Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública
Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018
mércores, 11 de marzo de 2015
Xoves 12, charla informativa na AAVV de Mesoiro Vello
Nieves Cabalo, da Plataforma de afectados pola hepatite C e Ramón Veras, de SOS Sanidade Pública, participan nunha charla o xoves 12 ás 17:30 horas na AAVV de Mesoiro Vello.
De novo as privatizacións e a hepatite C serán protagonistas do debate. Mañá tamén haberá oportunidade de comentar o informe sobre desgualdade no acceso aos servizos sanitarios que a Consellaría quería silenciar.
De novo as privatizacións e a hepatite C serán protagonistas do debate. Mañá tamén haberá oportunidade de comentar o informe sobre desgualdade no acceso aos servizos sanitarios que a Consellaría quería silenciar.
venres, 6 de marzo de 2015
O relato das afectadas pola Hepatite C na AAVV da Agra do Orzán impresiona aos asistentes
Transparencia na xestión. Acceso aos novos tratamentos a todos os afectados. Dereito á vida. Nieves Cabalo e Elena Rivas, en representación da Plataforma de afectados pola hepatite C e Ramón Veras, en represenación de SOS Sanidade Pública repasaron a actualidade sanitaria galega e a situación que están vivindo os afectados pola hepatite C.
Os asistentes quedaron impresionados, impactados polo relato, a forza e a convicción das afectadas pola hepatite C. Impresionados pola súa loita pola vida e o seu compromiso coa sanidade pública. Un exemplo para todos.
Fixeron un chamamento á participación na manifestación da Coruña en defensa da sanidade pública o próximo 19 de marzo. Unha actuación conxunta co resto de plataformas do país. Ese día toda Galiza vai saír á rúa a defender o noso dereito á saúde.
xoves, 5 de marzo de 2015
10000 millóns menos para sanidade desde 2009 ata 2013
Así se comportaron os gobernos nestes anos de crise. Desde 2009 baixou o orzamento sanitario en 9933 millóns de euros. Só desde 2011 ata 2012, primer ano do goberno de Rajoy descendeu o presuposto en 5200 millóns. Menos mal que a sanidade era unha liña 'roja' que non pasaría.
mércores, 4 de marzo de 2015
Publicación no blog de David Hammerstein: 'Victoria engañosa frente a la hepatitis C'
Publicación de interese no blog de David Hammerstein:
Hepatitis C: una engañosa victoria parcial que no es ninguna ganga
Hepatitis C: una engañosa victoria parcial que no es ninguna ganga
domingo, 1 de marzo de 2015
Manifesto lido por Xulia Alonso na manifestación convocada pola Plataforma Galega de afectados pola Hepatite C
Polo dereito á saúde. Non ao negocio antes que á saúde.
Advirten que loitarán ata o final.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




