Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

luns, 7 de marzo de 2016

O gasto farmacéutico hospitalario sobe un 35% no 2015 respecto ao 2014. Unha ameaza á sostenibildade do sistema sanitario

Son datos do IMS Health e reproducidos no blog de Juan Simó 'Salud, dinero y atención primaria' http://saluddineroy.blogspot.com.es/ 

A realidade é que a redución do gasto farmacéutico de receitas, con gran afectación de moitas oficinas de farmacia e lágrimas de crocodrilo de farmaindustria, o está recuperando esta última no gasto hospitalario. 

Non é certo que isto se deba á hepatite C. O incremento do gasto hospitalario de 2015 respecto de 2014 é do 35%. Falando claro, un disparate. 

Farmaindustria, dun modo ou doutro, nunca perde, coa complicidade do goberno do partido popular.

http://saluddineroy.blogspot.com.es/2016/03/gasto-farmaceutico-lo-que-te-quito-por.html 
 
Pódese ver como a barra de crecemento de gasto en farmacia case se iguala entre receitas e hospitalario no 2015 e como sobe exponencialmente a liña do gasto hospitalario e practicamente se estagiliza o de receitas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario