A Plataforma polo dereito ao aborto, na que participa SOS Sanidade Pública, convocou esta tarde ás 20 horas unha concentración diante da sede do PP pola reforma que pretende facer da lei.
Texto lido ao remate da concentración:
Texto lido ao remate da concentración:
Boa
tarde! obrigadas no nome da Plataforma
local da Coruña polo dereito ao aborto
por acudir a este acto. Estamos diante da sede do PP, logo de que o
goberno do Partido Popular materializase o abandono do proxecto de
reforma integral da lei do aborto, poñendo en marcha de xeito
apresurado, a través dunha proposición de lei orgánica o cambio
dun único artigo, o referido ao permiso paterno para as mulleres de
entre 16 e 18 anos, obrigándoas a ter o consentimento d@s
proxenitor@s.
Tras
anunciar o pasado setembro, que aparcaba o proxecto de reforma
integral (lembremos que a lei vixente está pendente de que o
Tribunal Constitucional falle o recurso que presentou o PP hai preto
de 5 anos, cando estaba na oposición), o que pretendía mudar o
modelo de lei de prazos por una lei de supostos restritivos, e que
lle costou a dimisión a Alberto Ruiz-Gallardón como ministro de
Xustiza, o PP optou por non facelo no marco dunha lei ordinaria de
axuda á familia, tal e como tiña anunciado. Deste xeito axiliza os
trámites de informes de distintas institucións, para que poida
estar en vigor en abril.
O
recente anuncio por parte do Goberno do Partido Popular é un ataque
aos dereitos das mulleres máis novas, unha reforma eleitoralista e
ideolóxica, por parte de quen ten a responsabilidade de garantir os
dereitos á cidadanía, tanto os civís, como os culturais, os
sexuais e os reprodutivos, non de restrinxilos. Pode supoñer que as
mozas en situacións de vulnerabilidade teñan que optar pola
clandestinidade, coas consecuencias que isto pode ter para a súa
saúde.
Non
deixa de ser curioso que se lles desposúa da capacidade de decidir
sobre os seus corpos, que se lles suprima a posibilidade de que
poidan prestar o consentimento a que lles practiquen un aborto, cando
non o requiren do seu consentimento para outro tipo de situacións:
-
Poden manter relacións sexuais a partires dos 13 anos
-
Teñen responsabilidade penal desde os 14 anos
-
Poden facer testamento desde os 14 anos
-
Poden contraer matrimonio se están emancipadas desde os 14 anos (con
dispensa do/a xuíz/a)
-
Poden conducir un ciclomotor a partires dos 15
-
Deciden se queren someterse a operacións cirúrxicas e a tratamentos
médicos ou farmacolóxicos agresivos a partires dos 16 anos
-
Poden traballar a partires dos 16 anos
-
Poden mercar fármacos sen receita a partires dos 16 anos (e tamén a
pílula postcoital)
-
Poden traballar
As
feministas organizadas na Plataforma da Coruña polo dereito ao
aborto, consideramos que non se pode permitir outro ataque máis do
Partido Popular, quen segue a facer concesións á ultradereita e á
xerarquía da igrexa, na contra dos dereitos sociais, sexuais e
reprodutivos das mulleres. As mulleres temos dereito a decidir sobre
a nosa sexualidade, sobre os nosos corpos, e sobre a nosa
maternidade, con independencia de cal sexa a nosa idade. Non imos
deixar as rúas. Seguiremos loitando até que retiren a reforma. Por
iso convidámosvos a que participedes activamente na manifestación
unitaria do feminismo galego que percorrerá as rúas de Compostela o
vindeiro 8 de marzo, ás 12 horas na estación do tren.
- OS DO PP, SAÍDE DA COVA, AS VOSAS FILLAS TAMÉN ABORTAN
-ABORTO LEGAL, NUN HOSPITAL
-CONTRA A REGRESIÓN FASCISTA, LOITA FEMINISTA
-PARIR NON É DA VOSA COMPETENCIA
-NON IMOS PERMITIR QUE AS POÑADES A PARIR
- É A NOSA DECISIÓN, NON A VOSA IMPOSICIÓN
- SEXUALIDADE NON É MATERNIDADE, PARIR NON É O DESTINO DA MULLER
- NIN CONSENTIMENTO,NIN SOMETEMENTO
- ILEGALIZAR, ILEGALIZAR AO PARTIDO POPULAR, ILEGALIZAR AO PP, POR FASCISTA E PATRIARCAL
- NÓS DECIDIMOS, AS MOZAS TAMÉN
Podes
contactar con nós na páxina de facebook: Plataforma A Coruña polo
dereito ao aborto ou do gmail: pgdacorunha@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario