Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018
Amosando publicacións coa etiqueta BNG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BNG. Amosar todas as publicacións

xoves, 5 de xullo de 2018

Críticas á falta de pediatría en varios centros de saúde da cidade da Coruña este verán

Carta de Silvia Cameán, concelleira de xustiza social e coidados ao conselleiro de sanidade Jesús Vázquz Almuíña:

Foto de Víctor Echabe para La Opinión de A Coruña

Nota de prensa do BNG:

O Bloque exixe que o Sergas cubra de profesionais da pediatría de xeito urxente aos centros de saúde da cidade
As nacionalistas avanzan que presentaran diversas iniciativas no Parlamento de Galiza para que se garanta os servizos durante os meses de verán ao non se estar a cubrir os períodos de lecer das persoas titulares destes servizos
Avia Veira: “A Xunta de Galiza non se pode escusar na falta de profesionais no país para garantir o servizo. Non se debe permitir que nos nosos barrios as nenas e os nenos queden sen atender porque non exista unha previsión de servizos e non se cubran as vacacións ou as baixas; veciñanza de Novo Mesoiro, os Mallos e Labañou xa están a sufrir estes días esta falla de persoal que se prolongará ate setembro”

A Coruña, 3 de xullo de 2018. O Bloque ven de anunciar a presentación de varias iniciativas no Parlamento de Galiza a respecto dos servizos de pediatría que se ofrecen nos centros de saúde da cidade xa que logo, e segundo denuncias públicas da veciñanza de distintos barrios, coa chegada dos meses de verán, estes servizos vense minguados, ou directamente deixan de se ofrecer.
Deste xeito, a formación nacionalista ten detectado que canto menos nos centros de Novo Mesoiro, os Mallos, Labañou ou os Rosais, durante os meses de xullo, agosto e setembro haberá grandes recortes no servizo ao non se garantir as substitucións necesarias para os profesionais que gozaran dos seus períodos de lecer, ou mesmo polas baixas laborais que se puideran producir nestes meses.
Así, segundo puideron comprobar as nacionalistas, no centro de Novo Mesoiro, no servizo de pediatría, que xa só atende de mañá durante todo o ano, só se farán revisións durante o verán a nenas e nenos menores de 18 meses, e durante o mes de agosto só haberá un servizo completo de pediatría cando desde o mes de abril se viña ofrecendo un servizo mais outro medio servizo. “A respecto do centro de saúde dos Mallos, continúan as nacionalistas, o servizo de tarde foi pasado á mañá para cubrir estes períodos de vacacións, e hoxe mesmo, a veciñanza de Labañou denunciou a situación do centro no que o servizo está temporalmente pechado e sen que a Xerencia provea de persoal de substitución remitindo ás e aos pacientes ao centro dos Rosais, centro que, por certo, durante o mes de agosto tamén terá que cubrir as vacacións dos seus profesionais e que, con toda probabilidade quedará na mesma situación que os demais centros da cidade”.
Desde o BNG consideran está situación como inadmisíbel e exixirán ao Sergas mediante esta batería de iniciativas a cobertura urxente de profesionais da pediatría aos centros de saúde da cidade para garantir o servizo con total normalidade e coa menor distorsión para coa veciñanza.
“A Xunta de Galiza non se pode escusar na falta de profesionais no país para garantir o servizo. Non se debe permitir que nos nosos barrios as nenas e os nenos queden sen atender porque non exista unha previsión de servizos e non se cubran as vacacións ou as baixas; veciñanza de Novo Mesoiro, os Mallos e Labañou xa están a sufrir estes días esta falla de persoal que se prolongará ate setembro”, conclúe a portavoz nacionalista no concello da Coruña Avia Veira.

Saúdos. BNG A Coruña
669 381 398

sábado, 11 de marzo de 2017

SOS Sanidade Pública participa no Escano Cidadán da Coruña

SOS Sanidade Pública participa no Escano Cidadán da Coruña no Pleno municipal no que se aproba a moción da creación do Consello Local de Saúde.
Expresa a súa satisfacción pola acollida de todos os grupos e o goberno municipal á iniciativa de SOS Sanidade Pública de creación do Consello Local de Saúde e manifesta as súas expectativas de futuro con este organismo.

