Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

mércores, 18 de marzo de 2015

10 PODEROSAS RAZÓNS para participar na manifestación convocada por SOS Sanidade Pública na Coruña



10 PODEROSAS RAZÓNS para participar nas mobilizacións de SOS SANIDADE PÚBLICA O XOVES 19 DE MARZO. Na Coruña a manifestación sae ás 8 da tarde da Casa do Mar. #19M_SOS_Sanidade_Publica

 1. A saúde é o máis importante, dámonos conta cando falta, e as políticas de recortes e privatizacións póñena en perigo
2.     A asistencia sanitaria non é gratuíta. Pagámola entre todos cos nosos impostos. O goberno non nos regala nada, estámola pagando e debemos esixir o noso dereito a unha asistencia de calidade.
3.     A asistencia sanitaria en xeral ten custes altos. Salvo para quen ten moitos cartos a maioría non poderiamos pagar o tratamento dun cancro ou outra enfermidade importante. Precisamos que a sanidade sexa pública, de todos, e forte.
4.     O PP, aos 4 meses de estar gobernando Rajoy, publicou unha norma que restrinxe a asistencia sanitaria só a quen estea ‘asegurado’. Desaparece o dereito á sanidade para todas as persoas. Mañá podes ser ti ou os teus fillos quen quede sen ese dereito.
5.     Os gobernos español e galego negáronlles aos pacientes con hepatite C a posibilidade de curar e frear a súa enfermidade ao non darlles os novos tratamentos. Só cando se moveron na rúa, cando loitaron polos seus dereitos, pola súa vida o goberno reaccionou e aceptou modificar a súa negra política. Mañá podes ser ti tamén con calquera outra enfermidade.
6.     Feijoo está privaitzando silenciosamente o sergas. Mete o negocio na saúde e fai que o primeiro sexan os cartos e o segundo, co que quede, a asistencia sanitaria. É unha perversión.
7.     Desde a chegada de Feijoo ao goberno reducíuse o presuposto sanitario en 460 millóns de euros, que son moitos millóns, e en 2094 traballadores do sergas. Temos que parar esta sangría suicida.
8.     SOS SANIDADE PÚBLICA organiza o xoves 19 en todas as comarcas galegas. É unha oportunidade para que TODA A POBOACIÓN GALEGA UNIDA BERRE MOI FORTE QUE QUERE SANIDADE PÚBLICA, PARA TODOS E DE CALIDADE. A UNIDADE DANOS A FORZA. As actividades programadas son:
Plataforma da Mariña: 20 horas diante do Hospital da Costa
Plataforma de Santiago: Praza do Toural ás 20 horas
Plataforma do Barbanza: Praza do Concello de Ribeira ás 20 horas
Plataforma de Pontevedra: Hospital Provincial ás 20 horas
Plataforma de A Coruña: Saída da Casa do Mar ás 20 horas
Plataforma de Ourense: Ás 11 horas diante da Subdelegación do Goberno (parque de San Lázaro)
Plataforma de Ferrol:  As 19 horas na Praza de Armas
Plataforma de O Barco: Entrada Hospital Comarcal Valdeorras ás 20 horas
Plataforma de Vigo: Praza de España (Os Cabalos) ás 20 horas
Plataforma de Cangas: Concello de Cangas ás 20 horas
Plataforma de Moaña: Ás 18 horas Centro de Saúde de Moaña

9.     SOS SANIDADE PÚBLICA é quen convoca a manifestación da Coruña e o resto de mobilizacións galegas. SOS SANIDADE PÚBLICA é un esforzo de unidade. Non é algo partidario. Todas as persoas e organizaicóns que formamos parte de SOS (asociacións veciñais, de pacientes, culturais, políticas, sindicais) cedemos en algo, aceptamos non ter protagonismo para lograr un obxectivo común: defender e mellorar a sanidade pública. SOS SANIDADE PÚBLICA É DE FIAR. PARTICIPA NAS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS.
10. Non esperes sentado a que os demais nos movamos por ti. MOVÁMONOS TODOS XUNTOS. PARTICIPA O XOVES 19 NA MANIFESTACIÓN DE A CORUÑA CON SAÍDA DA CASA DO MAR ÁS 8 DA TARDE





Ningún comentario:

Publicar un comentario