Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

mércores, 12 de outubro de 2016

Máis ventas na sanidade privada, agora a ROSALEDA. Non debe ser tan mal negocio

HM suma o grupo da Rosaleda e Esperanza en Compostela 
ao Modelo e Belén da Coruña


 "HM Hospitales pechará este venres a compra do Grupo La Rosaleda, que posúe tres centros sanitarios (La Rosaleda e La Esperanza en Compostela e outro máis en Lalín)"


"Quirón, o meirande grupo da sanidade privada en España, conta con dous centros en Galicia, na Coruña e Pontevedra, este último incorporado nos últimos anos. Vithas, cuxos principais accionistas son Goodgrower e La Caixa, posúe o Hospital Nuestra Señora de Fátima de Vigo e fíxose recentemente con Fimega, a meirande rede de rehabilitación da provincia de Pontevedra, sumando máis de 600 traballadores e traballadoras. E A Nosa Terra XXI (propietario de Povisa) factura máis de 100 millóns de euros ao ano, a maior parte procedentes con concerto polo que a Xunta lle achega ao redor de 75 millóns.

En total, a sanidade privada suma máis da cuarta parte das camas existentes en toda a sanidade galega (2.341 privadas fronte a 7.297 públicas) e ao redor do 32% do gasto sanitario total (27,8% de forma directa e 4,2% a través de concertos). Ademais desta importante presenza cuantitativa, informes coma o publicado hai uns meses pola Federación de Asociaciónes en Defensa da Sanidade Pública (FADSP) salientaron que outros factores, coma a existencia de fórmulas de colaboración público-privadas, convertían a Galicia na terceira comunidade (despois de Cataluña e Madrid) con máis peso da sanidade privada."

Ningún comentario:

Publicar un comentario