Fala, en representación da Plataforma SOS Sanidade Pública, Ramón Veras Castro:

Texto da exposición no Escano Cidadán:

Sr Alcalde, concelleiras, concelleiros, persoal do Concello, persoas asistentes como público (e que aínda resisten) e asistentes por streaming.

Boa noite

Eu falo en representación da Plataforma de mellora e defensa da sanidade pública de A Coruña, SOS Sanidade Pública A Coruña.

Aprobouse hoxe a moción conxunta para a creación do Consello Local de Saúde de A Coruña. Foi unha iniciativa de SOS Sanidade Pública de A Coruña, agora xa é unha iniciativa deste Pleno municipal.

Estamos moi contentos e satisfeitos pola acollida tanto do goberno municipal nas persoas de Silvia Cameán e Claudia Delso, como nos grupos municipais. Entrevistámonos por parte do PP con Rosa Lendoiro e Roberto Coira, con Mar Barcón, do PSOE e Avia Veira, d BNG.

Como vostedes saben, xa o mencionaron antes, os organismos internacionais relacionados coa saúde e a literatura científica fala reiteradamente nos últimos anos da necesidade de poñer en marcha iniciativas de saúde pública nas que
- por un lado, se promovan políticas sanitarias multisectoriais,
- por outro, se teña en conta a Saúde en Todas as Políticas
- e por último, se ofrezan recursos para que a poboación poida atender mellor á súa saúde

Unha saúde entendida agora xa non como ausencia de enfermidade senón como a capacidade que ten a persoa de desenvolver o seu propio potencial persoal e de responder de forma positiva aos retos do entorno, do ambiente que a rodea.

O Consello Local de Saúde pode axudar a mellora a saúde das xentes da Coruña con iniciativas de mellora orientadas en dou sentidos:

1º Por un lado con actividades máis ligadas a estilo de vida e que serán útiles para a mellora de problemas como o cancro, a obesidade, a diabete, tabaquismo ou o alcohol, nos que a prevención está fundamentalmente en como vivimos e nos relacionamos

2º E en segundo lugar na mellora dos determinantes sociais da saúde (as condicións nas que as persoas viven, traballan, crecen e se relacionan). 

Sabido é que estes determinantes sociais da saúde poden ter máis influencia na mortalidade que os factores xenéticos ou biolóxicos.

Nun estudo publicado na prestixiosa revista médica Lancet do 31 de xaneiro mediron actividade física, tabaquismo, hipertensión arterial, inxesta de sal, diabete, obesidade, alcohol e estatus socioeconómico, e observaron que o tabaco era a variable de maior impacto pero o cambio de categoría de estatus ofrecería un maior impacto de redución da mortalidade na poboación que a redución de hipertensión arterial, diabete ou mesmo obesidade.

Non valen, polo tanto, para controlar esta influencia na saúde os servizos sanitarios. Faise necesario crear outras vías de mellora.

O Consello Local de Saúde é unha oportunidade para que calquera colectivo da cidade que teña unha idea ou unha iniciativa de mellora da saúde poida canalizala por medio deste organismo. É unha oportunidade para promover na sociedade cambios e melloras que non se poderán dar desde os servizos sanitarios.

Claro, un organismo deste tipo será útil dependendo da súa actividade, e será moi dependente do liderado e impulso do mesmo. Non podemos permitir que se converta nunha inútil institución burocrática máis, e pola nosa parte intentaremos que non sexa así. Necesitamos mantelo vivo, activo. Para iso poderán contar con nós no que faga falta.

Agradecerlles finalmente a acollida da iniciativa e desexarlles un gran éxito tanto ao goberno, parece que será Silvia Cameán quen lidere este proxecto, e ao PP, PSOE e BNG pola súa corresponsbilidade na creación e desenvolvemento deste Consello.

Moitas grazas

Moción municipal de creación do Consello Local de Saúde de A Coruña

Reproducimos o debate da moción municipal de creación do Consello Local de Saúde de A Coruña, unha iniciativa de SOS Sanidade Pública de A Coruña que contou co apoio de todo o pleno municipal, coa forma de moción conxunta.

