite C na AAVV de Mesoiro Vello

Nun ambiante moi cordial, con participación dos asistentes á charla, que mostraron indignación e solidaridad así como interese en asistir á manifestación do día 19 de marzo. Que hai que facer para cambiar sito?, dicían os asistentes. O primeiro ir á manifestación do día 19 en defensa da sanidade pública.





Luís García , da asociación de prevención de glaucoma e de SOS, participa na charla da Coruña na semana mundial do glaucoma


SEMANA MUNDIAL DO GLAUCOMA 9-15 MARZO 2015

Acto na sede da ONCE, na  Coruña 12- 5 -2015
Participan: psicóloga da ONCE, Mª Xosé Losada, oftalmólogos M. Cordido e J.A. Saavedra, Luis García, delegado na Coruña da Asociación Galega para a Prevención do Glaucoma (AGG).

Resumo das intervencións:

OFTALMÓLOGOS
(Nesta charla trátase fundamentalmente do chamado glaucoma de ángulo aberto. Menciónanse e máis nada , outros tipos de glaucoma  como o agudo, o conxénito e o traumático).
Definen o glaucoma como un grupo de enfermedades de orixe descoñecida cuxo tratamento hoxe consiste na baixada da tensión intraocular.
Aínda que se utilizan como referencia valores de tensión considerados elevados e con risco de glaucoma, realmente cada persoa ten unha tensión que o seu nervio óptico pode soportar. Esta resistencia individual á presión non é predecible nin obxectivable.
O glaucoma non da síntomas até chegar a estadios moi avanzados da enfermidade, xa que a visión que se comeza a perder é a lateral, conservándose a visión frontal. Pódese ver correctamente de fronte cunha perda moi grande da visión polo lados, da que non nos damos conta.
Tensións por riba dunha cifra predeterminada non quere dicir ter un glaucoma necesariamente.
Non obstante, tensións por baixo deses valores considerados probablemente patolóxicos, tampouco descartan o glaucoma.
Única maneira de diagnosticar o glaucoma: o exame do nervio óptico para saber se hai destrución de células da retina (excavación).
Na Galiza ao ter unha poboación relativamente máis envellecida en termos de promedio que en outras zonas do Estado, a prevalencia do glaucoma é maior. Estímase nun 3 % da poboación. Por riba dos 65 anos a prevalencia pode chegar ó 5%
Pode ser que máis ou menos a metade dos enfermos de glaucoma non saiban que padecen esta doencia. Cando chegan á consulta, aproximadamente, máis dunha terceira parte deles estímase que xa perderon gran parte da visión dun ollo.
Factores de risco importantes: a idade, antecedentes familiares (valúase que a probabilidade de padecer un glaucoma neste caso multiplícase por dez), diabete, alta miopía (“miopía magna”). Nas persoas de raza negra e asiática a prevalencia do glaucoma é maior.
Tratamentos.- Colirios, láser e cirurxía en función da resposta e da evolución de cada un.
A cirurxía do glaucoma considerase unha subespecialidade dentro da oftalmoloxía. Hai escasos oftalmólogos que a practican. Para o diagnóstico a través do exame do nervio óptico, hai xa en maior medida, facultativos/as que o poidan facer.

PSICÓLOGA
A discapacidade por perda severa da visión dunha persoa produce, entre outros efectos, consecuentemente, unha perda de información do medio no que desenvolve a súa vida, conleva importantes limitacións funcionáis na actividade cotiá, inseguridade, perda de autonomía, e, en conxunto, unha problemática que afecta a todo o grupo familiar do enfermo.
En definitiva, córtanse actividades que antes eran automáticas.
Os efectos da perda da vista dependen da situación de partida e da resposta de cada individuo e, tamén, das súas características psicolóxicas e redes de apoio das que dispoña.
O paciente, xa con diagnóstico e tratamento por glaucoma, mantén unha constante incerteza sobre o que pode pasar mañán. Unha actitude que podería ser a de pensar que, en calquera momento, póde perder a vista totalmente.
Lema: COÑÉCETE, ACÉPTATE E SUPÉRATE.

DELEGADO AGG NA CORUÑA
Falta un programa público de detección precoz do glaucoma na Galiza.
O SERGAS non cumple axeitadamente os seus deberes a este respecto para disminuir significativamente o risco de agravamento desta patoloxía.
Nestes momentos, o diagnóstico inicial do glaucoma está cheo de incertezas. Ten moito que ver coa a casualidade e a boa sorte. Por exemplo a visita ó oculista por revisións rutinarias (na privada fundamentalmnte) o por outro problema diferente que dea sintomatoloxía, cataratas, conxuntivite, problemas nos lacrimais, etc., etc.
Segundo as nosas noticias, salvo erro, na Coruña os centros de saúde de primaria dispoñen de dous retinógrafos en toda a área sanitaria e outro en Carballo. O retinógrafo é un aparello que obtén unha imaxe do nervio óptico que examina o médico de familia e pode confirmar o oftalmólogo/a no Servizo de Oftalmoloxía correspondente.
O tempo do médico é limitado. Isto, engadido á previsible non utilización dun retinógrafo, e a posible falta de datos sobre antecedentes familiares, compoñen unha situación de moita vulnerabilidade para os enfermos de glaucoma.
Durante o tempo que se agarda até chegar ó especialista en oftalmoloxía, ó estar sen tratamento, pódese agravar a enfermidade.
( Fonte: lista de espera estrutural en oftalmoloxía a decembro 2014: www.sergas.es)
Primeiras consultas até tres meses, 3.942 persoas sobre 4.157 (un 94,8%). Resto até seis meses 5,2%
Cirurxía, até tres meses, 1.484 sobre 2.210 (67,2%). Resto, entre 3 meses e un ano un 32,8%
As chamadas “axendas pechadas” non computan como espera, resultando unha crara manipulación mediática da realidade por parte da administración sanitaria.
Os retrasos na atención oftalmolóxica, incentivan a utilización da rede privada para aquelas persoas que dispoñan dos suficintes medios económicos, situación cada vez menos probable nun contexto de importantísima crise económica e de falta de equidade na asignación de recursos públicos.
Tratouse tamén o problema da transparencia na acreditación da  subespecialidade do glaucoma. Na privada descoñécese, agás as grandes clínicas. Na pública non hai unidades de glaucoma dabondo, senón oftalmólog@s que se adican dun xeito particularmente intenso a esta patoloxía que, segundo os especialistas, supón unha cirurxía complexa.
Reivindicacións da Asociación Galega para a Prevención do Glaucoma:

  1. A)    Intervir a tempo en tódolos casos de glaucoma. (redución e transparencia das listas de espera).
  2. B)    Atención por parte de profesionáis formados para tratar o glaucoma
  3. C)    Acceso á atención oftalmolóxica na Sanidade Pública dos pacientes que o precisen. A situación económica non pode ser unha limitación á hora de recibir o tratamento máis eficaz.