Programa do Coruñés Opina sobre a saúde mental
Celebrado hoxe na SER. Pódense ver os audios e información do programa no seguinte link: Web Coruñés Opina
No debate participaron María Tajes (entrevista por teléfono), xefa de servizo de saúde mental do SERGAS, Pablo Romero, paciente que está traballando no taller cerámico de APEM, Teresa Varela Muíño, familiar de enfermos mentais, Manuel Serrano, xefe de servizo de psiquiatría do CHUAC, Mª Jesús Cerecedo, médica de familia do CS de Matogrande e coordinadora do grupo de saúde mental de semFYC durante varios anos, Ignacio Vázquez Rodríguez, psicólogo de APEM e, na emisora en Santiago, Mª Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-saúde e participante no Movemento Galego de Saúde Mental.
A web da SER recolle a seguinte información:
"Galicia carece de un plan propio sobre salud mental. El último y único que hubo, el Plan Galego da Saúde Mental, diseñado por el bipartito, terminó su vigencia en 2011. Desde entonces ni ha sido renovado ni ha sido elaborado otro nuevo. Es la denuncia de enfermos, familias y profesionales que reclaman un protocolo y un programa de actuaciones multidisciplinar. El Sergas lo admite y dice que está trabajando en su actualización.
También demandan una atención en urgencias y una asistencia psiquiátrica mucho más ágil cuando la persona enferma sufre un brote agudo. Y exigen ser informadas."
Ramón Veras, portavoz de SOS Sanidade Pública de A Coruña, participou na quenda de preguntas no debate co seguinte comentario:
"Ola
Grazas
Isabel. Grazas polo programa que sempre busca aire fresco no oferta
informativa. Son médico de familia. Traballo no centro de saúde de
San Xosé e participo tamén en SOS Sanidade Pública.
Non
vou falar de atención primaria, súmome aos comentarios de Mª Jesús
Cerecedo, que o explicou moi ben. Pero si quería falar doutros
aspectos.
Na
sanidade pública temos problemas coñecidos por todos pero no que
respecta a saúde mental xa non se trata de falar de listas de
espera. Non, o problema grave aquí é a falta de cobertura, a falta
de prestacións, o abandono no que se encontran os pacientes e as
súas familias, que teñen que buscar moitas veces solucións na
privada pagando as mesmas familias.
Por
un lado, hai trastornos como son os aditivos, por drogas ou por
alcohol. O sergas non ten centros propios, son todos concertados con
entidades privadas e estas viven cada ano pendentes dos presupostos
que decidan no sergas. Presupostos, por certo, que non pararon de
diminuír desde a chegada de Feijoo ao goberno.
Agora
tamén se están ofrecendo servizos de psicólogo no mesmo hospital a
pacientes con cancro, por exemplo, e fóra a través de fundacións.
Isto é ao final un parche, un mal servizo, e unha precarización da
contratación de psicólogos e despois presumir de dar servizo.
Por
outra parte están os pacientes con trastornos mentais crónicos,
psicoses, que necesitan unha rehabilitación social e laboral e que
tamén están exclusivamente na man das familias, tal como dicía
Teresa. Menos mal que existe APEM e outras organizacións de
familiares. Pero os servizos teñen moito que mellorar.
O
grave problema do suicidio..., denunciado polo movemento galego de
saúde mental.
A
saúde mental precisa un presuposto moito maior e todos temos que ser
conscientes."
Link Movemento Galego de Saúde Mental
Ningún comentario:
Publicar un comentario