Pleno Municipal do Concello de A Coruña do 6 de marzo de 2017

TEXTO da MOCIÓN:

Atendendo a petición da Plataforma pola defensa e mellora da sanidade pública de A Coruña-SOS Sanidade Pública A Coruña, os grupos municipais de Marea Atlántica, Partido Popular, Partido Socialista de Galicia, Bloque Nacionalista Galego, pertencentes á Corporación Municipal do Concello da Coruña, ao abeiro do Regulamento Orgánico Municipal, presentan a seguinte moción sobre a creación do Consello Local de Saúde da Coruña.
                                                   Exposición de motivos
A definición de saúde foi cambiando nos últimos anos. A OMS defínea agora dun modo máis operativo e vinculada á vida cotiá como a capacidade de desenvolver o propio potencial persoal e responder de forma positiva aos retos do ambiente, superando deste modo o concepto inicial de ausencia de enfermidade.
Está comprobado que os determinantes sociais da saúde inflúen na produción da enfermidade e na mortalidade, máis incluso que factores xenéticos ou biolóxicos. Estes determinantes son as condicións nas que as persoas viven, traballan crecen e se relacionan e estas variables, a diferenza das xenéticas, son modificables.
O marco internacional aboga claramente polo traballo intersectorial e na liña de mellora dos determinantes sociais da saúde tal como se pode observar nos seguintes documentos:
- Carta de Ottawa sobre promoción de saúde e acción intersectorial,
- OMS Saúde 2020 na que ten en conta os principais desafíos que afectan actualmente ao territorio europeo, como o aumento das desigualdades na atención sanitaria entre países, redución considerable dos servizos públicos durante a crise económica e o aumento significativo da prevalencia de enfermidades crónicas non contaxiosas como os trastornos de saúde mental, o cancro, a obesidade ou as enfermidades cardiovasculares.
- Declaración de Helsinki sobre Saúde en Todas as Políticas e
- As conclusións do Consello da Unión Europea en equidade e saúde en todas as políticas (2010).
O municipio é o lugar por excelencia de convivencia e de vida e por elo ten un papel esencial na saúde das persoas. É un lugar idóneo para articular unha reorientación das políticas públicas cara a saúde. Existen aspectos no ámbito local que facilitan o desenvolvemento da saúde desde este enfoque: coordinación intersectorial (educación, medio ambiente, sanidade, benestar, urbanismo, deporte, emprego, igualdade, transporte,...), participación da cidadanía e gobernanza en saúde, cooperación en redes e con outros actores sociais, e a cercanía da administración local á cidadanía.
SOS Sanidade Pública considera que o Consello Local de Saúde pode ser o lugar de participaciaón mutisectorial da cidadanía coruñesa e de posta en marcha de iniciativas en común para a mellora da saúde.

Por todo isto, os grupos municipais de Marea Atlántica, Partido Popular, Partido Socialista de Galicia-PSOE e Bloque Nacionalista Galego solicitan do Pleno da Corporación Municipal, recollendo a proposta da Plataforma pola defensa e mellora da sanidade pública de A Coruña-SOS Sanidade Pública A Coruña, que tome os seguintes
                                                              Acordo
1.    A creación do Consello Local de Saúde de A Coruña como instrumento de participación cidadá na elaboración, corresponsabilización e lugar de debate de políticas, programas e actividades destinadas á mellora da saúde da poboación de A Coruña.

venres, 3 de marzo de 2017

SOS Sanidade Pública A Coruña promove a creación do Consello Local de Saúde de A Coruña

Durante o mes de febreiro SOS Sanidade Pública presentou a súa iniciativa de creación do Consello Local de Saúde de A Coruña ao goberno municipal e aos grupos municipais.

Participaron nas sucesivas reunións:

Silvia Cameán, concelleira de xustiza social e coidados, e Claudia Delso, de participación cidadá e innovación democrática:

Mar Barcón por parte do grupo municipal do PSOE:

Avia Veira, por parte do BNG: 

Por parte do PP Rosa Lendoiro e Roberto Coira:

A proposta foi moi ben acollida tanto polo goberno municipal como polos outros grupos municipais.
O documento que se lles entregou foi o seguinte:

 Proposta:
Creación dun órgano de participación cidadá no Concello de A Coruña, o Consello Municipal de Saúde de A Coruña, no que o obxectivo fundamental é a participación na elaboración, corresponsabilización e lugar de debate de políticas, programas e actividades destinadas á mellora da saúde da poboación de A Coruña.

