Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

venres, 31 de xullo de 2015

Segundo este individuo a atención primaria ou se integra ou desaparece. "Estes" son os que xestionan a sanidade pública

Este señor, di o video, que é "xerente" dun hospital de Madrid. Ademais debe pensar que é moi listo.
Se non tivese micrófonos, afirma, a atención primaria debería desaparecer. Despois dese comentario que importa o que diga despois?. Pobres madrileños. Tiveron a oportunidade e non botaron a este persoal para as antípodas.
A ver o próximo ano que facemos os galegos.


martes, 28 de xullo de 2015

Reunión de SOS Sanidade Pública Coruña co Alcalde Xulio Ferreiro e a concelleira Silvia Cameán

SOS Sanidade Pública Coruña foi recibida no concello polo Alcalde Xulio Ferreiro. Estaba presente tamén na reunión a concelleira Silvia Cameán.

Acordan establecer liñas de colaboración na defensa e mellora da sanidade pública.
SOS informa e solicita colaboración do Concello para a celebración dunhas xornadas de saúde en outono nas que se falaría de promoción de saúde (moi importante desde o ámbito municipal), participación cidadá e sostenibilidade so sistema sanitario.



Gasto sanitario por habitante. Datos de 2013 (Voz de Galicia). Feijoo reducíuno en 465 millóns entre 2009 e 2014

Temos moito que mellorar no gasto sanitario galego.
Feijoo reducíu o gasto sanitario en 465 millóns de euros entre 2009 e 2014.
Pensa en 465 millóns menos cada ano e imaxina o que significa en redución de servizos.
Grazas ás políticas de miseria de Feijoo.



sábado, 25 de xullo de 2015

A "sostenibilidade" de Rocío Mosquera. Cando vai demitir?

 A conselleira bótalle a culpa á poboación por:
- analfabeta en autocoidados
- non tolerar a enfermidade
Di que hai un mal uso dos recursos preventivos pero non se pregunta por qué
Di que hai un incremento de hospitalizacións pero non se sinte culpable
Di que hai ou haberá un aumento da taxa de mortalidade e non dimite

VER:

Rocío Mosquera: Ou facemos reformas ou a sanidade pública é insostenible


Na Voz de Galicia do 23 de xullo de 2013:

"En dicho foro, la titular de la cartera alertó: «O tomamos medidas a medio y largo plazo, o el sistema será insostenible». Del supuesto coste inasumible de la sanidad para las arcas públicas culpó a una «deficiente alfabetización» de la población en materia de salud, algo «imprescindible». En una serie de males concretos que precisan urgente atención mencionó también «una inadecuada autogestión de la enfermedad, un mal uso de los recursos preventivos, un incremento de las hospitalizaciones, mayores gastos sanitarios y un aumento de la tasa de mortalidad»."

venres, 24 de xullo de 2015