Esta mañá dia 4 de agosto a 
Plataforma de Afectados dás Preferentes en Galicia farán unha donación de 1.000 euros á Plataforma SOS Sanidade Pública e a outras tres plataformas máis como a
Asociación de Amigos do pobo Saharaui, a Plataforma de Afectados pola Hepatite C
e a ONG Médicos do Mundo. O acto farase este xoves 4 de agosto ás 11.15 na Praza 8 de marzo (entrada rúa de San Pedro) de Santiago de Compostela .
Esta 
donación supón, unha mostra de xenerosidade e solidariedade con 
organizacións que representan a afectados polos recortes da políticas 
neoliberais do Goberno de Mariano Rajoy e Núñez Feijoo:
 Afectados por enfermidades graves aos que se regatean tratamentos polo 
seu elevado custo; organizacións que apoian a refuxiados por políticas 
xeoestratéxicas (como é o caso do Pobo Saharaui que leva anos esperando 
no deserto arxelino, en condicións durísimas,
 o cumprimento das resolucións da ONU para recuperar o seu territorio e a
 súa dignidade); ou que traballan con grupos de poboación excluída ou 
marxinada (no Estado Español ou en países en desenvolvemento) como a ONG
 Médicos do Mundo.
Todas estas organizacións teñen en común:
- A vontade de mobilizar a sectores afectados polas políticas de recortes de dereitos, como a saúde, postas en práctica polos gobernos do Partido Popular (fiel seguidor dos dogmas neoliberais)
- Poñer en marcha estratexias de loita social, capaces de conseguir avances na consecución dos seus obxectivos.
 
A 
mobilización da Plataforma de Afectados pola Hepatite C, obrigou o 
Ministerio de Sanidade a tratar aos enfermos máis graves, pese a que o 
Goberno acordou coa multinacional GILEAD que comercializa
 o medicamento (Sovaldi) un prezo que supera os 30.000 euros por 
tratamento (cando podería facelo por menos de 200 si seguise as 
políticas dos gobernos de Egipto ou a India que non recoñecen a 
patente).
Médicos 
do Mundo, en colaboración con SOS Sanidade Pública, Foro da Inmigración,
 Sociedade Galega de Medicina Familiar e Comunitaria e Amnistía 
internacional de Galicia, obrigaron á Consellería
 de Sanidade a poñer en marcha un programa para atender aos inmigrantes 
sen papeis excluídos da atención sanitaria polo Real Decreto 16/2012 
(que aínda que parcial e insuficiente aliviou o sufrimentos deste 
colectivo).
A 
Asociación de Amigos do Pobo Saharaui leva anos traendo a nenos dese 
país a pasar unhas semanas de descaso con familias galegas, que ademais 
de aliviar as penalidades dos nenos do deserto mantén
 viva na saciedade galega a necesidade de apoiar a este pobo excluído 
polos gobernos de Marruecos e de España (que ignoran as resolucións das 
Nacións Unidas de celebrar un Referendo de Autodeterminación).
A 
Plataforma SOS Sanidade Pública leva anos opoñéndose á privatización e 
desmantelamento do Sistema Sanitario Público Galego con grandes 
mobilizacións en todas as áreas sanitarias. Entre o seu
 logros esta a reintegración dos Hospitais-Fundacións Sanitarias ao 
sistema público ou a paralización do proxecto de Hospital Montecarrasco 
de Pontevedra financiamento e xestión privada (substituído pola 
ampliación do hospital público Montecelo)
A propia
 Plataforma de Afectados dás Preferentes tras numerosas mobilizacións e 
iniciativas legais foi capaz de recuperar gran parte do diñeiro estafado
 polos bancos.
Estes 
éxitos destas organizacións demostra que a organización e mobilización 
dos colectivos afectados polas políticas neoliberais dos gobernos do PP 
(aplicado discípulo na aplicación dos ditados
 dos fondos de investimento, bancos, multinacionais e burócratas da 
Unión Europea, Fondo Monetario Internacional e Banco Mundial), poden 
facer fronte con éxito ás mesmas.
Este 
acordo debería servir para abrir espazos de alianza e colaboración ás 
organizacións sociais que loitan polos seus dereitos, que son os 
dereitos de todos.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública 
3/8/2016


 
Ningún comentario:
Publicar un comentario