Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

venres, 17 de xuño de 2016

Concentración de SOS Sanidade Pública A Coruña 16xuño2016. Intervención de Avia Veira, portavoz municipal do BNG


Avia Veira, portavoz municipal do BNG



TEXTO DO DOCUMENTO DE SOS SANIDADE PÚBLICA 
LIDO DURANTE A CONCENTRACIÓN
 
A Plataforma en defensa e mellora da sanidade pública de A Coruña, SOS Sanidade Pública, agradece a todas as persoas asistentes a súa participación nesta concentración. Xuntos defendemos a sanidade pública, xuntos defendemos os nosos dereitos a unha atención digna e de calidade.



Queremos agradecer tamén a presenza dos grupos municipais e do Alcalde. É moi importante. Moitas grazas por estar aquí.
O obxectivo desta concentración é por unha parte denunciar a suma de recortes da política sanitaria do partido popular con Feijoo á cabeza
pero tamén queríamos convidar á Corporación Municipal, a representación institucional máis cercana, a que se implique na defensa da saúde, como xa teñen feito noutras ocasións. Ten moita relevancia política a súa presenza.

A asistencia sanitaria non é unha competencia do Concello. Non lle podemos pedir ao Concello que resolva as deficiencias do goberno galego pero poden poñerse en primeira fila e facer súa a reivindicación dunha atención de calidade, poden denunciar a xestión desastrosa do partido popular.

Convidamos tamén ao grupo municipal do partido popular pero parece que prefiren agacharse e non dar a cara.

Poderíamos describir agora os mil e un problemas que se viven nos centros sanitarios.
Recordamos as listas de espera impresentables. Na Coruña estamos a decembro 2015 en 80,4 días de espera media para cirurxía cando en decembro de 2014 era de 72,8.

Recordamos as case 200 camas (paliativos, UCI, reumatoloxía, medicina interna, reanimación, pediatría, hospital de día) que van estar pechadas este verán no hospital de A Coruña, inxustificable se se pensa que sen camas no hospital non hai forma nin de aliviar a saturación de urxencias nin de reducir a lista de espera dos pacientes que deben ingresar.

Feijoo empezou pechando no ano 2009 454 camas en toda Galiza e este verán pecha 1200 camas. Di el que é moi bo xestionando. Será pero non para a cidadanía galega.

Recordamos tamén os recortes asfixiantes de persoal en cada servizo hospitalario ata situar ao noso hospital en grave risco de mala atención. Non esquecemos os recortes dos Centros de Orientación Familiar e na atención das mulleres con aborto.

Podemos recordarlle a Feijoo que no lugar de falar de fichaxes privadas, como dixo hai uns días, para a sanidade pública que o que ten que facer é cubrir as miles de prazas que eliminou (máis de 2000 prazas entre 2009 e 2014, un ERE do 6% da plantilla). Que obsesión ten este home por privatizar o que é de todos!

Lembramos tamén ao goberno galego todos os impedimentos que está poñendo para facer o novo centro de saúde no mercado de Santa Lucía. Vergonza deberían ter de pensar abrir os centros de saúde de Buño, de Vilarrodrís en Arteixo, o novo de Culleredo e o do Temple sen aumentar nin tan siquera 1 médico. Sacaron 2 médicos do CS San Xosé e levan 1 para o Temple. Abren centros de saúde e perdemos médicos. Ou non pechan o acceso a pediatría no barrio onde hai máis nenos (Novo Mesoiro). Vergonzoso!

Continúa este goberno sen cubrir as baixas e as vacacións nos centros de saúde e xerando lista de espera ata para ir ao médico de familia.

Temos que lembrar hoxe e solidarizarnos cos compañeiros que están pechados no hospital Meixoeiro desde o 1 de xuño. Para denunciar o peche de camas e o desmantelamento deste hospital. O Sergas quere encher as camas de POVISA antes que as da sanidade pública.

Se puidésemos reverter á sanidade pública ás privatizacións que fixo Feijoo nestes anos teríamos bastantes cartos para xestionar pero seguro que iso non será doado, porque iso si que o fan ben, amañar todo para darlle negocio aos amigos do partido popular.

Do recorte legal de dereitos xa se encargou Rajoy eliminando o acceso universal á asistencia sanitaria e introducindo os copagos. A política actual cos refuxiados de Siria, cos que escapan da guerra, xa a empezou no ano 2012, coa xente que vive aquí expulsándoos do sistema sanitario. É máis do mesmo.

Pero hoxe, máis que detallar e estendermonos na situación de desastre na que nos deixa o PP, queremos pensar que é posible o cambio. Queremos pensar que é posible ter esperanza nun futuro mellor.

Temos a oportunidade do 26 de xuño primeiro e despois a das eleccións galegas. Non podemos desaproveitalas.

No mundo da sanidade é difícil aguantar máis prestando un bo servizo.

Hai que botalos! É cuestión de supervivencia!

Entre todos farémolo!

Grazas

Ningún comentario:

Publicar un comentario