Xulio Ferreiro, Alcalde de A Coruña
José Manuel Dapena, portavoz municipal do PSdeG-PSOE
Avia Veira, portavoz municipal do BNG
Moncho Veras, en representación de
SOS Sanidade Pública A Coruña
TEXTO DO DOCUMENTO DE SOS SANIDADE PÚBLICA
LIDO DURANTE A CONCENTRACIÓN
LIDO DURANTE A CONCENTRACIÓN
A
Plataforma en defensa e mellora da sanidade pública de A Coruña,
SOS Sanidade Pública, agradece a todas as persoas asistentes a súa
participación nesta concentración. Xuntos defendemos a sanidade
pública, xuntos defendemos os nosos dereitos a unha atención digna
e de calidade.
Queremos
agradecer tamén a presenza dos grupos municipais e do Alcalde. É
moi importante. Moitas grazas por estar aquí.
O
obxectivo desta concentración é por unha parte denunciar a suma de
recortes da política sanitaria do partido popular con Feijoo á
cabeza
pero
tamén queríamos convidar á Corporación Municipal, a
representación institucional máis cercana, a que se implique na
defensa da saúde, como xa teñen feito noutras ocasións. Ten moita
relevancia política a súa presenza.
A
asistencia sanitaria non é unha competencia do Concello. Non lle
podemos pedir ao Concello que resolva as deficiencias do goberno
galego pero poden poñerse en primeira fila e facer súa a
reivindicación dunha atención de calidade, poden denunciar a
xestión desastrosa do partido popular.
Convidamos
tamén ao grupo municipal do partido popular pero parece que prefiren
agacharse e non dar a cara.
Poderíamos
describir agora os mil e un problemas que se viven nos centros
sanitarios.
Recordamos
as listas de espera impresentables. Na Coruña estamos a decembro
2015 en 80,4 días de espera media para cirurxía cando en decembro
de 2014 era de 72,8.
Recordamos
as case 200 camas (paliativos, UCI, reumatoloxía, medicina interna,
reanimación, pediatría, hospital de día) que van estar pechadas
este verán no hospital de A Coruña, inxustificable se se pensa que
sen camas no hospital non hai forma nin de aliviar a saturación de
urxencias nin de reducir a lista de espera dos pacientes que deben
ingresar.
Feijoo
empezou pechando no ano 2009 454 camas en toda Galiza e este verán
pecha 1200 camas. Di el que é moi bo xestionando. Será pero non
para a cidadanía galega.
Recordamos
tamén os recortes asfixiantes de persoal en cada servizo
hospitalario ata situar ao noso hospital en grave risco de mala
atención. Non esquecemos os recortes dos Centros de Orientación
Familiar e na atención das mulleres con aborto.
Podemos
recordarlle a Feijoo que no lugar de falar de fichaxes privadas, como
dixo hai uns días, para a sanidade pública que o que ten que facer
é cubrir as miles de prazas que eliminou (máis de 2000 prazas entre
2009 e 2014, un ERE do 6% da plantilla). Que obsesión ten este home
por privatizar o que é de todos!
Lembramos
tamén ao goberno galego todos os impedimentos que está poñendo
para facer o novo centro de saúde no mercado de Santa Lucía.
Vergonza deberían ter de pensar abrir os centros de saúde de Buño,
de Vilarrodrís en Arteixo, o novo de Culleredo e o do Temple sen
aumentar nin tan siquera 1 médico. Sacaron 2 médicos do CS San Xosé
e levan 1 para o Temple. Abren centros de saúde e perdemos médicos.
Ou non pechan o acceso a pediatría no barrio onde hai máis nenos (Novo Mesoiro). Vergonzoso!
Continúa
este goberno sen cubrir as baixas e as vacacións nos centros de
saúde e xerando lista de espera ata para ir ao médico de familia.
Temos
que lembrar hoxe e solidarizarnos cos compañeiros que están
pechados no hospital Meixoeiro desde o 1 de xuño. Para denunciar o
peche de camas e o desmantelamento deste hospital. O Sergas quere
encher as camas de POVISA antes que as da sanidade pública.
Se
puidésemos reverter á sanidade pública ás privatizacións que
fixo Feijoo nestes anos teríamos bastantes cartos para xestionar
pero seguro que iso non será doado, porque iso si que o fan ben,
amañar todo para darlle negocio aos amigos do partido popular.
Do
recorte legal de dereitos xa se encargou Rajoy eliminando o acceso
universal á asistencia sanitaria e introducindo os copagos. A
política actual cos refuxiados de Siria, cos que escapan da guerra,
xa a empezou no ano 2012, coa xente que vive aquí expulsándoos do
sistema sanitario. É máis do mesmo.
Pero
hoxe, máis que detallar e estendermonos na situación de desastre na
que nos deixa o PP, queremos pensar que é posible o cambio. Queremos
pensar que é posible ter esperanza nun futuro mellor.
Temos
a oportunidade do 26 de xuño primeiro e despois a das eleccións
galegas. Non podemos desaproveitalas.
No
mundo da sanidade é difícil aguantar máis prestando un bo servizo.
Hai
que botalos! É cuestión de supervivencia!
Entre
todos farémolo!
Grazas
Previos
Ningún comentario:
Publicar un comentario