Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

venres, 6 de marzo de 2015

O relato das afectadas pola Hepatite C na AAVV da Agra do Orzán impresiona aos asistentes

Transparencia na xestión. Acceso aos novos tratamentos a todos os afectados. Dereito á vida. Nieves Cabalo e Elena Rivas, en representación da Plataforma de afectados pola hepatite C e Ramón Veras, en represenación de SOS Sanidade Pública repasaron a actualidade sanitaria galega e a situación que están vivindo os afectados pola hepatite C. 
Os asistentes quedaron impresionados, impactados polo relato, a forza e a convicción das afectadas pola hepatite C. Impresionados pola súa loita pola vida e o seu compromiso coa sanidade pública. Un exemplo para todos.
Fixeron un chamamento á participación na manifestación da Coruña en defensa da sanidade pública o próximo 19 de marzo. Unha actuación conxunta co resto de plataformas do país. Ese día toda Galiza vai saír á rúa a defender o noso dereito á saúde.



Ningún comentario:

Publicar un comentario