Participantes no Consello Municipal de Saúde de A Coruña
 
SOS Sanidade Pública propón unha particpación ampla, con institucións relacionadas coa saúde (goberno municipal, grupos políticos, sindicatos, consellaría de benestar, educación e sanidade) e co tecido asociativo coruñés que desexe participar no mesmo.
 
Xustificación
 
A definición de saúde foi cambiando nos últimos anos. A OMS defínea agora dun modo máis operativo e vinculada á vida cotiá como a capacidade de desenvolver o propio potencial persoal e responder de forma positiva aos retos do ambiente, superando deste modo o concepto inicial de ausencia de enfermidade.
Está comprobado que os determinantes sociais da saúde 1 inflúen na produción da enfermidade e na mortalidade, máis incluso que factores xenéticos ou biolóxicos. Estes determinantes son as condicións nas que as persoas viven, traballan crecen e se relacionan e estas variables, a diferenza das xenéticas, son modificables.
O marco internacional aboga claramente polo traballo intersectorial e na liña de mellora dos determinantes sociais da saúde:
- Carta de Ottawa sobre promoción de saúde e acción intersectorial,
- OMS Saúde 2020 na que ten en conta os principais desafíos que afectan actualmente ao territorio europeo, como o aumento das desigualdades na atención sanitaria entre países, redución considerable dos servizos públicos durante a crise económica e o aumento significativo da prevalencia de enfermidades crónicas non contaxiosas como os trastornos de saúde mental, o
cancro, a obesidade ou as enfermidades cardiovasculares .
- Declaración de Helsinki sobre Saúde en Todas as Políticas  e
- As conclusións do Consello da Unión Europea en equidade e saúde en todas as políticas (2010).
 
O municipio é o lugar por excelencia de convivencia e de vida e por elo ten un papel esencial na saúde das persoas. É un lugar idóneo para articular unha reorientación das políticas públicas cara a saúde. Existen aspectos no ámbito local que facilitan o desenvolvemento da saúde desde este enfoque: coordinación intersectorial (educación, medio ambiente, sanidade, benestar, urbanismo,
deporte, emprego, igualdade, transporte,...), participación da cidadanía e gobernanza en saúde, cooperación en redes e con outros actores sociais, e a cercanía da administración local á cidadanía.
 
SOS Sanidade Pública considera que o Consello Municipal de Saúde pode ser o lugar de participaciaón mutisectorial da cidadanía coruñesa e de posta en marcha de iniciativas en común para a mellora da saúde.

venres, 17 de xuño de 2016

Concentración de SOS Sanidade Pública A Coruña o 16 de xuño doe 2016. Intervencións do Alcalde de A Coruña, portavoces municipais do PSOE e BNG e portavoz de SOS Sanidade Pública

Xulio Ferreiro, Alcalde de A Coruña
José Manuel Dapena, portavoz municipal do PSdeG-PSOE
Avia Veira, portavoz municipal do BNG
 Moncho Veras, en representación de 
SOS Sanidade Pública A Coruña

TEXTO DO DOCUMENTO DE SOS SANIDADE PÚBLICA 
LIDO DURANTE A CONCENTRACIÓN
A Plataforma en defensa e mellora da sanidade pública de A Coruña, SOS Sanidade Pública, agradece a todas as persoas asistentes a súa participación nesta concentración. Xuntos defendemos a sanidade pública, xuntos defendemos os nosos dereitos a unha atención digna e de calidade.

Queremos agradecer tamén a presenza dos grupos municipais e do Alcalde. É moi importante. Moitas grazas por estar aquí.
O obxectivo desta concentración é por unha parte denunciar a suma de recortes da política sanitaria do partido popular con Feijoo á cabeza
pero tamén queríamos convidar á Corporación Municipal, a representación institucional máis cercana, a que se implique na defensa da saúde, como xa teñen feito noutras ocasións. Ten moita relevancia política a súa presenza.

