FALADOIRO “Pasado, presente e futuro dos centros de planificación familiar en Galicia. Un modelo de intervención integral”
Con Marián Ferreiro Vidarte (Traballadora social xubilada do COF),
Guillermo González Antón (Presidente da Federación de Planificación
Familiar en España), Luis Verde
Remeseiro (Xerente da Área Integrada da Coruña), Belén López Viñas
(Xefa do servizo de xinecoloxía e obstetricia do CHUAC), moderado por
Xosé Anxo Vidal Pan (Director do COF)
Preocupación polo seu futuro, as palabras do xerente da EOXI de A
Coruña, Luis Verde, fixeron ver que non está garantida a
continuidade do COF e o ritmo da súa desaparición depende máis das xubilacións
dos profesionais actuais.
Hai que agradecer o traballo de todo o persoal do COF da Coruña. Tantas vivencias, tantos problemas resoltos, con respecto e liberdade. O COF celebra o seu 35 aniversario e faise preciso continuar loitando pola continuidade dunha institución coruñesa e un xeito de facer valer os dereitos sexuais e reprodutivos da muller.
Ningún comentario:
Publicar un comentario