Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018
Amosando publicacións coa etiqueta DMD. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DMD. Amosar todas as publicacións

sábado, 9 de xuño de 2018

Recoñecemento a Luis Montes e debate sobre a morte digna na Coruña

Nesta entrada pódese ver:
- Descrición e fotos do acto
- Ligazón ao final da homenaxe a Luis Montes en Madrid o 2 de xuño. Canta a Solfónica.
- Ligazóns aos pdf das lei galega e do congreso sobre coidados paliativos e eutanasia
- Díptico de presentación deste acto

O xoves 7 de xuño SOS Sanidade Pública A Coruña e a asociación galega Dereito a Morrer Dignamente (DMD) organizaron unha mesa redonda na que fixeron unha homenaxe a Luis Montes, un activista na defensa da sanidade pública e da liberdade e unha persoa entusiasta na esixencia do dereito a que as persoas decidamos libre e legalmente como finalizar a nosa vida.

Celebrouse o debate no salón da Fundación ONCE, nos cantóns de A Coruña.

Moderou a mesa Demetrio Vázquez, de SOS Sanidade Pública, e falaron Isabel Blanco e Asunción Cambrón, da DMD, e Moncho Veras, voceiro de SOS Sanidade Pública A Coruña.

Unha sala chea quixo honrar e despedir a unha persoa significada na defensa da igualdade e dos dereitos das persoas como foi Luis Montes.

Algunhas fotos do acto:



 empezando pola dereita Demetrio Vázquez, Isabel Blanco, Asunción Cambrón, Moncho Veras.

Ligazón a youtube ao final da homenaxe a Luis Montes no auditorio Marcelino Camacho, de CCOO, en Madrid o 2 de xuño de 2018. Canta a Solfónica:
 Saúdo da Solfónica

Final da homenaxe co canto de Labordeta pola Solfónica

O final da homenaxe dos seus amigos en Madrid o 2 de xuño indica o que máis significou a Luis Montes: Liberdade, Igualdade e defensa da sanidade pública 

Ligazón á lei galega de dereitos e garantías da dignidade das persoas enfermas terminais:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2015/20150716/AnuncioC3B0-020715-0003_gl.html


Ligazóns a textos de coidados paliativos e eutanasia no Congreso:

- Presentada polo Grupo Parlamentario Confederal de Unidos
Podemos-En Comú Podem-En Marea

http://www.congreso.es/public_oficiales/L12/CONG/BOCG/B/BOCG-12-B-77-1.PDF

-  Presentada polo grupo palamentario de Ciudadanos

http://www.congreso.es/public_oficiales/L12/CONG/BOCG/B/BOCG-12-B-66-5.PDF

-  Presentada polo Parlamento de Catalunya: Proposición de Lei de reforma da Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro, do Código Penal, de despenalización da eutanasia e da axuda ao suicidio.

http://www.congreso.es/public_oficiales/L12/CONG/BOCG/B/BOCG-12-B-154-1.PDF

- Polo grupo parlamentario do PSOE

http://www.congreso.es/public_oficiales/L12/CONG/BOCG/B/BOCG-12-B-270-1.PDF


Achegamos o díptico de presentación do acto:






xoves, 31 de maio de 2018

Mesa redonda na Coruña o xoves 7 de xuño sobre o Dereito a Morrer Dignamente. Recoñecemento ao Dr Luis Montes

>>> O díptico da mesa redonda: Díptico da Mesa redonda sobre Morte Digna e a figura do Dr Luis Montes

O Dr Luis Montes, morto hai pouco tempo, foi un defensor da sanidade pública e un profesional que adicou parte da súa vida á atención profesional ao paciente terminal, facilitándolles unha morte con respecto, reducindo as molestias físicas e con liberdade moral e espiritual.

SOS Sanidade Pública de A Coruña e a Asociación de Dereito a Morrer Dignamente organizan unha mesa redonda o xoves 7 de xuño, ás 8 da tarde, no salón de actos da ONCE, no Obelisco, na Coruña.

Falarase da normativa actual galega sobre atención ao paciente terminal, do documento de Instrucións Previas, e da figura de Luis Montes tanto como defensor da sanidade pública como da faceta profesional de atención ao paciente terminal, motivo polo que sufriu unha inxusta persecución polo goberno madrileño.

 


 

luns, 30 de novembro de 2015

Charla Coloquio sobre Dereito a Morrer Dignamente. A Coruña 18 de novembro de 2015

SOS Sanidade Pública A Coruña organizou unha charla coloquio sobre o DEREITO A MORRER DIGNAMENTE o 18 de novembro de 2015.

Participaron
Emilia Irimia, Presidenta de DMD Galicia
Ascensión Cambrón, antigua participante do Comité de Ética Asistencial do CHUAC e profesora de Filosofía de Dereito da Universidade de A Coruña
Juan San-martín, xefe da Unidade de Coidados Paliativos do CHUAC

Presenta e modera
Ramón Veras, en representación da Plataforma de defensa e mellora da sanidade pública de A Coruña, SOS Sanidade Pública de A Coruña


Durante a charla, á que asistiron moitas persoas, falouse de eutanasia, do marco legal español e europeo sobre morte digna, de instrucións previas e posibles modelos a utilizar, da propia asociación de dereito a morrer dignamente e dos coidados paliativos, do que é e non é a sedación, os coidados ao final da vida, os recursos existentes e os que faltan.











SOS Sanidade Pública denuncia os recortes constantes de camas de coidados paliativos así como a falta de hospitalización a domicilio fóra da cidade da Coruña, non puidendo acceder a este recurso as persoas que viven fóra da cidade.