- O rexeitamento unánime a un modelo heteropatriarcal de muller única, privada e doméstica, así como a invisibilidade e explotación do traballo reprodutivo e dos coidados.
- Unha organización política, social e económica que poña no centro ás persoas. A reorganización social dos coidados e a aposta polo ben vivir.
- O exercicio dunha sexualidade libre e diversa. Unha educación afectivo-sexual non determinista, non bioloxicista e igualitaria que garanta o libre desenvolvemento das identidades de mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais, así como o mantemento de relacións afectivas e sexuais elixidas, respectuosas, pracenteiras e saudábeis.
- O recoñecemento de todas as familias e modelos de convivencia, así como a creación de redes de afectos, apoio mutuo e sororiedade.
- O incuestionábel dereito das mulleres a decidir sobre os seus corpos, afectos, sexualidade, e maternidades, sendo obriga dos poderes públicos garantir o acceso libre, seguro e gratuíto ao aborto eliminando calquera restrición lexislativa, garantindo este dereito para as mulleres mozas.
- Un Estado laico, que garanta os dereitos humanos e a pluralidade de todas as persoas.
- A garantía por parte dos poderes públicos dunha vida libre
de todas as violencias machistas e discriminacións para todas as
mulleres.
Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública
Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018
martes, 1 de marzo de 2016
6 de marzo: Feminismo para avanzar. Manifestación en Santiago de Compostela.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario