Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

venres, 1 de xullo de 2016

Badalada na Coruña pedindo un Plan Galego de Prevención do Suicidio XA!

A primeira causa externa de morte en España
Cada 14 segundos unha persoa se suicida no mundo
A taxa de suicidios por 100000 habitantes é de 14 en Galiza e de 8,3 en España
Aumentou un 59,40% entre 2011 e 2013 no grupo de 10 a 24 anos e nun 39,2% no de 45 a 64 anos.
No 2014 foron 394 persoas no territorio galego.
No 2015: 324.

E seguimos sen un PLAN GALEGO DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO.

A pesar de que está recoñecido que é previble.

Hoxe fixéronse concentracións pedindo este PLAN en Ferrol, A Coruña, Santiago, Ribeira, Cangas, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense. Achégase fotos e video da concentración da Coruña:


Con iste acto, ademáis de amosar a nosa solidariedade coas persoas e familias afectadas por este problema, queremos tamén facer un chamamento a:
  • Elaboración dun Plan Galego sobre o Suicidio de carácter multisectorial, dotado dos recursos necesarios para afrontar a gravidade do problema e  artellado no Plan de Saúde Mental de Galicia.
  • Que se constitua un Comité Técnico para elaborar dito Plan.
  • Creación de Comisións Clínico-Asistenciais en cada Xerencia de Área de carácter  multiprofesional e multisectorial destinadas a coñecer e estudar a realidade do suicido nesas zonas e propostas de intervención
Como medidas de caracter máis inmediato, vemos necesario:
  • Que tanto Conselleria de Sanidade como o SERGAS  promovan actividades informativas, en colaboración cos medios de comunicación, destinadas a poboación  sobre o suicidio para sensibilizar e  desestigmatizar o problema.
  • Incrementar o nivel coñecemento dos profesionais de Atención Primaria de Saúde sobre o problema e mellorar a súa capacidade para avaliar o risco e poder realizar as actuacións preventivas axeitadas.
  • Por en marcha protocolos específicos de atención a persoas con conducta suicida e a afectados por suicidio consumado.
  • Facilitar con carácter prioritario  o acceso a recursos asistenciais as persoas en risco, incrementar o seguimento, e intensificar a atención sanitaria e social das mesmas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario