Os recortes do PP foron fundamentalmente en:
- redución de persoal
- gasto farmacéutico (con redución de prezos pero tamén con copago e deixar de financiar medicamentos)
- restrición de acceso á poboación máis vulnerable e fráxil
- redución de prestacións asistenciais tamén cos colectivos máis indefensos, como pode ser saúde mental ou a muller en xeral.
Non se cubriron xubilacións, non se creou unha praza nova. Agora van abrir tres centros de saúde na nosa comarca (Temple, Portazgo e Vilarrodrís) e non vai aumentar a plantilla real en ningunha praza. Parece que vai aumentar no Temple 1 médico pero vai ser unha praza que van levar doutro centro de saúde. Ou sexa: tres centros novos e 0 prazas novas.
Recientemente quixeron poñer en marcha un cambio nas gardas médicas hospitalarias que consistía en que o Hospital de Oza quedase cuberto só con 1 MIR. Este plan quedou aparcado debido á resistencia dos profesionais pero iso era o que quería facer esta Xerencia. 1 MIR a cargo dun hospital! Alguén ve isto racional?
A realidade é que a perda de persoal está deixando na precariedade extrema varias unidades (neurocirurxía, neuroloxía, neumoloxía, infecciosos, urxencias, farmacia, laboratorios, radioloxía, cociña, Oza, centro de saúde de Ventorrillo, Matogrande, Culleredo, Cambre, Arteixo,...
A falta de persoal repercute directamente na asistencia sanitaria tanto na súa calidade como na súa accesibilidade e aí se ven as listas de espera, incluso en atención primaria.
SOS Sanidade Pública pide o apoio para esta concentración convocada pola Xunta de Persoal. Motivos sobran.
Un saúdo
Ningún comentario:
Publicar un comentario