A asistencia sanitaria non é unha competencia do Concello. Non lle podemos pedir ao Concello que resolva as deficiencias do goberno galego pero poden poñerse en primeira fila e facer súa a reivindicación dunha atención de calidade, poden denunciar a xestión desastrosa do partido popular.

Convidamos tamén ao grupo municipal do partido popular pero parece que prefiren agacharse e non dar a cara.

Poderíamos describir agora os mil e un problemas que se viven nos centros sanitarios.
Recordamos as listas de espera impresentables. Na Coruña estamos a decembro 2015 en 80,4 días de espera media para cirurxía cando en decembro de 2014 era de 72,8.

Recordamos as case 200 camas (paliativos, UCI, reumatoloxía, medicina interna, reanimación, pediatría, hospital de día) que van estar pechadas este verán no hospital de A Coruña, inxustificable se se pensa que sen camas no hospital non hai forma nin de aliviar a saturación de urxencias nin de reducir a lista de espera dos pacientes que deben ingresar.

Feijoo empezou pechando no ano 2009 454 camas en toda Galiza e este verán pecha 1200 camas. Di el que é moi bo xestionando. Será pero non para a cidadanía galega.

Recordamos tamén os recortes asfixiantes de persoal en cada servizo hospitalario ata situar ao noso hospital en grave risco de mala atención. Non esquecemos os recortes dos Centros de Orientación Familiar e na atención das mulleres con aborto.

Podemos recordarlle a Feijoo que no lugar de falar de fichaxes privadas, como dixo hai uns días, para a sanidade pública que o que ten que facer é cubrir as miles de prazas que eliminou (máis de 2000 prazas entre 2009 e 2014, un ERE do 6% da plantilla). Que obsesión ten este home por privatizar o que é de todos!

Lembramos tamén ao goberno galego todos os impedimentos que está poñendo para facer o novo centro de saúde no mercado de Santa Lucía. Vergonza deberían ter de pensar abrir os centros de saúde de Buño, de Vilarrodrís en Arteixo, o novo de Culleredo e o do Temple sen aumentar nin tan siquera 1 médico. Sacaron 2 médicos do CS San Xosé e levan 1 para o Temple. Abren centros de saúde e perdemos médicos. Ou non pechan o acceso a pediatría no barrio onde hai máis nenos (Novo Mesoiro). Vergonzoso!

Continúa este goberno sen cubrir as baixas e as vacacións nos centros de saúde e xerando lista de espera ata para ir ao médico de familia.

Temos que lembrar hoxe e solidarizarnos cos compañeiros que están pechados no hospital Meixoeiro desde o 1 de xuño. Para denunciar o peche de camas e o desmantelamento deste hospital. O Sergas quere encher as camas de POVISA antes que as da sanidade pública.

Se puidésemos reverter á sanidade pública ás privatizacións que fixo Feijoo nestes anos teríamos bastantes cartos para xestionar pero seguro que iso non será doado, porque iso si que o fan ben, amañar todo para darlle negocio aos amigos do partido popular.

Do recorte legal de dereitos xa se encargou Rajoy eliminando o acceso universal á asistencia sanitaria e introducindo os copagos. A política actual cos refuxiados de Siria, cos que escapan da guerra, xa a empezou no ano 2012, coa xente que vive aquí expulsándoos do sistema sanitario. É máis do mesmo.

Pero hoxe, máis que detallar e estendermonos na situación de desastre na que nos deixa o PP, queremos pensar que é posible o cambio. Queremos pensar que é posible ter esperanza nun futuro mellor.

Temos a oportunidade do 26 de xuño primeiro e despois a das eleccións galegas. Non podemos desaproveitalas.

No mundo da sanidade é difícil aguantar máis prestando un bo servizo.

Hai que botalos! É cuestión de supervivencia!

Entre todos farémolo!

Grazas

 Previos

Concentración de SOS Sanidade Pública A Coruña 16xuño2016. Intervención de Avia Veira, portavoz municipal do BNG

mércores, 13 de abril de 2016

O BNG de Culleredo denuncia que non se aumente o persoal no novo centro de saúde de Culleredo

Abrir un novo centro de saúde e que non se aumente persoal é algo que non lle cadra a Tono Chouciño, o concelleiro do BNG en Culleredo. Fai denuncia pública e pide ao Concello que interveña neste asunto.