Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018
Amosando publicacións coa etiqueta investigación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta investigación. Amosar todas as publicacións

domingo, 12 de novembro de 2017

A formación médica ou a investigación non poden depender da industria farmacéutica

A formación médica non pode depender da industria farmacéutica. A investigación tampouco. O sergas, desde a chegada de Feijoo ao goberno, conta cada día con máis presenza das empresas privadas. Chega a ser difícil, ás veces, ver onde remata o sergas e onde empeza a industria privada, sexa de servizos, tecnolóxica ou farmacéutica.





O sergas faise responsable minimamente da formación médica e os profesionais precisan unha actualización contínua. A profesión é moi esixente, os cambios rápidos e sen actualización o risco de erros aumenta.
Calquera empresa tería interese en formar aos seus profesionais e non deixarían isto en mans de empresas externas, sobre todo se están interesadas no negocio. Pois isto é precisamente o que fai o sergas, irresponsablemente. Como se ve nesta nova recollida da Opinión de A Coruña a industria non só financia congresos e actividades de formación aos médicos senón tamén fai doazóns ás fundacións hospitalarias relacionadas con formación e investigación e ao propio sergas.
A industria non fai doazóns de modo altruísta, como é lóxico. Faino porque ten interese en influír na prescrición médica. Isto non quere dicir que os médicos vaian receitar un medicamento que pensen que non está indicado pero precisamos unha formación médica independente de toda influencia das empresas interesadas. 
O sergas debe facerse cargo desta formación e non aceptar a mediación da industria. Polo ben dos pacientes, polo ben dos seus profesionais.


 

sábado, 30 de abril de 2016

Os recortes matan, diga o que diga Feijoo, e tamén nos deixan sen futuro, grazas a Feijoo


Feijoo quere facernos crer que por moitos recortes que faga non pasa nada, a sanidade funciona igual, a educación tamén, a dependencia outro tanto, somos punteiros en investigación,...
Pero Javier Cudeiro, da Universidade da Coruña, catedrático, cunha liña de investigación en Parkinson moi importante, tivo que levarse un proxecto tecnolóxico para México. Parece que o proxecto ía asentándose ata que chegou o gran xestor Feijoo. Ao final os cartos non chegaron, froito dos recortes do señor, e tivo que irse fóra.
Adeus proxecto de investigación, adeus investigadores, adeus retorno tecnolóxico. Grazas, señor Feijoo.