Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

venres, 19 de xuño de 2015

Arteixo continúa. A Plataforma que reivindica a vacina da meninxite organiza novas mobilizacións


A PLATAFORMA que reivindica a vacina da meninxite B accesible e pública para todos NON VAI ABANDOAR. Mañá venres 19 van facer unha sentada reivindicativa diante do colexio con bonecos e farán unha representación da realidade (bonecos que non poden acceder á vacina e outras que non teñen problema ningún, van por ela, pagan e listo).
E en setembro van organizar unhas Xornadas sobre a vacinación.



Hoxe, 18 de xuño, organizaron un acto no Centro Cívico de Arteixo no que non quixo participar o PP. Si estiveron presentes o Dr Velo, pediatra de Carballo, e María Jesús Vigo, farmacéutica do CIMF, por unha banda e tamén representantes dos grupos políticos BNG (Paco Jorquera), AGE (Eva Solla) e PSOE (Carmen Acuña).
Presentaron o acto os representantes da Plataforma de Arteixo Javier Hermo e Mar Golpe.
Os participantes solicitaron a inclusión da vacina no calendario público para todos.
Os expertos recomendaron que hai que coidar a cadea de frío (entre 2 e 8º) para que a vacina non se inactive na viaxe, advertindo ás persoas que están indo a Portugal a mercala.
Desde a parte política lembráronse as palabras de Feijoo antes das eleccións 'intercedendo' ante o Ministerio para que estea dispoñible na farmacia.
Feijoo non pode incluíla no calendario porque esa é unha competencia do Ministerio pero si pode facer un estudo piloto en Galiza e dese modo facer participar a toda a infancia no mesmo, igual que se fixo coa do neumococo, e que na prácica supuxo a vacinación sistemática a toda a poboación. Pero Feijoo, despois de pasar as eleccións, cala.

Ningún comentario:

Publicar un comentario