Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

luns, 28 de xaneiro de 2019

O COF volve estar en perigo

O Sergas parece que ten decidido eliminar os Centros de Orientación Familiar desta área sanitaria. É un problema de como se pensa debe ser a atención á saúde sexual e reprodutiva das mulleres, se se pensa que basta cunha exploración xinecolóxica ou se se pensa que a atención debe ser integral, incluíndo atención psicolóxica e da traballadora social, como estaba ata agora o COF de Orillamar.
Queda 1 xinecóloga pero o sergas ameaza con non cubrir a xubilación dun xinecólogo o próximo marzo.

Ver ligazón á páxina do Concello:



O goberno municipal da Coruña demanda á Xunta de Galicia que dote ao Centro de Planeamento Familiar de Orillamar (COF) dos medios persoais necesarios que garantan un servizo de calidade para a veciñanza no espazo de referencia na atención á saúde afectiva e sexual da cidade. Segundo a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, o centro da rúa Tui, que desenvolve a súa actividade xestionado pola administración local a través dun convenio que esta mantén co Servizo Galego de Saúde, atópase nunha situación que define como "problemática" debido á xestión de persoal realizada polo SERGAS, "que non dota ao espazo dos medios e recursos que precisa para poder ofrecer un servizo tan específico como é o do COF".
"A situación é alarmante. O vindeiro mes de marzo xubilarase a persoa que ocupa a praza de xinecoloxía do COF e a información que nos chega desde o Servizo de Xinecoloxía é que a Xunta carece de persoal para poder cubrir esta praza, polo que intentará que o servizo sexa cuberto por varias profesionais, sen garantías de que sexa sempre a mesma persoa, nin todos os días da semana. A cidade non pode permitirse que o SERGAS non teña perspectivas de substitución para un servizo público", explica Fraga.
A responsable municipal lembra, ademais, que o servizo de xinecoloxía do COF de Orillamar leva seis anos suplindo ao do Ventorrillo, "que se atopa nunha situación moito máis limitada" pola xubilación, no ano 2013, do seu xinecólogo. "O Concello, como administración máis próxima a cidadanía, debe ter a posibilidade de achegar solucións reais e de calidade ás necesidades da veciñanza. Ese é o compromiso do goberno local e por iso, temos a obriga de demandar e reclamar, unha vez máis, á Xunta de Galicia, que aposte pola sanidade pública e que dote ao COF, como é a súa responsabilidade por convenio, dos medios persoais necesarios para poder garantir que se ofrece unha atención básica á veciñanza, particularmente durante as baixas de persoal", subliña Fraga.
"Hai persoal que tamén está próximo a rematar o contrato, como as prazas da matrona e a enfermeira, e é necesario garantir non só una cobertura adecuada, senón un mínimo de estabilidade no cadro de persoal, que precisa dunha formación específica. Isto é algo que tamén acontece cando se producen períodos vacacionais ou baixas temporais. Nestes casos o SERGAS nin tan sequera prevé a necesidade que poidan ter as traballadoras e traballadores de contar cun período formativo previo á súa incorporación, unha cuestión moi necesaria para desenvolver un traballo tan específico como é o do COF, o que supón moitas veces que cando o persoal xa dispón da formación suficiente ten que marchar do centro", explica a concelleira. A este respecto, Fraga sinala que a falta de previsión, de persoal especializado e de tempo de formación para poder acompañar e formar ás novas incorporacións, poder derivar en bloqueos de axendas, "en detrimento dun servizo esencial e de referencia para a veciñanza".
 

xoves, 24 de xaneiro de 2019

mércores, 23 de xaneiro de 2019

Axenda para o día 23: Concentración no CHUAC, concentracións en atención primaria

Concentración convocada pola comisión de centro do CHUAC

 Concentracións nos centros de saúde de A Coruña


Nota de prensa de SOS Sanidade Pública A Coruña
 
SOS Sanidade Pública de A Coruña apoia a concentración convocada para mañá mércores 23 ás 11:30 horas pola comisión de centro do CHUAC na rotonda diante do hospital así como os paros de cinco minutos que se van realizar en diferentes centros de atención primaria ás 12 horas.

A comisión de centro usará como lema da concentración Pola dignidade na asistencia sanitaria. Desde SOS Sanidade Pública, como plataforma cidadá, queremos engadir e pola seguridade de todos.
Os recortes aos que o PP somete á sanidade pública son moi preocupantes. A información da morte dun paciente na sala de espera do PAC de A Estrada un día que o sergas deixou o dispositivo cun médico menos do habitual, a denuncia á fiscalía da morte dunha persoa no servizo de urxencias no Hospital de Santiago, a denuncia á fiscalía persentada no 2014 pola Xunta de Persoal en relación co servizo de urxencias e que foi desestimada por non haber naquel momento relacións de causa-efecto con vítimas pero na que o fiscal si advertía da necesidade de corrixir deficiencias estruturais do mesmo.
A denuncia da Xunta de Persoal no 2014 dicía o seguinte: “Os traballadores deste servizo (de urxencias) e os órganos de representación sindical manifestaron por distintas vías e dende o momento inicial : “a inadecuación da estrutura -de urxencias- e da organización funcional para realizar a asistencia sanitaria con seguridade para os pacientes”.
Esta situación que se prolonga ano a ano e da que parece que sempre dicimos o mesmo non pode ocultar a realidade da sobrecarga laboral que supón ter os servizos cunha carga superior á prevista e para a que non hai persoal suficiente.
Mentres o sergas aplica as tesoiras no presuposto de persoal non ten problema en dispoñer de 97,5 millóns de euros nun contrato de catro anos cos hospitais privados da nosa cidade.
No lugar de reforzar a sanidade pública parece que a dirección non ten problema en financiar a sanidade privada.
A realidade é que as plantas de hospitalización e o servizo de urxencias do hospital están saturados estruturalmente con sobreocupación de camas e invasión de pasillos con camillas, e a atención primaria está farta da sobrecarga crónica e está iniciando mobilizacións.
As listas de espera en atención primaria na nosa área de saúde provocan sobrecarga nas urxencias tanto nos Puntos de Atención Continuada como nas urxencias hospitalarias. A gripe é a gota que rebasa. Pero o problema da falta de recursos é estrutural.
Esiximos a Feijoo e ao Partido Popular que prioricen o investimento nos recursos propios da sanidade pública, non para derivar aos centros privados senón para poder recibir un servizo sanitario coa garantía de seguridade suficiente, a que debemos ter como cidadás.

