Información sobre concentración no Hospital de A Coruña
En defensa da sanidade
pública, en apoio da folga do hopistal de Vigo de mañá 13 de outubro
1.
O sobrecuste do hospital de Vigo
ímolo pagar durante 20 anos todos os galegos e vai producir redución
orzamentaria no resto da sanidade pública.
2.
A pesar do problema económico que
provoca a política sanitaria de privatizacións de Feijoo/PP, Vigo vai contar
con menos camas das previstas (850 fronte as planificadas inicialmente 1450) e
un 30% menos de quirófanos. Ademais de que o hospital non ten laboratorio
central nin cociña, entre outras.
3.
Habitacións sen timbre, goteiras,
ratos, problemas coa comida, paredes de papel, material escaso e de mala
calidade, problemas para lavarse nos quirófanos, prohibición por parte da
empresa concesionaria de poñer baldas que son moi necesarias xa que non hai
onde colocar material en algunhas plantas (como noutros hospitais privatizados
deste tipo o sergas vai ter que pagar por facer calquera cambio na estrutura),...
Increíble!
4.
O proceso do traslado do persoal e
a apertura do novo centro fíxose cunha enorme improvisación e incapacidade
técnica poñendo en risco a atención dos pacientes.
5.
Aparcadoiro exclusivamente de
pago, que intentan remediar agora con aumento da frecuencia de buses, como se
os enfermos (moitos con problemas de mobilidade) puidesen ir facilmente en bus.
O persoal do hospital de Vigo vai estar de folga o martes 13 de outubro. A Xunta de
Persoal da Coruña convoca unha concentración na rotonda do hospital mañá martes ás 11
horas.
SOS Sanidade Pública apoia
esta concentración en defensa da sanidade pública e en apoio da folga do
hospital de Vigo, e pide a toda a persoa que poida que se achegue e participe
na concentración de mañá.
O desastre da privatización, planificación e xestión do PP e Feijoo co
novo hospital de Vigo ímola sufrir todos os galegos.
En representación de SOS: Ramón Veras Castro 696394788
Ningún comentario:
Publicar un comentario