Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

mércores, 11 de febreiro de 2015

Charla informativa de SOS Sanidade Pública e a Plataforma de Hepatite C na Biblioteca Veciñal de Montealto

O DÍA DESPOIS DA INSENSIBLE, PENOSA E VERGONZOSA EXPULSIÓN POR PARTE DO PP DOS PACIENTES CON HEPATITE C DO PARLAMENTO GALEGO


A Plataforma de afectados pola Hepatite C e SOS Sanidade Pública A Coruña participan nunha charla informativa sobre a hepatite C e a sanidade pública galega o xoves 12 de febreiro ás 19,30 horas.
Organiza o acto a AAVV de Montealto e celebrarase na Biblioteca Veciñal de Montealto, no Campo de Marte.


martes, 3 de febreiro de 2015

Charla informativa no Fórum sobre a sanidade galega e a hepatite C

Nieves Cabalo e Elena Rivas, pola plataforma de afectados de hepatite C e Ramón Veras, por SOS Sanidade Pública, participaron na charla informativa sobre a sanidade galega organizada pola AAVV A Gaiteira-Os Castros-Oza e celebrada o 2 de febreiro no Fórum metropolitano.



A reivindicacións son o acceso aos novos tratamentos para todos os pacientes de hepatite C, sempre cunha priorización por gravidade, e a necesidade de transparencia na xestión dos casos. A plataforma quere saber cantos pacientes están en tratamento, criterios utilizados para a súa aprobación, cales e por que son rexeitados, cantos están esperando desoís da prescripción do médico. En definitiva: acceso e gestión transparente dos novos medicamentos.



SOS Sanidade Pública pon diante a saúde dos pacientes que o negocio de ninguén. Esixe do goberno unha solución para todos os pacientes, con prazos adecuados para as diferentes situacións dos pacientes, ou sexa, cunha priorización por gravidade e considera que o financiamento é responsabilidade do goberno. Este pode negociar directamente co laboratorio ou negociar cunha unidade de acción europea ou declarar o medicamento sofosbuvir como imprescindible para a sanidade pública e converter este fármaco en xenérico. Sempre a saúde antes que o negocio.
Por outra parte isto contrasta coa política de privatizacións, recortes de orzamentos e de persoal que sofre a sanidade pública co PP, Rajoy en Madrid, Feijoo en Galiza.



mércores, 28 de xaneiro de 2015

Nota de prensa de apoio aos afectados pola hepatite C



A Plataforma de defensa e mellora da sanidade pública de A Coruña SOS Sanidade Pública apoia aos pacientes con infección do virus da hepatite C no seu obxectivo de poder acceder aos novos tratamentos. SOS Sanidade Pública pide á cidadanía que faga súa a reivindicación dos afectados pola hepatite porque non podemos permitir que o negocio da industria farmacéutica e o abuso e despotismo dos nosos gobernantes impidan aos pacientes a posibilidade de curarse.

Estamos falando dunha enfermidade que pode acabar en cirrose e hepatocarcinoma e hai agora tratamentos curativos nun 90-95%, e con poucos efectos secundarios. Non falamos neste momento de benestar ou de calidade de vida. Falamos de vida e morte de pacientes que están ao noso carón e dun goberno, o galego e o español, que recortan e negan tratamentos cunha frialdade propia de psicópatas.

A hepatite C está provocando arredor de catro mil mortes ao ano en España, entre 10 e 15 cada día, e podemos contar cunha prevalencia do 1,7% da poboación galega. Son moitos miles de persoas os afectados pola hepatite C. Ata a aparición dos novos fámacos a medicina só podía ofrecer a estes pacientes tratamentos máis inseguros e menos eficaces e, se o tratamento fracasaba, só quedaba o transplante hepático. Neste momento existe a posibilidade de curar á maior parte dos afectados e practicamente erradicar a enfermidade.

O discurso do goberno e da conselleira de sanidade é falso. Minten cando din que darán o tratamento aos pacientes a quen llo prescriban os médicos. A realidade é que o propio goberno ditou normas que impiden aos médicos dar o tratamento a moitos pacientes e os que entran nos criterios do goberno teñen mil trabas burocráticas para poder acceder ao mesmo. Hai pacientes aos que se lles podería dar estes fármacos segundo os criterios gubernamentais que recibiron a prescrición dos facultativos en outubro e aínda a día de hoxe non o recibiron e algúns nin saben se o van recibir. Demasiadas falsedades. Demasiado cinismo. Resulta increíble o discurso do goberno de Feijoo.

Un tratamento que cura unha enfermidade ten que ser accesible a todos os pacientes na sanidade pública. O que agora pasa e pase coa hepatite C ocorrerá cos futuros tratamentos do cancro ou doutras infeccións. A loita da plataforma da hepatite C é a nosa loita, a loita de todos en defensa da sanidade pública, en defensa da saúde. En defensa da vida.


Ramón Veras Castro, en representación da Plataforma SOS Sanidade Pública de A Coruña (696394788)

sábado, 20 de decembro de 2014

You have no mandate to destroy OUR NHS

This has appeared on Clifton Suspension bridge near Bristol

Teremos que facer como os ingleses. Lembrar o Sistema Público de Saúde desde as pontes.