Concentración convocada pola comisión de centro do CHUAC
Concentracións nos centros de saúde de A Coruña
Nota de prensa de SOS Sanidade Pública A Coruña
SOS Sanidade
Pública de A Coruña apoia a concentración convocada para mañá
mércores 23 ás 11:30 horas pola comisión de centro do CHUAC na
rotonda diante do hospital así como os paros de cinco minutos que se
van realizar en diferentes centros de atención primaria ás 12
horas.
A comisión de centro usará como lema da concentración Pola
dignidade na asistencia sanitaria. Desde SOS Sanidade Pública,
como plataforma cidadá, queremos engadir e pola seguridade
de todos.
Os recortes aos que o PP somete á
sanidade pública son moi preocupantes. A información da morte dun
paciente na sala de espera do PAC de A Estrada un día que o sergas
deixou o dispositivo
cun médico menos do habitual, a denuncia á fiscalía da morte dunha
persoa no servizo de urxencias no Hospital de Santiago, a denuncia á
fiscalía persentada no 2014
pola Xunta de Persoal en relación co servizo de urxencias e que foi
desestimada por non haber naquel momento relacións de causa-efecto
con vítimas pero na que o fiscal si advertía da necesidade de
corrixir deficiencias estruturais do mesmo.
A denuncia
da Xunta de Persoal no 2014 dicía o seguinte: “Os traballadores
deste servizo (de urxencias) e os órganos de representación
sindical manifestaron por distintas vías e dende o momento inicial :
“a inadecuación da
estrutura -de urxencias- e da organización funcional para realizar a
asistencia sanitaria con seguridade para os pacientes”.
Esta situación que se prolonga ano a ano e da que parece que sempre
dicimos o mesmo non pode ocultar a realidade da sobrecarga laboral
que supón ter os servizos cunha carga superior á prevista e para a
que non hai persoal suficiente.
Mentres o sergas aplica as tesoiras no presuposto de persoal non ten
problema en dispoñer de 97,5 millóns de euros nun contrato de catro
anos cos hospitais privados da nosa cidade.
No lugar de reforzar a
sanidade pública parece que a dirección non ten problema en
financiar a sanidade privada.
A realidade é que
as plantas de hospitalización e o servizo de urxencias do hospital
están saturados estruturalmente con sobreocupación de camas e
invasión de pasillos con camillas, e
a atención primaria está farta da sobrecarga crónica e está
iniciando mobilizacións.
As
listas de espera en atención primaria na nosa área de saúde
provocan sobrecarga nas urxencias tanto nos Puntos de Atención
Continuada como nas urxencias hospitalarias. A gripe é a gota que
rebasa. Pero o problema da falta de recursos é estrutural.
Esiximos a Feijoo e ao Partido Popular que prioricen o
investimento nos recursos propios da sanidade pública, non para
derivar aos centros privados senón para poder recibir un servizo
sanitario coa garantía de seguridade suficiente, a que debemos ter
como cidadás.
Ningún comentario:
Publicar un comentario