Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

sábado, 30 de abril de 2016

Os recortes matan, diga o que diga Feijoo, e tamén nos deixan sen futuro, grazas a Feijoo


Feijoo quere facernos crer que por moitos recortes que faga non pasa nada, a sanidade funciona igual, a educación tamén, a dependencia outro tanto, somos punteiros en investigación,...
Pero Javier Cudeiro, da Universidade da Coruña, catedrático, cunha liña de investigación en Parkinson moi importante, tivo que levarse un proxecto tecnolóxico para México. Parece que o proxecto ía asentándose ata que chegou o gran xestor Feijoo. Ao final os cartos non chegaron, froito dos recortes do señor, e tivo que irse fóra.
Adeus proxecto de investigación, adeus investigadores, adeus retorno tecnolóxico. Grazas, señor Feijoo.



xoves, 28 de abril de 2016

Feijoo di que atacan á sanidade pública cando se pide transparencia e petición de responsabilidades nos casos da hepatite C

Este Feijoo debe pensar que  é deus. Interpreta as críticas contra a súa xestión da hepatite C como un "ataque contra a sanidade pública". Xa ten dito que él é o que defende a sanidade pública para xustificar "as privatizacións". Debe pensar que somos idiotas.
Ou está na fase de gobernante soberbio fóra da realidade, como o rei espido do conto.

Atrévese él a falar de "trampa moral". Saberá o que é/o que di?



domingo, 24 de abril de 2016

Coruñés Opina: A hepatite C e o sergas no xulgado

Debate sobre as responsabilidades do Sergas na falta de acceso aos tratamentos polo pacientes con hepatite C


De esquerda a dereita: Ramón Veras (SOS Sanidade Pública), Manuel Delgado (hepatólogo do CHUAC), Isabel Bravo (directora do Coruñés Opina), Manuel Díaz (viuvo dunha muller morta en espera do tratamento da hepatite C), Nieves Cabalo (afectada de hepatite C), Quique Costas (presidente da plataforma de afectados pola hepatite C).

Feijóo agáchase detrás dos directivos que figuran na denuncia pero os verdadeiros responsables do sucedido coa hepatite C están no goberno e aí están Feijóo e a anterior conselleira Rocío Mosquera.
Indignas son as palabras peiorativas coas que o presidente do goberno e de novo candidato do PP ás eleccións galegas cando dixo que 'por 2 ou 3 mortos non se pode negar o traballo feito'.

Manifestación en solidariedade coas persoas refuxiadas o 23 de abril en Santiago de Compostela

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas convocou unha manifestación en Santiago de Compostela o sábado 23 de abril. Pasaxe Segura, a plataforma coruñesa integrada na Rede, participou na mesma.