Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018
Amosando publicacións coa etiqueta Recortes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recortes. Amosar todas as publicacións

xoves, 5 de xullo de 2018

Críticas á falta de pediatría en varios centros de saúde da cidade da Coruña este verán



Carta de Silvia Cameán, concelleira de xustiza social e coidados ao conselleiro de sanidade Jesús Vázquz Almuíña:



 

Foto de Víctor Echabe para La Opinión de A Coruña

Nota de prensa do BNG:

O Bloque exixe que o Sergas cubra de profesionais da pediatría de xeito urxente aos centros de saúde da cidade
As nacionalistas avanzan que presentaran diversas iniciativas no Parlamento de Galiza para que se garanta os servizos durante os meses de verán ao non se estar a cubrir os períodos de lecer das persoas titulares destes servizos
Avia Veira: “A Xunta de Galiza non se pode escusar na falta de profesionais no país para garantir o servizo. Non se debe permitir que nos nosos barrios as nenas e os nenos queden sen atender porque non exista unha previsión de servizos e non se cubran as vacacións ou as baixas; veciñanza de Novo Mesoiro, os Mallos e Labañou xa están a sufrir estes días esta falla de persoal que se prolongará ate setembro”

A Coruña, 3 de xullo de 2018. O Bloque ven de anunciar a presentación de varias iniciativas no Parlamento de Galiza a respecto dos servizos de pediatría que se ofrecen nos centros de saúde da cidade xa que logo, e segundo denuncias públicas da veciñanza de distintos barrios, coa chegada dos meses de verán, estes servizos vense minguados, ou directamente deixan de se ofrecer.
Deste xeito, a formación nacionalista ten detectado que canto menos nos centros de Novo Mesoiro, os Mallos, Labañou ou os Rosais, durante os meses de xullo, agosto e setembro haberá grandes recortes no servizo ao non se garantir as substitucións necesarias para os profesionais que gozaran dos seus períodos de lecer, ou mesmo polas baixas laborais que se puideran producir nestes meses.
Así, segundo puideron comprobar as nacionalistas, no centro de Novo Mesoiro, no servizo de pediatría, que xa só atende de mañá durante todo o ano, só se farán revisións durante o verán a nenas e nenos menores de 18 meses, e durante o mes de agosto só haberá un servizo completo de pediatría cando desde o mes de abril se viña ofrecendo un servizo mais outro medio servizo. “A respecto do centro de saúde dos Mallos, continúan as nacionalistas, o servizo de tarde foi pasado á mañá para cubrir estes períodos de vacacións, e hoxe mesmo, a veciñanza de Labañou denunciou a situación do centro no que o servizo está temporalmente pechado e sen que a Xerencia provea de persoal de substitución remitindo ás e aos pacientes ao centro dos Rosais, centro que, por certo, durante o mes de agosto tamén terá que cubrir as vacacións dos seus profesionais e que, con toda probabilidade quedará na mesma situación que os demais centros da cidade”.
Desde o BNG consideran está situación como inadmisíbel e exixirán ao Sergas mediante esta batería de iniciativas a cobertura urxente de profesionais da pediatría aos centros de saúde da cidade para garantir o servizo con total normalidade e coa menor distorsión para coa veciñanza.
“A Xunta de Galiza non se pode escusar na falta de profesionais no país para garantir o servizo. Non se debe permitir que nos nosos barrios as nenas e os nenos queden sen atender porque non exista unha previsión de servizos e non se cubran as vacacións ou as baixas; veciñanza de Novo Mesoiro, os Mallos e Labañou xa están a sufrir estes días esta falla de persoal que se prolongará ate setembro”, conclúe a portavoz nacionalista no concello da Coruña Avia Veira.


Saúdos. BNG A Coruña
669 381 398



venres, 17 de xuño de 2016

Lumeirada de San Xoán no Hospital de A Coruña

A Comisión de Centro de Atención Hospitalaria fixo unha lumeirada na rotonda do Hospital de A Coruña para espantar aos malos espíritus que traen as decisións da dirección do centro e do Sergas.









sábado, 30 de abril de 2016

Os recortes matan, diga o que diga Feijoo, e tamén nos deixan sen futuro, grazas a Feijoo


Feijoo quere facernos crer que por moitos recortes que faga non pasa nada, a sanidade funciona igual, a educación tamén, a dependencia outro tanto, somos punteiros en investigación,...
Pero Javier Cudeiro, da Universidade da Coruña, catedrático, cunha liña de investigación en Parkinson moi importante, tivo que levarse un proxecto tecnolóxico para México. Parece que o proxecto ía asentándose ata que chegou o gran xestor Feijoo. Ao final os cartos non chegaron, froito dos recortes do señor, e tivo que irse fóra.
Adeus proxecto de investigación, adeus investigadores, adeus retorno tecnolóxico. Grazas, señor Feijoo.



domingo, 10 de maio de 2015

EL PAÍS: 2,4 millóns de españois aseguran non poder pagar os medicamentos

O 5,25% das persoas en Galiza deixaron de tomar medicamentos polo seu prezo, por non poder pagalos.

GRAZAS RAJOY e FEIJOO.

Ver a nova no PAÍS: Nova en EL PAÍS

Informe sobre vulnerabilidade social de CRUZ ROJA: INFORME

Imaxe de EL PAÍS (9 de maio de 2015):


Recortes = a decidir se comer ou tomar os medicamentos. Grazas Rajoy e Feijoo

Este cardiólogo conta un caso dunha persoa en desemprego que deixou de tomar o medicamento e reinfartou pola trombose do seu stent, colocado meses antes.

A realidade deste home: ou comía a familia ou tomaba él os medicamentos. Conclusión: novo infarto de miocardio

Podes ler en: 'Lágrimas de vergüenza'


domingo, 29 de marzo de 2015

Feijoo pretende xustificar o recorte do cribado neonatal na dubidosa base científica 'que él se atreve a etiquetalo'


Falan de pasar de 40 probas de detección de enfermidades conxénitas a 12 e Feijoo atrévese a dicir que se teñen base científica faranse igualmente.
Pero, que estivemos facendo ata agora? Se as que se facían non tiñan sentido o que haberá que facer é cesar a uns cantos responsables, non si?

Ou será que Feijoo non sabe como disimular o recorte?
Moito descaro.
Ver unha das ligazóns de prensa posibles sobre este asunto:

Programa de cribado de enfermidades conxénitas_El Correo Gallego


Pódese asinar a seguinte petición de CHANGE.ORG sobre as probas de cribado neonatal e a Xunta de Galicia.

Petición en Change.org