Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

xoves, 19 de marzo de 2015

Máis de 2000 persoas maniféstanse na Coruña en defensa da sanidade pública

A manifestación convocada por SOS Sanidade Pública na Coruña contou coa participación de máis de 2000 persoas.



No remate da mesma deu lectura José Miñones a un manifesto común para toda Galicia da Plataforma de afectados pola Hepatite C e pechou o acto Nieves Cabalo coa lectura do manifesto de SOS Sanidade Pública.
Os enfermos de hepatite C, o rostro máis visible dos recortes e das políticas suicidas e insensibles do Partido Popular, son un exemplo de como coa mobilización, dando a cara, esixindo os seus dereitos logran en parte os seus obxectivos, o dereito a un tratamento, o dereito en definitiva á esperanza e á vida.
SOS Sanidade Pública esixe o remate dos recortes e das privatizacións e quere que se priorice a saúde das persoas antes que o negocio das empresas amigas. Temos que recuperar os valores fundamentais da sanidade pública: a universalidade, a equidade e a gratuidade na prestación.










Ningún comentario:

Publicar un comentario