 

xoves, 17 de xaneiro de 2019

A Atención Primaria de A Coruña tamén se move para mellorar a atención sanitaria

 
Un grupo de alrededor de cien facultativos de familia del área de A Coruña se reunieron este martes en el Colegio de Médicos con el «obxectivo de poñer en común a situación asistencial dos centros de saúde desta área e propoñer solucións que a melloren», según Rexina Basadre.
En el encuentro participaron médicos de los centros de salud del Ventorrillo, Os Mallos, Monte Alto, Federico Tapia, Elviña, Adormideras, Abente y Lago, San Xosé, Los Rosales, Labañou, Casa do Mar, Betanzos, Culleredo, Perillo, Temple, Bergondo, Arteixo, Abegondo, Carballo, Cesuras, Muxía, Vimianzo, Cee, Cambre, Camariñas, Portádego, Malpica, Laxe e Mera. También se sumaron a la reunión médicos eventuales y de los puntos de atención continuada (PAC).
Ahí se acordó «facer unha recollida de sinaturas en apoio dunha serie de reivindicacións (pendente de rematar) para enviarlla logo á Consellería de Sanidade; coordinarse con outros grupos de médicos doutras áreas sanitarias de Galicia para promover mobilizacións conxuntas, E ter unha nova reunión o 24 de xaneiro onde se acordarán novas mobilizacións».

La Opinión de A Coruña




xoves, 6 de decembro de 2018

Denuncia da "contención mecánica" nos centros sanitarios. O movemento galego de saúde mental convoca para o 8 de decembro á unha da tarde no Obelisco de A Coruña

A contención mecánica de persoas ingresadas en centros de carácter sanitario ou residencial é unha practica máis frecuente do que a sociedade se imaxina. Con ese termo noméase a acción mediante a cal se inmobiliza con correas a unha persoa, fixándoa xeralmente a unha cama.
A contención mecánica é unha actuación sobre a persoa que reduce a súa autonomía ao mínimo imaxinable (en rigor só ao espazo que fisicamente ocupa o seu corpo), que ten efectos daniños que potencialmente poden ser moi graves, que conmove, incomoda e dana con moita frecuencia a quen se lle encomenda realizala.
Esta práctica, aplicada a persoas atendidas nas institucións psiquiátricas, é considerada unha vulneración da Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade.
A súa existencia é un signo de grave atraso asistencial na atención a persoas con trastornos psíquicos. Tamén é a expresión dunha concepción inaceptable do sufrimento psíquico e da práctica profesional para a súa asistencia.
A contención mecánica é daniña para quen a sofre a para quen a realiza.
Nos últimos anos téñense presentado diferentes iniciativas para avanzar cara á súa erradicación.
En Galicia a situación da súa práctica é descoñecida pero a percepción é de incremento moi preocupante, con situacións coñecidas escandalosas.
Co obxecto de sensibilizar á sociedade, denunciar esta práctica e promover iniciativas cara a súa superación, dende o Movemento Galego da Saúde Mental iniciamos unha campaña que dará comenzo cunha acción que consistirá en conter mecanicamente unha persoa no espazo público, no centro da Coruña (no Obelisco) para que todos saibamos o que é isto.
Convocamos a tódalas persoas e a medios de comunicación social o próximo sábado 8 de decembro ás 13.00 horas no Obelisco na Coruña.

En Santiago a 5 de decembro de 2018

MOVEMENTO GALEGO DA SAÚDE MENTAL
http://movementogalegosaudemental.gal/
https://www.facebook.com/movementogalegodasaudemental
https://twitter.com/MGSaudeMental


xoves, 29 de novembro de 2018

Consello Local de Saúde de A Coruña. Elixida a vicepresidencia e o comité permanente



Publicado no facebook do Concello (fotos e texto):

O Pazo de María Pita acolleu a segunda xuntanza do Consello Local de Saúde, o órgano de carácter consultivo que naceu o pasado mes de outubro como un espazo de asesoramento e participación nas políticas municipais que teñan incidencia na mellora da saúde da veciñanza.
Nesta sesión, o Consello escolleu a entidade que ocupará a vicepresidencia do organismo (Agalure), e as que exercerán de vogais na comisión permanente: Facultade de Ciencias da Saúde -UDC, Colegio Oficial de Farmacéuticos de A Coruña, SOS Sanidade Pública, ABAC - Asociación de Bulimia y Anorexia de A Coruña, Asociacion Coruñesa de Epilepsia, Facultad de Fisioterapia UDC e Colegio de Terapeutas Ocupacionales de Galicia. Cotoga.