Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018
Amosando publicacións coa etiqueta sergas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sergas. Amosar todas as publicacións

xoves, 6 de decembro de 2018

Denuncia da "contención mecánica" nos centros sanitarios. O movemento galego de saúde mental convoca para o 8 de decembro á unha da tarde no Obelisco de A Coruña

A contención mecánica de persoas ingresadas en centros de carácter sanitario ou residencial é unha practica máis frecuente do que a sociedade se imaxina. Con ese termo noméase a acción mediante a cal se inmobiliza con correas a unha persoa, fixándoa xeralmente a unha cama.
A contención mecánica é unha actuación sobre a persoa que reduce a súa autonomía ao mínimo imaxinable (en rigor só ao espazo que fisicamente ocupa o seu corpo), que ten efectos daniños que potencialmente poden ser moi graves, que conmove, incomoda e dana con moita frecuencia a quen se lle encomenda realizala.
Esta práctica, aplicada a persoas atendidas nas institucións psiquiátricas, é considerada unha vulneración da Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade.
A súa existencia é un signo de grave atraso asistencial na atención a persoas con trastornos psíquicos. Tamén é a expresión dunha concepción inaceptable do sufrimento psíquico e da práctica profesional para a súa asistencia.
A contención mecánica é daniña para quen a sofre a para quen a realiza.
Nos últimos anos téñense presentado diferentes iniciativas para avanzar cara á súa erradicación.
En Galicia a situación da súa práctica é descoñecida pero a percepción é de incremento moi preocupante, con situacións coñecidas escandalosas.
Co obxecto de sensibilizar á sociedade, denunciar esta práctica e promover iniciativas cara a súa superación, dende o Movemento Galego da Saúde Mental iniciamos unha campaña que dará comenzo cunha acción que consistirá en conter mecanicamente unha persoa no espazo público, no centro da Coruña (no Obelisco) para que todos saibamos o que é isto.
Convocamos a tódalas persoas e a medios de comunicación social o próximo sábado 8 de decembro ás 13.00 horas no Obelisco na Coruña.

En Santiago a 5 de decembro de 2018

MOVEMENTO GALEGO DA SAÚDE MENTAL
http://movementogalegosaudemental.gal/
https://www.facebook.com/movementogalegodasaudemental
https://twitter.com/MGSaudeMental


domingo, 5 de marzo de 2017

Graves incumprimentos das contratas de mantemento no sergas. Dimisión XA!

SOS Sanidade Pública denunciou en múltiples ocasións a privatización encuberta do sergas con externalizacións múltiples. Unha delas a de mantemento, con grandes contratos e por varios anos. Feijoo, como sempre, falando de eficiencia e aforro, e nós falando de pelotazo, de mal funcionamento das contratas privadas e de ter que facer ao final os empregados públicos que quedaban de mantemento.
Agora é o Tribunal de Contas, deben ser tamén uns radicais, quen sanciona e lle tira das orellas ao Sergas informando do fraude do contrato e da falta de control por parte do Sergas.
Non vai haber dimisións? Non pasa nada? Incumprimento dun contrato de 25 millóns!, millóns de euros, eh!, non 25 céntimos.
Quen tería que ter revisado e feito o seguimendo deste contrato incumprido debe dimitir.


 

martes, 17 de xaneiro de 2017

O sergas reinicia o debate sobre a xestión clínica

A ameaza da xestión clínica


O Sergas non abandonou o proxecto de crear áreas de xestión clínica, só o aparcou ante a gran mobilización da sanidade pública.

O que pretendía era que os profesionais estivesen incentivados para aforrar xa que o aforro dun determinado presuposto anual repartiriase entre eles mesmos.
Os profesionais xa dixeron unha primeira vez que NON.


martes, 18 de outubro de 2016

A Opinión de A Coruña e Faro de Vigo informan da precarización da contratación de persoal no SERGAS

Transcribimos a nova do Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña que xa non se pode ver na súa web, na que se mostra a precarización da contratación do SERGAS. É curioso que incluso na busca de google aparece un pdf co titular pero ao abrilo vese todo en negro.
 
Sen dúbida esta eventualidade na contratación tan esaxerada afecta á calidade da atención. Repercute directamente na incentivación do persoal e na continuidade da asistencia.

Titular da OPINIÓN DE A CORUÑA:

Contas advirte de que un de cada tres empregados do Sergas ten xa un contrato temporal.


O 30% da plantilla da sanidade pública en Galicia son interinos (3795), eventuais (3369) e substitutos (3969), unha temporalidade "alta" para a institución contable galega.




Na páxina 20 do xornal do 17 de outubro de 2016 publica:
Das 37000 prazas totais das que dispón, 11000 están cubertas por interinos, eventuais e substitutos. No ámbito do ensino a taxa de contratos temporais redúcese ata o 18%.

Insertamos as seguintes fotos do xornal:




xoves, 2 de xuño de 2016

#Haiquebotalos. Na súa obsesión de domesticación da crítica queren meter directivos nos comités de bioética asistencial

Téñeno metido no fondo do seu cerebro. Non hai quen llo arrinque. O PP e Feijoo son asín. Queren domesticar aos críticos. A calquera crítico. Non lles chegou co escándalo da demisión da maioría do Comité Galego de Bioética.
Agora queren cambiar a norma para meter aos directivos dos hospitais nos "independentes" comités de bioética asistenciais.

#Haiquebotalos Non hai outro xeito

A ligazón ao proxecto de decreto: Link



Os traballadores da sanidade pública coruñesa BÓTANLLE UN SALVAVIDAS, como fan a cotío

A comisión de centro hospitalaria da área sanitaria fixo unha representación simbólica de botar uns salvavidas para rescatar a sanidade pública da negrura na que a está afundindo este PP de pedra, que actúa día si e día tamén tomando decisións que dificultan o traballo na sanidade e que deixan os pacientes á intemperie.




Preséntase o libro 'A comercialización da saúde' na Coruña. De como Feijoo fai méritos ante as grandes empresas

O relato da privatización da sanidade ideada polo PP e as corporacións e aplicada disciplinadamente por Feijoo. En primeira persoa Vigo pero o resto dos servizos galegos figuran tamén no paquete.






martes, 10 de maio de 2016

O Pleno do Concello de A Coruña esixe recursos suficientes para os centros de saúde

As denuncias de falta de pediatría en Novo Mesoiro e outras deficiencias noutros centros fixo que o Pleno de A Coruña se movese para pedir á Xunta unha dotación adecuada de recursos nos centros de saúde. Tamén se pide que se cubra a praza de xinecoloxía no Centro de Orientación Familiar (COF) do Ventorrillo.



domingo, 24 de abril de 2016

Coruñés Opina: A hepatite C e o sergas no xulgado

Debate sobre as responsabilidades do Sergas na falta de acceso aos tratamentos polo pacientes con hepatite C


De esquerda a dereita: Ramón Veras (SOS Sanidade Pública), Manuel Delgado (hepatólogo do CHUAC), Isabel Bravo (directora do Coruñés Opina), Manuel Díaz (viuvo dunha muller morta en espera do tratamento da hepatite C), Nieves Cabalo (afectada de hepatite C), Quique Costas (presidente da plataforma de afectados pola hepatite C).

Feijóo agáchase detrás dos directivos que figuran na denuncia pero os verdadeiros responsables do sucedido coa hepatite C están no goberno e aí están Feijóo e a anterior conselleira Rocío Mosquera.
Indignas son as palabras peiorativas coas que o presidente do goberno e de novo candidato do PP ás eleccións galegas cando dixo que 'por 2 ou 3 mortos non se pode negar o traballo feito'.