As principais entidades sociais da cidade integrarán o Consello Local da Saúde, que se constitúe o vindeiro martes co obxectivo de poñer en marcha accións que melloren a calidade de vida da cidadanía
Presentación en
conferencia de prensa no Concello por parte da concelleira de Xustiza
Social e Coidados Silvia Cameán, acompañada da plataforma SOS Sanidade
Pública A Coruña
Moncho Veras, voceiro de SOS Sanidade Pública A Coruña resaltou a importancia deste organismo na reducción da mortalidade.
"Unha oportunidade de saúde para a cidadanía de A Coruña"
"Vale para estar san e non enfermar" "Hai algo máis valioso?", palabras do voceiro da plataforma.
Documento:
Consello Sectorial de Saúde: unha oportunidade de saúde para a cidadanía de A Coruña
Bo
día
Sra
Concelleira, grazas por convidar a SOS Sanidade Pública a esta
conferencia de prensa de presentación do Consello Sectorial da Saúde
de A Coruña.
Se
lles dixese que un organismo como o Consello Sectorial da Saúde pode
ser tan importante como a falada ampliación do CHUAC dirían que
este está tolo. Pero en términos de saúde, e diso é do que
falamos, de estar sans, de non enfermar, as actividades que se poidan
poñer en práctica desde un organismo como o Consello Sectorial de
Saúde poden contribuír a reducir a mortalidade máis incluso que a
posta en marcha de algunha unidade de alta tecnoloxía que a todos
nos causa asombro e nos marabilla.
Está
claro que todos queremos curar cando estamos enfermos e todos
queremos ter os centros de saúde e hospital mellor posible, cómodos,
con todos os equipos humanos e técnicos pero, sen dúbida, o máis
importante é non enfermar, e para iso vale isto que hoxe se anuncia.
SOS
Sanidade Publica de A Coruña quere felicitar ao goberno municipal
por aceptar e facer súa esta iniciativa e tamén a toda a
Corporación, porque recordemos que este Consello foi aprobado en
Pleno por unanimidade, co apoio de Marea Atlántica, PP, PSOE e BNG.
É un organismo que se crea co beneplácito de todos e todos deberán
apoialo aínda que, como é natural, a súa xestión corresponde ao
grupo de goberno.
Os
organismos internacionais relacionados coa saúde e a literatura
científica falan reiteradamente nos últimos anos da necesidade de
poñer en marcha iniciativas de saúde pública nas que
-
por un lado, se promovan políticas sanitarias multisectoriais,
-
por outro, se teña en conta a Saúde en Todas as Políticas
-
e por último, se ofrezan recursos para que a poboación poida
atender mellor á súa saúde
Unha
saúde entendida agora xa non como ausencia de enfermidade senón
como a capacidade que ten a persoa de desenvolver o seu propio
potencial persoal e de responder de forma positiva aos retos do
entorno, do ambiente que a rodea.
O
Consello Local de Saúde pode axudar a mellora a saúde das xentes da
Coruña con iniciativas de mellora orientadas en dous sentidos:
1º
Por un lado con actividades máis ligadas a estilo de vida e que
serán útiles para a mellora de problemas como o cancro, a
obesidade, a diabete, tabaquismo ou o alcohol, nos que a prevención
está fundamentalmente en como vivimos e nos relacionamos
2º
E en segundo lugar na mellora dos determinantes sociais da saúde (as
condicións nas que as persoas viven, traballan, crecen e se
relacionan).
Sabido
é que estes determinantes sociais da saúde poden ter máis
influencia na mortalidade que os factores xenéticos ou biolóxicos.
Nun
estudo publicado na prestixiosa revista médica Lancet do 31 de
xaneiro de 2017 mediron actividade física, tabaquismo, hipertensión
arterial, inxesta de sal, diabete, obesidade, alcohol e estatus
socioeconómico, e observaron que o tabaco era a variable de maior
impacto pero o cambio de categoría de estatus ofrecería un maior
impacto de redución da mortalidade na poboación que a redución de
hipertensión arterial, diabete ou mesmo obesidade.
Non
valen, polo tanto, para controlar esta influencia na saúde os
servizos sanitarios. Faise necesario crear outras vías de mellora.
Nesta
liña podemos entender que nun organismo no que estean
administracións como o Concello, o Sergas, a Consellaría de
Educación, ou institucións académicas como Fisioterapia, Traballo
Social, Enfermaría, a Facultade de Ciencias da Saúde, por exemplo,
ou asociacións de pacientes como poden ser a de trastornos aditivos,
de glaucoma, de fibromialxia, de epilepsia, de diabete, de
enfermidades raras,... ou os colexios médico, de enfermaría, de
farmacéuticos,...
A
potencia que pode ter un organismo deste tipo se se traballa en común
é innegable.
O
Consello Local de Saúde é unha oportunidade para que calquera
colectivo da cidade que teña unha idea ou unha iniciativa de mellora
da saúde poida canalizala por medio deste organismo. É unha
oportunidade para promover na sociedade cambios e melloras que non se
poderán dar desde os servizos sanitarios.
Claro,
un organismo deste tipo será útil dependendo da súa actividade, e
será moi dependente do liderado e impulso do mesmo. Non podemos
permitir que se converta nunha inútil institución burocrática
máis, e pola nosa parte intentaremos que non sexa así. Necesitamos
mantelo vivo, activo. Para iso poderán contar con nós no que faga
falta.
EN
CONCLUSIÓN, O CONSELLO SECTORIAL DE SAÚDE VALE PARA NON ENFERMAR,
PARA ESTAR SANS, HAI ALGO MÁIS VALIOSO?
Moitas
grazas
Ningún comentario:
Publicar un comentario