A Rede Galega polo Dereito á Saúde, da que forman parte
SOS Sanidade Pública, Agamfec, Amnistía Internacional, Asociación
Galega para a Defensa da Sanidade Pública, Médicos do Mundo e Foro Galego de Inmigración
Farase unha recollida de sinaturas entre profesionais sanitarios e pedirase a aprobación dunha moción nos Concellos e Deputacións.
Manifesto da Rede Galega polo Dereito á Saúde
MANIFESTO
DAS/OS TRABALLADORAS/ES DA SANIDADE PÚBLICA GALEGA POLA DEROGACION
DO REAL DECRETO LEI 16/2102
As/os
traballadoras/es da sanidade pública galega, que firmamos este
documento queremos expoñer o seguinte:
1.- Rexeitamos o “Real
Decreto Lei 16/2012 de 20 de abril, de “medidas urxentes para
garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar
a calidade e seguridade das súas prestacións”,
por que acabou coa Universalidade da Atención de Saúde e puxo
barreiras para acceder á asistencia, a unha parte da poboación,
especialmente para a que ten máis problemas económicos, que empeza
a ser maioritaria como consecuencia da crise.
2.- Non aceptamos que o dereito á asistencia
sanitaria se fundamente na cotización
laboral por que isto supón:
-
A exclusión de inmigrantes en situación administrativa irregular, mozos e mozas, que nunca accederon ao traballo, parad@s de longa duración ou emigrantes españois retornad@s do estranxeiro.
-
A fragmentación da Carteira de Servizos, para introducir novos copagos.
-
A modificación da prestación farmacéutica, para ampliar o copago e estendelo @s pensionistas.
3.- Este Decreto, vulnera
os códigos deontolóxicos das/os profesionais da sanidade,
e condiciona a nosa actividade profesional, obrigándonos a rexeitar,
por motivos burocráticos, a persoas doentes que acoden en demanda de
asistencia, aos centros e servizos onde traballamos.
4.- Consideramos inaceptable a
redución de gasto, como fundamento
para estes cambios, sobre todo cando o aforro das medidas foi mínimo
e xerou un sufrimento importante, especialmente a pensionistas, xente
xoven e inmigrantes.
5.- Por todo iso, e ante o temor de que o novo
goberno desenvolva todos os contidos pendentes do RD, esiximos
a súa retirada e a posta en marcha
de medidas de racionalización do Sistema Sanitario Público,
baseadas en mellorar a eficiencia, en promocionar a saúde e a
prevención da enfermidade con base na evidencia científica, en
buscar a redución de gastos innecesarios e irracionais, e a
implicación profesional e social na xestión do sistema sanitario.
DATA:
Por
todo o exposto e por ser de xustiza,asinamos o presente escrito, para
poder ter a forza suficiente para conseguir a Derogación do Real
Decreto.
Promoven: Asociación
Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, Médicos do Mundo Galicia,
Foro da Inmigración, Amnistía Internacional, Plataforma SOS
Sanidade Pública e Asociación Galega para a Defensa da Sanidade
Pública
Ningún comentario:
Publicar un comentario