Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

venres, 16 de xuño de 2017

O proxecto ACAMPA, nos cantóns ata o domingo 18, visibilidade para os refuxiados

ACHÉGATE AOS CANTÓNS NA CORUÑA. ACAMPA está ata o domingo 18.

En Acampa, onde hai perto de cen tendas de campaña nos cantóns de A Coruña, ofrecen visibilidade á problemática dos e cos refuxiados.

Tamén se recrean partes dun campo de refuxiados, pechado polos aramios:


as pertenencias


para facer o xantar

a casa

 

intento de facer unha horta
 secar a roupa
 lavar a roupa
 para xogar os nenos, a escola

O programa de actos está nesta ligazón: PROGRAMA DE ACAMPA

mércores, 7 de xuño de 2017

Proxecto ACAMPA: pola paz e o dereito ao refuxio. Visita obrigada á Coruña do 15 ao 18 de xuño


A Rede en Defensa dos Dereitos Humanos, o Dereito Internacional Humanitario, e o Dereito a Refuxio ten previsto realizar unha acampada nos Xardíns de Méndez Núñez na Coruña, do 15 ao 18 de xuño de 2017. Nesta acampada levaranse a cabo distintas iniciativas e actividades. 
Achégase o cartaz e o atractivo programa de actividades:



 

A relación médico paciente na formación médica

Preséntase un vídeo sobre a vivencia do problema do cancro e a relación médico-paciente.

Un grupo de estudantes de medicina de terceiro curso da Universidade Pompeu Fabra fixeron un estudo de investigación sobre a relación médico paciente. Utilizaron un cuestionario estandarizado con pacientes e médicos e, ao detectar que era posible mellorar a transmisión de información, decidiron facer un vídeo con estas pacientes que deron a súa conformidade, un tríptico informativo sobre o papel da inmunoterapia no cancro e unha folla informativa.

VÍDEO:

 

Iniciativas formativas deste tipo probablemente producirán profesionais da medicina que terán clara a importancia do manexo da relación médico-paciente e se esforzarán por empatizar, escoitar e comunicar adecuadamente a información médica sobre as diferentes enfermidades.






xoves, 11 de maio de 2017

Día internacional da Fibromialxia. Diante do Concello de A Coruña

Día Internacional da Fibromialxia
12:00 horas
12 de maio de 2017
Diante do Concello de A Coruña

ACOFIFA, a asociación coruñesa lerá un manifesto, igual que en moitas outras prazas do mundo, ao mesmo tempo, lembrando esta enfermidade e pedindo un recoñecemento e apoio para o manexo da mesma.


Alí estaremos

xoves, 27 de abril de 2017

SOS Sanidade Pública recibe o premio Primeiro de Maio da UGT de A Coruña-Cee




Imaxe do premio

Achegamos unha breve historia de SOS Sanidade Pública:

A Plataforma de defensa da sanidade pública galega é un movemento que agrupa a partidos políticos, centrais sindicais, asociacións de veciños, asociación culturais, asociacións de pacientes e ONGs, cun ámbito galego e comarcal (con plataformas na Coruña, Ferrol, Santiago, Barbanza, Pontevedra, Vigo, Morrazo, A Mariña, Lugo, Monforte, Ourense e Valdeorras).

É o movemento europeo máis potente e con maior duración no tempo de oposición á privatización sanitaria e de defensa da sanidade pública. Antes da famosa marea blanca madrileña de oposición ás políticas do PP madrileño xa levaba tempo SOS manifestándose e acumulando forzas contra as políticas de Feijoo. As mobilizacións cidadás galegas máis potentes, despois de Nunca Máis, foron as protagonizadas por SOS Sanidade Pública, aliada en algunha delas coa xunta de persoal da área sanitaria respectiva. En ningún sector galego existe un movemento unitario como na sanidade, como o formado arredor de SOS.
Aínda que existían plataformas comarcais e a asociación galega de defensa da sanidade pública, é certo que o movemento sumou forza e apareceu coa marca SOS SANIDADE PÚBLICA coa chegada de Feijoo no 2009 e as ameazas de privatización do Partido Popular.
 
Os éxitos de SOS son numerosos xa que mantivo unha tensión informativa e de acción constante, con charlas ao longo de todo o país, de modo coordinado e sobre os temas de interese do momento, con mobilizacións ás veces comarcais como a de Monforte, que paralizou a perda da área sanitaria de Monforte, a de Lugo coa esixencia de servizos de hemodinámica e radioterapia para o novo hospital, que agora hai grazas a estas mobilizacións, a de Barbanza que impedíu a privatización da diálise no hospital, a de Pontevedra que provocou a paralización da concesión do hospital tipo PFI de Monte Carrasco ou a de Vigo e Morrazo, cunha oposición teimuda e manifestacións de decenas de miles de persoas, a última de duascentas mil persoas e que provocou o cese da conselleira de sanidade. E mobilizacións xerais como a primeira manifestación en Santiago do 21 de novembro de 2010 con vintecinco mil persoas de todas as cores e idades berrando a favor da sanidade pública e como a que supuxo a paralización do proxecto do partido popular de xestión clínica, que permitiría iniciar a privatización futura de diferentes servizos, os máis rendibles, en cada área sanitaria.
Ademais as plataformas comarcais organizaron mobilizacións propias e coordinadas en repetidas ocasións así como a recollida de sinaturas para unha iniciativa lexislativa popular de protección da sanidade pública.
Liñas de actuación recientes son debates como o da Morte Digna ou as accións en defensa da universalidade sanitaria en colaboración con Médicos del Mundo e Amnistía Internacional, a colaboración co Movemento Galego de Defensa da Saúde Mental ou a iniciativa coruñesa de creación do Consello Local de Saúde.
SOS Sanidade Pública é xa patrimonio público desta terra, unha entidade a protexer e na que o maior valor é o coidado e mimo que poñen todas as organizacións e persoas participantes, por enriba de loitas partidarias ou sindicais ou territoriais, en preservala como plataforma común de acción en defensa da sanidade pública, un espazo común de encontro na redución das desigualdades.

Tira de Pinto e Chinto publicada o 22 de novembro de 2010 na Voz de Galicia, despois da manifestación de SOS o 21 de novembro.


Xosé Carrillo, responsable comarcal de UGT Coruña-Cee


 Isabel Lema, secretaria de igualdade da Unión intercomarcal UGT Coruña-Cee



Imaxes de SOS Sanidade Pública e UGT na recollida do premio



Moncho Veras, agradecendo a entrega do premio en representación de 
SOS Sanidade Pública