CONVOCATORIA PARA O DIA MUNDIAL DE PREVENCIÓN DO SUICIDIOO próximo dia 10 de setembro realízanse actos en todo o mundo por iniciativa da Asociación Mundial para a Prevención do Suicidio e a Organización Mundial da Saúde.O obxectivo é informar, sensibilizar, confrontar o estigma, recordar e reivindicar compromiso, en especial dos gobernos, coa prevención.Neste ano, cando vimos de saber que outra vez aumentou en Galicia a cantidade persoas falecidas por esta causa, o Movemento Galego da Saúde Mental convoca a todas/os a participar no acto que se realizará en Santiago10 de setembro Día Mundial pola Prevención do Suicidio345 suicidios en Galicia no 2016345 badaladas pola prevenciónPraza do ObradoiroÁs 12 da mañá en SantiagoMovemento Galego da Saúde Mental
Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública
Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018
Amosando publicacións coa etiqueta Plan Galego de Prevención do Suicidio b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plan Galego de Prevención do Suicidio b>. Amosar todas as publicacións
martes, 5 de setembro de 2017
10 de setembro: Día Mundial pola Prevención do Suicidio
venres, 1 de xullo de 2016
A Badalada do 30 de xuño nos Medios de Comunicación desde A Coruña: Plan galego de prevención do Suicidio XA!
Acción exitosa en canto á transmisión da preocupación por este grave problema: o suicidio e a necesidade de contar cun Plan Galego de Prevención do Suicidio
Badalada na Coruña pedindo un Plan Galego de Prevención do Suicidio XA!
A primeira causa externa de morte en España
Cada 14 segundos unha persoa se suicida no mundo
A taxa de suicidios por 100000 habitantes é de 14 en Galiza e de 8,3 en España
Aumentou un 59,40% entre 2011 e 2013 no grupo de 10 a 24 anos e nun 39,2% no de 45 a 64 anos.
No 2014 foron 394 persoas no territorio galego.
No 2015: 324.
E seguimos sen un PLAN GALEGO DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO.
A pesar de que está recoñecido que é previble.
Hoxe fixéronse concentracións pedindo este PLAN en Ferrol, A Coruña, Santiago, Ribeira, Cangas, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense. Achégase fotos e video da concentración da Coruña:
Con iste acto, ademáis de amosar a nosa
solidariedade coas persoas e familias afectadas por este problema,
queremos tamén facer un chamamento a:
- Elaboración dun Plan Galego sobre o Suicidio de carácter multisectorial, dotado dos recursos necesarios para afrontar a gravidade do problema e artellado no Plan de Saúde Mental de Galicia.
- Que se constitua un Comité Técnico para elaborar dito Plan.
- Creación de Comisións Clínico-Asistenciais en cada Xerencia de Área de carácter multiprofesional e multisectorial destinadas a coñecer e estudar a realidade do suicido nesas zonas e propostas de intervención
Como medidas de caracter máis inmediato, vemos
necesario:
- Que tanto Conselleria de Sanidade como o SERGAS promovan actividades informativas, en colaboración cos medios de comunicación, destinadas a poboación sobre o suicidio para sensibilizar e desestigmatizar o problema.
- Incrementar o nivel coñecemento dos profesionais de Atención Primaria de Saúde sobre o problema e mellorar a súa capacidade para avaliar o risco e poder realizar as actuacións preventivas axeitadas.
- Por en marcha protocolos específicos de atención a persoas con conducta suicida e a afectados por suicidio consumado.
- Facilitar con carácter prioritario o acceso a recursos asistenciais as persoas en risco, incrementar o seguimento, e intensificar a atención sanitaria e social das mesmas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





