Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

sábado, 11 de xullo de 2015

Manifestación en Arteixo. Pedindo a vacina da meninxite B

SOS Sanidade Pública apoiou e participou a manifestación convocada o 11 de xullo pola Plataforma de ciudadanos por la salud.
A manifestación baixou pola rúa peatonal do Balneario, facendo parada e un minuto de silencio diante da casa da muller morta pola meninxite B.
Finalmente falaron plataformas convidadas (afectados pola hepatite C, SOS sanidade pública e coordinadora antiprivatización), leuse un manifesto da convocante Plataforma de ciudadanos por la salud e houbo unha solta de globos cos nomes de ANXO, CHUS e VACUNA XA.


Moncho Veras, en calidade de portavoz de SOS Sanidade Pública, dixo as seguintes palabras: 


"SOS SANIDADE PÚBLICA apoia e agradece á Plataforma de ciudadanos por la salud por manter esta loita en defensa da sanidade pública, para conseguir para todos que a vacina da meninxite B estea no calendario e sexa accesible e gratuíta para todos. A estas mobilizacións nos obrigan tanto Rajoy como Feijoo.


Por que Que fixo o goberno de Rajoy estes anos? Él di que nos está SALVANDO, que grazas a él e ao seu goberno XA estamos mellor que antes, di que as súas políticas son as mellores


RAJOY nada máis chegar ao goberno:


- perdeuse a universalización da sanidade. Xa non é un sistema para todos. Cerca de nós é fácil encontrar xente que non ten seguro. Grazas Rajoy por salvarnos.

- puxo o copago polos medicamentos. Non lle importa que haxa xente que deixa de usalos por non poder pagalos. Grazas Rajoy por salvarnos.

- aumentou o copago polas próteses. Quería poñer copago por ambulancias aínda que conseguimos paralo. Grazas Rajoy por salvarnos.

- liquidou o sistema de dependencia. Grazas Rajoy por salvarnos.

- ao mesmo tempo o seu partido non parou de privatizar o que puido da sanidade pública en todas as CCAA nas que gobernou.


E FEIJOO, alumno aplicado destoutro elemento, que fixo?


Pois


- Entre o ano 2009 e o 2014 baixou o presuposto de sanidade 465 millóns de euros. No Estado baixou un 10%. Aquí baixou un 12,30%

- No mesmo período de 2009 a 2014 perdemos 2100 traballadores no SERGAS, o 6% do persoal.

- Privatizou o que puido: o novo hospital de Vigo, mantemento, tecnoloxía, historia clínica, e todo o que vedes nun hospital que non teña bata blanca. Aquí tamén quería privatizar o centro de saúde de Vilarrodrís.
E así unha cousa tras outra.
Grazas a estes maravillosos xestores agora temos máis listas de espera, un sistema sanitario con menos recursos e persoas enfermas como os afectados pola hepatite C tiveron que saír á rúa para conseguir un medicamento que lles salvase a vida, nada máis e nada menos. Estamos falando da súa vida.

 

E grazas a estes maravillosos xestores as familias tiveron que recorrer moitos kilómetros para conseguir unha vacina da meninxite B, alarmados ante as mortes dos seus veciños ou amigos.
Antes das eleccións municipais tanto Feijoo como Calvelo, o Alcalde de Arteixo, puxéronse detrás da pancarta par pedirlle ao Ministerio que permitise a dispensación en oficinas de farmacia, que fose accesible, pero despois das eleccións DESAPARECERON. ONDE ESTÁS CALVELO QUE NON SE TE VE? ONDE ESTÁS? XA NON PRECISAS POÑERTE DETRÁS DA PANCARTA COA XENTE DO TEU POBO?
Ademais son uns incompetentes: a última foi que pechan camas no hospital, máis de 200, mentras se colapsa urxencias.
Non, Grazas pero non nos salvedes máis.
Agora imos salvarnos nós de vós. Temos que vacinarnos para que non nos poidades facer máis dano por unha longa temporada. E temos a vacina: O noso voto.
Así que, para defender os nosos dereitos, para defender a saúde de todos temos que largar canto antes a esta tropa moi lonxe de nós.

ADIANTE!

PARA QUE NOS ESCOITEN!


 A MANTER A LOITA!"

Ningún comentario:

Publicar un comentario