Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

luns, 4 de abril de 2016

Montoro, Rajoy, o PP: Nin ética nin estética pero si moita desvergonza. Agora a culpa do déficit é dos pacientes con hepatite C

Montoro ten a cara de botar a culpa do 'seu' incumprimento do déficit, como é habitual, ás comunidades autónomas e ademais, agora, aos pacientes con hepatite C, nos que os tratamentos valeron 1090 millóns,

O ministro de sanidade dixo que o tiña todo controlado, que fixera moi boa xestión e que conseguira unha moi boa negociación coa industria farmacéutica pero agora poñen aos pacientes como culpables das súas desfeitas.

De novo minten e xestionan mal pero ademais demostran máis unha vez que as persoas non lles importan nada. O Partido Popular e o goberno están e viven noutro mundo, non no das persoas que teñen que moverse e traballar a cotío para manterse.

O PP do que si entende é disto: Podcast co construtor Enrique Ortiz

A táboa do déficit público do 2015

Ningún comentario:

Publicar un comentario