Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

venres, 3 de xuño de 2016

Un corte de pelo a favor das persoas con esclerose múltiple. Sábado 4 de xuño, de 3 a 9 da tarde nos xardíns de Méndez Núñez (A Coruña)

Acto solidario protagonizado por perruqueiros e perruqueiras de toda España. Todo o que se recaude será para a Asociación da Coruña de Esclerose Múltiple.
Estes profesionais levan facendo moitas accións deste tipo ao longo do Estado. Non hai moito fixeron algo semellante en Vigo.

Deixa un pouco de pelo nos xardíns e colabora con esta asociación.


xoves, 2 de xuño de 2016

#Haiquebotalos. Na súa obsesión de domesticación da crítica queren meter directivos nos comités de bioética asistencial

Téñeno metido no fondo do seu cerebro. Non hai quen llo arrinque. O PP e Feijoo son asín. Queren domesticar aos críticos. A calquera crítico. Non lles chegou co escándalo da demisión da maioría do Comité Galego de Bioética.
Agora queren cambiar a norma para meter aos directivos dos hospitais nos "independentes" comités de bioética asistenciais.

#Haiquebotalos Non hai outro xeito

A ligazón ao proxecto de decreto: Link



Os traballadores da sanidade pública coruñesa BÓTANLLE UN SALVAVIDAS, como fan a cotío

A comisión de centro hospitalaria da área sanitaria fixo unha representación simbólica de botar uns salvavidas para rescatar a sanidade pública da negrura na que a está afundindo este PP de pedra, que actúa día si e día tamén tomando decisións que dificultan o traballo na sanidade e que deixan os pacientes á intemperie.




Preséntase o libro 'A comercialización da saúde' na Coruña. De como Feijoo fai méritos ante as grandes empresas

O relato da privatización da sanidade ideada polo PP e as corporacións e aplicada disciplinadamente por Feijoo. En primeira persoa Vigo pero o resto dos servizos galegos figuran tamén no paquete.






As bacterias resistentes a antibióticos: unha problema emerxente de saúde pública

Aquí tamén hai. No CHUAC, en Galiza. O que no hai é un Plan de Prevención e de manexo destas infeccións bacterianas con xérmenes resistentes a antibióticos




luns, 30 de maio de 2016

Presentación na Coruña do libro sobre a privatización do Hospital de Vigo


Falando de privatizacións e da súa repercusión nos orzamentos da sanidade galega e da mesma Xunta de Galicia.

Estará Xulio Ferreiro e participan Pablo Vaamonde, Manuel Martín e María Luisa Lores.
Mércores 1 de xuño ás 20 horas no Casino, na rúa Real