Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

martes, 28 de xuño de 2016

É posible prever o suicidio! Por un Plan Galego de Prevención do suicidio. Concentración no Obelisco o xoves 30 ás 8 da tarde

PLAN GALEGO DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO, XA!

O suicidio é a principal causa externa de morte en España. E está en aumento, sobre todo entre xente xove, de 10 a 24 anos, onde aumentou un 59,40% entre o 2011 e o 2013.
Hai que lembrar que a prevención do suicidio é eficaz e está demostrada.

 É un problema de saúde pública, a solución é multifactorial, por iso precisa un PLAN que afecte a diferentes áreas de goberno.

As taxas galegas son moi superiores ás españolas. Aquí aínda urxe máis ese PLAN. Ver gráfico:
Taxa de suicidios por 100000 habitantes en Galiza e España 2010-2014

SOS Sanidade Pública e o Movemento Galego de Saúde Mental van facer concentracións en Galiza este xoves día 30 ás 8 da tarde para dar a BADALADA pola prevención do suicidio. 
Para reclamar, máis unha vez, a Feijoo e ao goberno galego un Plan de Prevención, algo que teña credibilidade e sexa eficaz.

Convidamos á cidadanía a participar nesta concentración.


Ningún comentario:

Publicar un comentario