Imaxe do premio
Achegamos unha breve historia de SOS Sanidade Pública:
A Plataforma de defensa da
sanidade pública galega é un movemento que agrupa a partidos
políticos, centrais sindicais, asociacións de veciños, asociación
culturais, asociacións de pacientes e ONGs, cun ámbito galego e
comarcal (con plataformas na Coruña, Ferrol, Santiago, Barbanza,
Pontevedra, Vigo, Morrazo, A Mariña, Lugo, Monforte, Ourense e
Valdeorras).
É o movemento europeo máis
potente e con maior duración no tempo de oposición á privatización
sanitaria e de defensa da sanidade pública. Antes da famosa marea
blanca madrileña de oposición ás políticas do PP madrileño xa
levaba tempo SOS manifestándose e acumulando forzas contra as
políticas de Feijoo. As mobilizacións cidadás galegas máis
potentes, despois de Nunca Máis, foron as protagonizadas por SOS
Sanidade Pública, aliada en algunha delas coa xunta de persoal da
área sanitaria respectiva. En ningún sector galego existe un
movemento unitario como na sanidade, como o formado arredor de SOS.
Aínda que existían
plataformas comarcais e a asociación galega de defensa da sanidade
pública, é certo que o movemento sumou forza e apareceu coa marca
SOS SANIDADE PÚBLICA coa chegada de Feijoo no 2009 e as ameazas de
privatización do Partido Popular.
Os éxitos de SOS son
numerosos xa que mantivo unha tensión informativa e de acción
constante, con charlas ao longo de todo o país, de modo coordinado e
sobre os temas de interese do momento, con mobilizacións ás veces
comarcais como a de Monforte, que paralizou a perda da área
sanitaria de Monforte, a de Lugo coa esixencia de servizos de
hemodinámica e radioterapia para o novo hospital, que agora hai
grazas a estas mobilizacións, a de Barbanza que impedíu a
privatización da diálise no hospital, a de Pontevedra que provocou
a paralización da concesión do hospital tipo PFI de Monte Carrasco
ou a de Vigo e Morrazo, cunha oposición teimuda e manifestacións de
decenas de miles de persoas, a última de duascentas mil persoas e
que provocou o cese da conselleira de sanidade. E mobilizacións
xerais como a primeira manifestación en Santiago do 21 de novembro
de 2010 con vintecinco mil persoas de todas as cores e idades
berrando a favor da sanidade pública e como a que supuxo a
paralización do proxecto do partido popular de xestión clínica,
que permitiría iniciar a privatización futura de diferentes
servizos, os máis rendibles, en cada área sanitaria.
Ademais as plataformas
comarcais organizaron mobilizacións propias e coordinadas en
repetidas ocasións así como a recollida de sinaturas para unha
iniciativa lexislativa popular de protección da sanidade pública.
Liñas de actuación recientes
son debates como o da Morte Digna ou as accións en defensa da
universalidade sanitaria en colaboración con Médicos del Mundo e
Amnistía Internacional, a colaboración co Movemento Galego de
Defensa da Saúde Mental ou a iniciativa coruñesa de creación do
Consello Local de Saúde.
SOS Sanidade Pública é xa
patrimonio público desta terra, unha entidade a protexer e na que o
maior valor é o coidado e mimo que poñen todas as organizacións e
persoas participantes, por enriba de loitas partidarias ou sindicais
ou territoriais, en preservala como plataforma común de acción en
defensa da sanidade pública, un espazo común de encontro na
redución das desigualdades.
Tira de Pinto e Chinto publicada o 22 de
novembro de 2010 na Voz de Galicia, despois da manifestación de SOS
o 21 de novembro.
Xosé Carrillo, responsable comarcal de UGT Coruña-Cee
Isabel Lema, secretaria de igualdade da Unión intercomarcal UGT Coruña-Cee
Imaxes de SOS Sanidade Pública e UGT na recollida do premio
Moncho Veras, agradecendo a entrega do premio en representación de
SOS Sanidade Pública
BON DIAson Bibiana de acofifa e un premeio ven merecido poro voso traballo de verdad que me alegro moito seguide con esa actitude sa non polo premio sinon que fai falta sente coma vos
ResponderEliminar